*Exposición na Igrexa da Universidade de Compostela
promovida polo Consello da Cultura Galega
Cúmprense 800 anos do seu nacemento en Toledo.
O rei de
Castela, León e Galicia é fillo de Fernando
III el Santo. Se o seu pai reconquistara Córdoba e Sevilla, O Sabio ocupou
Xerez e Cádiz. Houbo que repoboar esas zonas.
Fundou a Orde de Santa Marta para protexer as costas dos ataques dos
piratas e para reforzar a campaña bélica contra os musulmáns do norte de
África. Saquearon Salé, a actual Rabat, pero a Orde só sobreviviu sete anos.
(Toma de Cádiz)
As guerras
militares provocaron crise económica. Porén, a nobreza non estaba contenta porque o monarca pretendía restar o
seu poder e riqueza. Incluso se aliou cos burgueses para perxudicar ós
nobres.Ese afán por desestabilizalos chegou ata o testamento no que incluiu a
lexítima na Partida VI. Moitos
fuxiran xa de Castela cando ordena a morte do seu irmán Fadrique.
Tivo fillos de
múltiples relacións. Coa súa tía a Bereguer Alfonso. Da acomodada Mayor Guillén
de Guzmán veu ó mundo Beatriz de Castela, que chegaría a ser consorte de
Portugal e nai de Don Dinís. Elvira Rodríguez de Villada foi a nai de Alfonso
Fernández o Neno. Tras superar as dúbidas iniciais sobre a fertilidade de
Violante de Aragón naceu Berenguela. Acabaron tendo 11 fillos e
sería o se-gundo home,Sancho, o que herdaría o trono tras dous anos de loita
contra os fillos do primoxénito, Fernando de la Cerda.
Mantivo un
contencioso co cabido compostelán.Os cóengos
querían estar exentos de impostos polo privilexio herdado desde
Carlomagno.Pero Alfonso,seguindo as teses de Rodrigo Ximénez de Rada
, negaba ese pasado.Non recoñecía os milagres
do Apóstolo,só os da Virxe,nin apoiou a peregrinación a Compostela. De feito,
creía no poder taumatúrxico do santuario de Villalcázar de Sirga en Palencia.
Os milagres
marianos compílanse desde o XI nas distintas linguas cristiás.As
Cantigas de Santa María falan de conflitos nobiliarios, guerras,
doenzas,situacións nos conventos e tabernas… Moitas dos exemplos suceden en
Galicia. Son habituais as monxas
tentadas a abandonar a vida relixiosa por amor. Din que a lepra, case
identificada coa luxuria,provocaba apetito sexual. O rei represéntase nas
miniaturas para enxalzar a súa persoa converténdose en intermediario entre
Deus, a Virxe e o pobo.
Sacraliza a
monarquía. É o chamado feudalismo
teolóxico. Entre o seu labor lexislador están o Fuero Real, o Espéculo e as
Sete Partidas. O castelán era o idioma da chancelaría. Quería impor o dereito
romano para eliminar a disparidade lexislativa de diferentes tradicións
xurídicas.
Favoreu o comercio
fomentado feiras en moitas cidades, instaurou un sistema aduaneiro e fiscal para mellorar a recaudación de impostos
e recoñeceu xuridicamente o Concejo de la
Mesta.
As relacións con
árabes e xudeus foron en principio permisivas, quizais por motivos
estratéxicos, pero logo se foron endurecendo. Impulsou a Escola de Tradutores de Toledo
para traducir obras científicas desde o hebreo ou o árabe. Se antes se volcaban
ao latín, na época alfonsina foi ó castelán. O primeiro exemplo foi o Lapidario, tratado sobre astroloxía e as
cualidades máxicas das pedras.
A maior ambición de Alfonso foi,
sen dúbida, o fecho do Imperio.Pola linaxe da súa nai, Beatriz de
Suavia,reivindicou a coroa imperial adicando grandes esforzos políticos e
diplomáticos e moitos cartos. Como quería buscar axudas externas empregou na
lírica o galego, lingua recoñecida internacionalmente na poesía do
Medievo.Estaba apoiado pola República de Pisa.O papa Gregorio X opúxose á
candidatura española e acabou elixindo a Rodolfo de Habsburgo.Tras esa negativa
colocou a súa imaxe en códices e moedas e quixo alomenos convertirse en
emperador de terras hispánicas. Mesmo nos textos históricos, varios deles
inacabados, non se procura a obxectividade senón enaltecer os intereses do
monarca.
O testamento, promulgado en 1283,
indicaba que fose soterrado na igrexa de Santa María a Real de Murcia ou en
Sevilla agás o corazón que iría para o Monte Calvario de Terra Santa. A
realidade é que o seu corpo quedou na cidade hispalense e foi o seu órgano quen
foi para terras murcianas.