Caraveis vermellos, murcho o sangue
recordos por vivir e lamentos
dos libros e filmes non ollados...
Longas noites a escuras
amenizadas coa lúa,
cecais con estrelas,
viron fluir os peiteados,
ollaron o curso dos anos,
lamentan chegar as enrugas.
Lonxe quedan algunas páxinas
amoreadas no olvido
mentres o epílogo leo
mentres un doce agardar
no instante quen chaman á porta
Escrebo con urxencia
estas derradeiras verbas
no reverso dunha folla,
no envés dunha esquela
da miña propiedade.
Carnes moles e insignificantes
tomade sentido
abonando os campos
nutrindo vermes
Sen acougo se elevará
a miña alma, voará
o meu espírito sobor
das voraces aves de rapiña.
Como esvaecen os intres
como se achega a morte
tan silendaria, tan de súpeto
¡Shhh,
os mortos non falan!
No hay comentarios:
Publicar un comentario