*40 anos de Cineuropa: memoria dun festival (19-XI-26)
Mesa redonda coa intervención de José Luis Losa, Martin Pawley, Iñaki Quenerapú, Carmen Villar e a moderación de Alejandra Trelles
No abrente de Cineuropa Santiago era unha cidade cuns 50.000 estudantes, cando agora estaremos na metade. Os billetes non eran numerados e a entrada facíase en estampida. "Non sei como non se romperon tibias e peronés". Ligábase moito na cola. E moitos anos duraba case todo o mes de novembro. Destaca o apoio de Xerardo Estévez, "un formidable alcalde con gran dedicación pola cultura".
![]() |
| Foto de Paco Rodríguez da espera antes dunha noite de Maratón anos atrás |
Nas primeiras edicións programaron cine da Perestroika. "Eran películas libérrimas". Lembra un título, Mañana fue la guerra que xa non está dixitalizado.
| Mañana fue la guerra |
Martin Pawley lembra que na Coruña xa tiñan a Filmoteca para desfrutar o cine clásico. E lembrou a dantesca historia do Festival Internacional de Cine de Comedia na cidade herculina. Estiveron invitados artistas como Dana Andrews ou Joan Bennet aínda e Porky´s foi unha dos filmes de apertura. Losa lembra que daban uns bonos para comer marisco que aprovei-taba media cidade. Unha vez eran as cinco da tarde e Perico Beltrán, guionista de El extraño viaje, e aínda non pudiera trocar eses bonos debido as corruptelas . "Yo lo que quiero es comer!" Comenta Martin que no intre da súa cancelación, no ano 83, "pechou cun déficit de 80 ou 90 millóns de pesetas". Insiste no asunto orzamentario para o futuro "o cinema é un espectáculo cultural máis barato que una sesión vermouth".
Martin laiase da pouca cobertura do cine nos medios de comunicación. "El País manda a un mendrugo a cubrilos festivais e só fala das festas".
Iñaki Quenerapú ve o cine como algo universal. "A historia dunha nena iraní que vai ó pozo a coller auga poder ter moito que ver comigo". Chamárono no 2014 para facer a páxina web do Festival. Luz Guldrís tiña un excell con tódalas películas. Transmite humildade o deseñador; "estiven cinco anos traballando no festival, son unha estrela fugaz". Ó terminar unha das edición sentou a tomar un kebab con Ana Gontad completamente exhausto. "Nunca máis!" Pero ás dúas semanas resucitou e xa quería máis.
![]() |
| Ana Gontad |
No 2019 por un problema burocrático houbo un cambio na dirección de Cineuropa. "Ó ano seguinte volvimos en Pandemia con só trinta espectadores por función".
Iñaki conseguiu no 2024 terminar con éxito o visionado da maratón. "Encantoume o empacho. Metes un estrés boísimo no corpo". Losa admite un ambiente especial nesas longas noites, moi cercano ó de Sitges. No que a xente se anima máis a comentar a viva voz. Ó mesmo tempo, o director admite que no resto do Festival o público non é moi efusivo "Tes que fixarte en como respira". E logo comenta cun autoritarismo case lóxico que "a Godard e a Oliveira moitos lle puntuaban cun tres ou un catro e logo decidimos que non se podían votar máis". Cando premiaron ó realizador luso sumaba case 96 anos.
![]() |
| Jean Luc Godard |
En San Sebastián, Valladolid ou Compostela o voto do público non acostuma axustarse ós criterios artísticos do xurado. Nakache e Toledano tiveron o favor da xente en Donosti no 2019 cando os profesionais nunca llo concederon. Losa móstrase sorprendido pola fascinación que teñen en Cannes para elexir no xurado a Rossy de Palma, ata en dúas ocasións; "supoño que lles parece picassiana".
![]() |
| Olivier Nakache e Éric Toledano |
A primeira premiada foi Marisa Paredes no 2000 xunto con Xosé Luis Borau coa súa "fantástica Leo". O director aragonés tiña en mente daquela un proxecto que non puido concluír antes de finar. Carmen Villar non olvida a Luis Tosar, "un profeta na casa que sempre transmite naturalidade". Porque o cinema galego pode competir co de calquera parte do mundo de igual a igual.
![]() |
| Borau e Icíar Bollaín |
O director kurdo Bahman Ghobadi, que xa ten dúas Conchas de Ouro, foi premiado no Cineuropa hai 20 anos pero finalmente non puido acudir a recibilo; "excusouse na folga de controladores aéreos".
![]() |
| Bahman Ghobadi |
Vicente Aranda olvidouse o premio no Hostal dos Reis Católicos no 2007. Chamaron para enviarlle pero non mostrou ningún interés.
![]() |
| Vicente Aranda |
As películas poden ter ideoloxía. No 2016 Carlos Saura recibiu un recoñecemento no Cineuropa; Losa móstrase taxante; "algún crítico memo considera o seu cine caduco. Traballou durante o Franquismo, un sistema tiránico, e cando no 1974 proxectaron La Prima Angélica lanzaron cócteles molotov nun cinema de Barcelona". Ó ano seguinte foi galardonado Costa-Gavras. A súa película Missing atreveuse a falar da desapareción dun xornalista tralo Golpe de Estado de Chile en 1973.
![]() |
| La Prima Angélica |
Hai cinco anos, ademais da desaparecida Verónica Forqué, un premio foi para Nadav Lapid, cineasta israelí do que non sospeita sobre a seu ideario.
![]() |
| Verónica Forqué |
O propósito é que o espectador non vaia a ver só o que ven de Cannes ou Venecia. Este ano se proxectan boas obras sobre o colaboracionismo co fascismo. Un hombre de nuestro tiempo, sobre o Réxime de Vichy, estivo en Cannes pero a crítica de esquerdas non entende como non logrou a Palma de Ouro. Eloy Domínguez Serén, o director de Tralovento, que aborda o abandono do rural, tivo unha "gran decisión ética" ó retirarse do Festival de Mar del Plata por motivos políticos. Ou Justa, sobre os terribles incendios en Pedrogao. Hai dous títulos ambientados en África, "que non atoparías nas plataformas onde abundan as comedias románticas no Nadal" di con sorna Martin.
![]() |
| Un hombre de nuestro tiempo |
Nos anhelos do director figuran dous americanos, James Gray ou Paul Thomas Anderson. Asume que non foron competitivos ata hai cinco anos. "Tes que evolucionar para non ser un reaccionario".
![]() |
| James Gray |
























.jpg)
























