Os arquitectos
Pablo Tomé e Idoia Camiruaga veñen de presentar unha aplicación web para que os
amantes de Compostela podan visualizar unha fortificación que se fosilizou no
trazado.
Convento de San Agustín (1915)
Só hai dous puntos conspicuos na cidade onde
se pode palmar coas mans o histórico muro. Trátase do célebre arco de
Mazarelos, que estivo a piques de ser derribado a fins do XIX,por onde se
abastecía o viño. Tamén o tramo do catorce ó dezaseis de Entremuros.Hai un século era palpable tamén na parte
traseira do convento de San Agustín que olla á Virxe da Cerca.
A nosa cerca
tardomedieval non é moi semellante á romana de Lugo. Ademáis da función
defensiva,non imporía moito unha barreira de mampostería ,actuaba como control
tributario.Rodeada dun amplo foso tería unha altura
interior de cinco metros e un grosor de dous e medio. As casas
intramuros de Compostela, estreitas e mal iluminadas, estaban feitas de madeira
ata que no XVII empeza a empregarse a pedra que hoxe coñecemos e veneramos.
Pola Porta Faxeira,
que tiña unhas peculiares torres cilíndricas, penetraban os peregrinos que
viñan do Camiño Portugués. Derrubada en 1830,un arco ornamental efímero recibiu
a Isabel II. O Postigo de San Fiz daba servizo ó Pazo de Altamira; cando se
fixo alí o actual mercado se arrasa este treito da muralla. Pola Porta da Pena,
que aparece citada no Códice Calixtino
como unha das sete portas orixinais, entraban os peregrinos procedentes de
Inglaterra e Flandes.
O valo nace no
século XI e mantense estable ata o tempo dos Católicos. Dende entón se construe
e reconstrue continuamente, coma as costuras de Penélope mentres espera o
regreso de Ulises; este feito doumentouno Antonio Rosende. En 1750 Compostela
tentaba crecer é o cinto era un
impedimento.No XIX o desmantelamento é total, tónica que é habitual noutras
urbes.
Pero aínda hoxe a
améndoa actúa coma unha membrana psicolóxica. Hai moitos fieis que pululan a
cotío polos seus miolos pero outros santiagueses case non se deixan ver por
alí. ¿Non sí? Un encerro semellante o que evoca luis Buñuel no seu Ángel Exterminador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario