* Ciclo "Escritoras na Universidade"
Helena Villar Janeiro visita a Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación (12-III-2025)
En tódolos
libros de Helena hai referencias as súas prantas e postres, o que máis domina é o arroz con leite."Teño boa memoria pero
me quedaron os papeis na casa de Rianxo". "Domino ben a prosa; podo facer unha marabilla dunha trapallada”.
Tamén foi xastra.
Na escola de Maxisterio de Lugo aprendeu
a non ser maestra. Unha asignatura de agricultura baseábase en coidar unha
pranta. Na Universidade de
Santiago había un mestre, Abelardo Moralejo, que de 150 alumnos
aprobaba a catro. Chegou a Universidade de Madrid grazas a tres meses de asuntos propios. Na aula había
policía secreta. Levaba zocas para andar pola lama.
Fun profesora de aulas digna. E daquela saiu unha arte que
estaba latente, a escrita.
Moitas veces fíxoo co seu home. "O galego, como o inglés, non se le
como se escribe. A miña lingua é dialectal oriental. Eu era unha
rapaza avispada e cría que non se podía estudar en galego, imaxínate o que
pensarían meus pais". Logo tamén impartiu aulas nocturnas a mozos
analfabetos polas que non cobraba.
Juan
Ramón Jiménez foi un mestre magnífico pero era dos que te captaba. Nun dos primeiros capítulos de Platero y tú nos que define ó burriñó
hoxe pode lerse “era como un niño, como una niña”; eso era imposible nesa
época. “Alterar os textos orixinais é
improcedente”. E engade “estamos perdidos se temos que desbotar as obras nas que os homes
se portan mal coas mulleres”.
Helena cantáballe as Nanas de Juana de Ibarbourou a
súa nena pero como estudiou música acabou por traducilas ó
galego. Ensinoulle notación o seu fillo que hoxe é un gran músico. María acabou deixando canto e piano. Na escola cando xa sabía
ler seguía co silabario para non chamar a atención.
O día
que choveu de noite xurdiu dun día no que María tiña que estudar os ósos e choraba porque
non os daba memorizado.
Os editores
mandan moito na literatura infantil. A Carlos Casares non lle gustaba o título
de Unha viaxe a Ondas Mil e ó final
houbo que chamarlle Viaxe á Illa Redonda.
Os
ilustradores, fundamentais nos libros dos nenos,xeralmante non consultan cos
escritores. “Vermiño vivía sóm nunha
casa moi curiosa”. A ilustradora confundiuse, non era nunha colmea senón nunha
mazá. Casares comentoulle que xa non se podía modificar pois era moi caro. En O
avó de Pipa puido escoller a súa ilustradora favorita, Mari Fe Quesada.
Ero e o capitán Creonte tamén ten unha boa
anécdota. Cando os seus fillos estaban no Pío XII unha mestra afirmou
"Alguén trouxo droga, os nenos tomaron uns caramelos e quedaron
dormidos"; o certo é que as súas aulas non eran moi divertidas. O
libro fala dun neno sen pai e Abelardo, moi afouto, sabéndose inspirador non o
entendía.
Para a voda de papá baseuse nunha
historia real. Una nena perderá a súa nai nun accidente de coche. Canda vez que o seu pai, Ramón, estaba cunha
rapaza ela choraba pensando que era alguén que ía substituir a súa nai. “As
madrastras non teñen por qué ser malas”.
Raúl é un conto dun neno que ten que
aprender a dicir que non. “Ninguén falou del. Din que falei de nenas libres
pero se non educamos tamén ós nenos estamos perdidos”.
Houbo censura en Un rato na casa, adicado a unha neta. É
un animal ó que Helena lle ten moito noxo. No conto un rapaz fai un trato co
roedor para deixarlle comida para que non estragase todo. Meteuno nunha caixa e díxolle ós pais que era
un hámster. “Non mo permitiron porque a
nai saía da casa e deixaba só o neno no fogar. Eu non daba crédito, era todo
unha fantasía. Que o neno se quedara só era unha treta para que o conto avance,
xa tiña dez anos e doíalle a gorxa. Eu criei a un irmán, catro anos menor, con
bronquite crónica”.
Engade unas pinceladas sobre
outros libros. Fina a pirata fala
dunha nena á que lle cortan unha perna,
Alba doutra con síndrome de down. Fuga
de Guillermo mestura fantasía e realidade.
A miña neta do medio ten
moitísimos libros. Un deles é o dunha toupa cunha merda na cabeza. Non ten
ensino moral. Eu non sería quen de escribir iso. O tema e os personaxes non son
baladís. O escritor quere transmitir algo. Por exemplo a camelia ten un valor
para Pimentel. O literario é artístico,
ten que ser estético, polisémico…
Harry Potter, que traduciu ó
galego Marilar Aleixandre, ten moita mercadotecnia. “Horrorízame que toda unha
xeración quede marcada por un só libro.
Os nenos galegos deben ler Cantares
Gallegos, a Manuel Antonio, Cunqueiro, Fernandez Paz ou Ledicia
Costas… ”
“Son sobre
todo poeta. E, modestia aparte, moi ben feita. Aínda que sexa para nenos ten
que ter perfección”. Quixo facer un
recital sobre a neve en Cuba pero deuse conta e fixo un cambiazo. “Como ían
sentir esa emoción?”