miércoles, 13 de noviembre de 2013

Son picheleiro

No marco das festas que honran ó patrón de España Teófilo Comunicación celebrou un acto pomposo para presentar as súas últimas novidades editoriais. De entre as catro ringleiras ateigadas de persoeiros foi Charo Barca, “un autodepresivo sen efectos secundarios”, a primeira en subir ás táboas. Agradeceu os fondos que altruistamente se destinaron á Fundación Andrea. Esta entidade está volcada desde o 2005 no apoio ás familias galegas con nenos enfermos crónicos ou terminais. Deixou unha perla de Neruda para a ocasión: “Se nada pode salvarnos da morte que a lo menos o amor nos salve da vida”.

Teófilo, nun discurso emotivo e trascendental, adicou Santiago de Compostela en branco e negro ó alcalde Antonio Castro. A lembranza polos seres queridos finados invadía a atmósfera;“son os que nos empuxan para diante cando non podemos máis”.Mesmo solicitaría un aplauso que retumbase en San Domingos de Bonabal e Boisaca. Logo, unha retrospectiva dos vintecinco anos de historia da empresa basados no esforzo e a xenerosidade; “son un supervivente desde o primeiro día que nacín. Coma os músicos do Titanic.A miña muller Maruxa traballou comigo sen descanso.Puxéronos paos nas rodas”. Para Currás é un home cun perfil ético e humano que sabe entrever e innovar.

A canción Volver ambientou o visionado dunha colleita de O pasado nunca pasa. O edificio Castromil do que tanto oín falar, un Obradoiro solventando os problemas de estacionamento…A maioría das instantáneas proceden do arquivo do fotógrafo Manuel Blanco. “Fotos que xeran recordos incluso cando non tes esas experiencias”engadiu Albor, adaíl do vitalismo.“As pedras de Compostela construíronse para dignificar o Apóstolo, primeiro mártir da cristiandade”engadiu para pechar a súa lúcida intervención.

As Marías non quedaron no tinteiro. Maruxa e Coralia, omnipresentes cunha efixie que parecía arrincada da Alameda, “representan a loita contra a invisibilidade” para Long. Noutro impacto escenográfico chegaron tunos de tódalas idades coa cruz de Santiago ben visible no vestiario.Foron coa música a outra parte deixaron triste y sola a Fonseca.

Máis imaxes con accións da vida cotiá da segunda parte do século XX: a mili, unha visita ó barbeiro, as case extintas merendolas familiares no parque, as palmas do domingo de Ramos…E entre Adolfo Suárez e Felipe González alí estaba o meu avó, membro da banda Sky. Unha chuvia de oropel desde o segundo anfiteatro clausurou o acto. Xa sabedes picheleiros, disfrutemos paseniño de cada recuncho desta máxica cidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario