*Exposición "Rostros"de Carlos Maside na
Casa do Cabido
Observación e
síntese.Simplicidade expresiva nas liñas. Acotío deixa sen realizar trazos que
non son esenciais e exaxera os característicos. Fixo debuxos a lapis, pluma e
sanguina. A maioría os publica na prensa dos anos vinte e trinta. Tralo Golpe
súmese nun confinamento interior.
Debuxou a
Rosalía de Castro malia
que xa morrera cando el naceu. Cúmprense cento oitenta
anos
do nacemento da
poetisa. Quen lle ía dicir á autora de El caballero de las botas azules que un
día tería un aeroporto co seu nome?
Coñece a
Manuel Antonio a través de Dieste. Os
tres serán parte da Xeración Os Novos, así bautizados por Risco, que colaboraron
coa Xeración do 27. Os piares da vangarda galega.
Maside fíxolle un
retrato sedente mentras fumaba ó seu amigo e reitor Rodríguez Cadarso.
Xosé Eiroa foi un escultor vencellado ao
grupo de
Os Novos. A súa temática
estrela é o tema da muller. O compostelán foi un dos colaboradores máis activos
das Irmandades da Fala.
Valle ó final da súa vida pasea moito
pola Alameda de Santiago con Cunqueiro e Maside. Tratouno da vexiga o doutor
Villar Iglesias. O retratista fíxolle unha caricatura no leito de morte.
Con apariencia de clérigo aparece este médico. O cortexo
fúnebre do escritor de
El Ruedo Ibérico
partiu do seu sanatorio ata Boisaca.
Antón Vilar Ponte é o presidente da I
Irmandade dos Amigos da Fala na Coruña no 1916. Conseguiu unha acta de deputado
en febreiro do 36 co Partido Galeguista na Fronte Popular pero morre axiña.
Coñece a
Lorca en maio do 32 aínda que tiñan
amigos comúns como Jesús Bal y Gay e Eugenio Montes. O andaluz fora invitado
polo Comité de Cooperación Intelectual.
Ambos colaboraron xuntos nas revistas
Resol e
Cristal.
Raimundo López Pol foi elexido alcalde
de Compostela nas eleccións municipais do 31.Loitou polo Estatuto de Autonomía.
Maside o retrata coa man dereita alzada dirixíndose a un auditorio. Os únicos
anos que pasou lonxe de Santiago, cando a guerra, foron os de desterro en Cuba.
Ánxel Casal fundou a Editorial Nós. A
partir do número44 a revista terá a Risco como director literario e Castelao
como director artístico. O obradoiro tamén imprimía
A Nosa Terra, órgano oficial das Irmandades. No 33 a imprenta
instálase na rúa do Vilar, frente a casa de Maside.
Requerido polo
Seminario de Estudos Galegos Bóveda
colaborou nos temas económicos do estatuto de autonomía. No 34 o novecentista é
desterrado a Cádiz. Peor lle foi tralo 36. Sufriu un xuízo sumarísimo e foi
execautado na Caeira.
Con óculos aparece
Manuel Lugrís Freire que ten un
currículo sobresaliente. Foi cofundador da Real Academia Galega, as Irmandades
da Fala e o Partido Galeguista.
Azaña defendeu a Constitución de 1931,
republicana e non confesional. Trala sublevación militar do 36 declarou “Paz,
piedad, perdón”. Morreu poco despois no exilio francés.
Cándido Fernández Mazas fixo artículos e
ilustracións gráficas para
La Zarpa, El
Pueblo Gallego, El combatiente Rojo, PAN e o
POUM, que dirixía Eugenio Granell. Coincidía nas tertulias madrileñas
co pintor Urbano Lugrís.
Castelao pasou polas súas mans máis
dunha vez. Non falta o lazo. Maside foi o ilustrador de Retrincos. “Fíxenme médico por amor ó meu pai; non exerzo por amor
á humanidade”.
Consérvase un
retrato á liña de
Manuel Portela
Valladares, político liberal que durante a dictadura de Primo dirixiu
El Pueblo Gallego de Vigo. Invitou a
Maside a colaborar no xornal.
Inmortalizou a
Ramón Cabanillas, Poeta da Raza que
emigrou a Cuba, de perfil, con pucho e mostacho.
Tocando a zanfona e
cun peiteado moi da época está
Faustino
Santalices, que tamén lle daba a gaita.
Aquillino Iglesia Alvariño foi un poeta
que bebe do imaxinario de Amado Carvallo e o vangardismo de Manuel Antonio.
Traduciu ó galego a Horacio e Teócrito.
José Couselo Bouzas, que tras ser alumno
de López Ferreiro, tiña inquedanzas na historia e
arqueoloxía.
Con
Vicente Risco
tiña bastantes diferencias ideolóxicas. Retratouno cun medio sorriso.
