lunes, 20 de enero de 2014

A educación en España


*ANÁLISE DA EXPOSICIÓN SOBRE A ENSINANZA
(Museo Pedagóxico Galego. Xaneiro 2014)

   O segurata do Mupega ten exquisita educación. Non había ántrax entre as miñas pertenzas.


   A Lei Moyano de 1857 supuxo un fito para a educación en España. Era obrigatoria dos seis ós nove anos. Pero o certo é que había moito absentismo escolar por mor da dispersión da po-boación é o coidado do gando polos cativos. Había separación por sexos. Só era gratuita para as familias sen recursos. Os cegos e xordomudos comezan a ser asignados a colexios especiais.

   Moitos indianos invertiron na instrucción dos seus pobos. Os soldos dos mestres eran precarios.Dende1902 comezan a cobrar do Estado,liberándose das estreiteces dos concellos.Nalgúns puntos de Galicia perduraron escolas nas que lle pagaban un ferrado de gran por tempada.

   Durante a II República creáronse sete mil escolas, mil cincocentas en Galicia. Os comedores tiveron un forte pulo.  O artigo 48 da constitución dicía: “La enseñanza será laica, hará del trabajo el eje de su actividad metodológica y se inspirará en ideales de solidaridad humana”.

   Co Franquismo suprimiuse o bilingüismo e o laicismo no ensino. O Cantón Galego de Ben Cho-Shey e a Escola Agrícola Granxa Barreiros de Sarria promovidas por Fernández-Oxea e Pousa Antelo eran reductos onde se podería aprender galego. O nacional-catolicismo impera-ba.“Os damos gracias Señor…a fin de que las cosas que hemos aprendido nos sirvan para nues-tro bien espiritual y temporal”. Tralos acordos con USA desde 1950 suminístranse a diario vin-tecinco gramos de leite en po e, de forma esporádica, racións de queixo e manteiga salgada.

   A Lei Xeral de Educación de 1970 foi asinada no Pazo de Meirás, residencia estival da familia Franco. O mentor foi o ministro Villar Palasí. Agora a educación é común, obrigatoria e gratuita desde os seis ós catorce anos. Articulouse unha complexa rede de transporte escolar.

   Nosos país tiñan tebeos como El Capitán Trueno,El jabato,El Cosaco verde ou Roberto Alcázar y Pedrín.“No San Martiño trompos ao camino, no San Amaro trompos ao faiado”. Elas saltaban á corda con extranas cantinelas:“Unha , dola, tela,catola,quila, quilete”.E practicaban caligrafía cos Cuadernos Rubio;“es preciso coger bien la pluma,sin apretarla y escribir siempre despacio”.

   Facíamos as bestas xogando a ovo pico araña e pegábamos chicles baixo o mesado. Se arro-xábamos unha bomba fedorenta ninguén emitía un comunicado para reivindica-lo atentado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario