*Coloquio sobre as fotos de Anna Turbau "Galicia 1975-79" no Consello da Cultura Galega
Interviñeron, ademais da fotógrafa, Margarita Ledo,Cristina Zelich,César Portela e Natalia Poncela
*Para unha primeira ollada das fotos da Transición preme en horchataenlasvenas.blogspot.com/2017/10/la-transicion-en-galicia.html
A obra de Turbau foxe
do snobismo,oportunismo e as modas.Doou o seu álbum por puro altruísmo. Só un
rogo. “As novas xeracións mirade ao pasado que hai moito que aprender”.
A fotografía era
perigosa nunha época con moito dramatismo. “Galicia estaba pechada e perdida
no tempo,sumida nun oscurantismo brutal”.Cando marchou no79 xa non traballaba a
pracer polas presións policiais.“Galicia é o país do meu corazón.Se o digo
noutro sitio mátanme”.
“Non
son artista, son fotógrafa”. Algo semellante dicía Oliviero Toscani,
responsable de moitas campañas de Benetton. Afirmaba que non era fótografo.El
facía fotos.Enfatizaba a construción. Introducía na publicidade o peor da
realidade. Ata que se armou polémica coas imaxes do corredor da morte en
Estados Unidos.
O traballo de Turbau transformouna. “A miña aprendizaxe como persoa foi
en Galicia. Veño dunha familia con moito silencio político. Aquí puiden
definirme” sentencia a catalana. Segundo Margarita Ledo esta actitude responde
a ética da alteridade que postulaba Emmanuel Levinas. Unha teoría que
contradice a doutrina cartesiana.
Cristina
Zelich comenta que Turbau pertenceu a unha xeración de autores que era menos
humanista que os que os precederon.
Achéganse a realidades rurais, tradicións e mitos. Son os casos de
Cristina García Rodero, Koldo Chamorro, Ramón Zabalza, Fernando Herráez e
Cristóbal Hara. A propia Zelich foi comisaria dunha exposición deles, “Tan
lejos, tan cerca”.
Encarna Otero agradece a xenerosidade de
Anna, “algo que caracteriza ás mulleres”. A historiadora cre que as súas
imaxes contradicen un discurso erróneo que moitos interiorizaron.
O seu obxectivo
buscaba ás mulleres. Estaban en contextos duros, en estado de abandono. A ela,
que viña de Barcelona, chocáballe que estivesen sempre soas no rural. Veulle á
cabeza a imaxe dunha vella totalmente dobrada levando un carro de bois. “Facía
as fotos e quedaba calada. Era unha cuestión de respecto” .
Cunha clara vontade
de achegarse ás mariscadoras.Coas costas encorvadas e con enfermidades
derivadas desas tarefas no mar que non foron recoñecidas. Recibían paus da
Garda Civil e máis dos seus maridos.
Pouco valoradas cando aportaron moitos cartos ós intermediarios.
Cando construiron a
Autopista do Atlántico, a AP9, empregaron a escala 1: 5000. Por tanto as
máquinas comenzaron a traballar sen saber que encontrarían. A loita veciñal conseguiu deter dous anos a
obra. Lograron alomenos que respectaran as canles de auga. Unha navallada á nosa terra foi un documental de
Lorenzo Soler que falaba de como Galicia quedou cortada. Debías andar varios
kilómetros para chegar ás leiras que tiñas ó lado.
César Portela
coñeceuna en Cataluña.“Anna e Lorenzo entraron na miña vida como un agasallo
hai 40 anos”. Dorita Riestra encargáralle a Portela a construción das vivendas
para os xitanos de O Vao. Estaban en fase de integración. “Non eran uns
clientes comúns”. O arquitecto non recibía honorarios “para pagalo aluguer” e
aínda tivo que pedir diñeiro ós contratistas. Funcionaban como tribu pero cada
unha das familias, que contaban con ata doce fillos, quería ter o seu propio
fogar. Axudaron a construir eles,
incluso os nenos. A condición do cura era que os cativos tiñan que ir ó
colexio. A comunidade disfrutaba tocando
a guitarra e tomando café, “que era como chocolate; non durmías nunha semana”.
Quen mellor co
lerezano para debater sobre o lar. Habitamos tres casas. O noso corpo é a
primeira. A casa familiar, onde nacen os nosos fillos e morren os nosos pais e
quizá nós tamén. A terceira é a casa social, é dicir, a aldea, vila ou barrio.
Poderiamos incluir aínda dúas máis. O mundo e, cando o destruamos, o universo.