O sindicalista
Suárez Picallo estaba en Madrid con Castelao
cando comeza a guerra. Tivo un exilio moi itinerante, Francia, EEUU e
Chile,para voltar a reunirse co rianxeiro na Arxentina.
Temos un perfil de Alberto Ínsua, fillo dun emigrante
galego en Cuba. Fundou o Centro Galego de La Habana. Durante a Gran Guerra foi
correspondente de ABC en París.
Jesús Bal y Gay foi un musicólogo lugués que participou no 1924 na
fundación da Revista Ronsel. Como Maside e Ben-Cho-Sey en 1930 enrólase na
Agrupación Galega Republicana Autonomista.
O poeta ourensán
Antonio Rey Soto aparece recitando.Foi
compañeiro de Basilio Álvarez, líder do agrarismo galego. Nos últimos anos o
escritor comprometido retírase ao mosteiro de Poio.
Enrique Rajoy Leloup, orondo e con
cabelo encaracolado, foi un profesor de dereito civil que perdeu a su cátedra
tralo Golpe de Estado do 36. Outro mestre foi Armando Cotarelo, desta banda de lingua e literatura castelá.
Entrou na RAE no 29 canda Cabanillas.
Victoriano García Martí soubo
relacionarse.Realizou estudios de socioloxía na Sorbona con Durhein e Bergson.
Contactou en París con María Casanova e foi amigo de Ortega e Azaña.
Laxeiro foi un fabulador nato. A súa
pintura fala dun mundo auroral e esperpéntico. Durante a II República expuso
con Carlos Maside en La Barraca, os
xoves, na feira de Santa Susana.
A
José Bullejos, militante do PCE e logo
do PSOE,debuxouno no cárcere Modelo de Madrid. Foran ambos acusados de asinar
en decembro do 30 un manifesto que apoiaba a instauración da República.
Otero Pedrayo, “unha das súas
musas”máis habituais, mantivo unha estreita amizade con Maside dende os anos
vinte. A autor de Arredor de si
asiste a tódalas súas exposicións.
A vida de
Luis Seoane discorre entre Bos Aires e
Galicia. Asiduo das tertulias do Café Español.
Colaborou con Maside e Laxeiro nunha exposición de arte galego exposta
na facultade de Filosofía e Letras de Compostela. Publicou ensaios como
Maside gravador ou
Castelao artista.
Cunqueiro ademáis de escritor foi
gastrónomo. Membro do Partido Galeguista porén militou en Falange Española
durante a Guerra.Logo o Réxime Franquista lle retira o carné de xornalista
.
Ánxel Fole ten xesto de preocupación. Ó
estalar a Guerra militaba no Partido Galeguista. Neumandro,alcume do
lucense,crea
Yunke na que colabora
Maside con xilografías e estampas.
Valentín Paz Andrade dirixiu o xornal
Galicia e a revista
Industrias pesqueras, na que colaborou
Maside.Pasou uns días na
cadea de Vigo por orde de Primo e o de Pontecesures acudiu a visitalo.
Ramón Piñeiro fora elexido secretario do
Comité Provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía. Logo foi detido e
segue en política na clandestinidade. Será o director da Editorial Galaxia.
Exerce maxisterio espiritual sobre os mozos universitarios na súa morada. Elabora
o ensaio
Carlos Maside na miña lembranza,
na que o analiza como intelectual e artista.
Mony Hermelo era unha actriz e
recitadora casada. Aquela xograresa, segundo Alonso Montero, convertiuse en
musa de moitos artistas e poetas.
Uxío Novoneyra foi o poeta do Caurel.Devoto do paisaxe desta
Serra,das vangardas europeas e da lírica galaicoportuguesa.Acostumaba facer
recreacións fonéticas de fenómenos sensoriais. Ós dez anos do seu pasamento xa
chamaban á porta para concederlle o día das Letras Galegas.
A
Borobó,xornalista de gran
traxectoria,sorprendeulle a Guerra estando becado na Universidade de Verán de
Santander.Combatiu nas filas do Exército Republicano e estivo preso en varios
campos de concentración.Tan fiel a Maside que o artista nomeouno albacea
testamentario
Díaz Pardo crea a Fábrica de Cerámicas
do Castro. No 63 funda na Arxentina o Laboratorio de Formas de Galicia con Luis
Seone onde restuaran a produción da cerámica de Sargadelos.
Xogando o xadrez
está
Celso Collazo, que fixera
crítica literaria de Lamas Carvajal e Curros.
Xulio Maside, habitual aínda nos
círculos ilustrados, estuda Medicina pero axiña recibe influencias do seu
tío. No 2014 o Auditorio de Galicia
realiza unha retrospectiva da súa obra.
*Se queres coñecer en profundidade o
epistolario de Carlos Maside
pincha en http://horchataenlasvenas.blogspot.com.es/2015/07/as-amizades-de-carlos-maside.html