lunes, 10 de marzo de 2014

As letras das cancións


  Escoitase Grace de Jeff Buckey, disco que David Bowie tería levado a unha illa deserta.  A última sesión do Ciclo Nexos dedicouse a estraña alquimia entre unha melodía e un texto. Marcos Lorenzo lembrou unha anécdota dun Picaversos na que Niño Pistola, banda galega de folk rock, recoñecía que no seu proceso de composición as letras se desbotaban por completo.
   Uxía, cantora e divulgadora da música galega, tivo antes a palabra por ser o Día Internacional da Muller. A militante non se olvidaría de recordar a manifestación do domingo. En Vigo foi ás clases de literatura de Alonso Montero.  Levaba a guitarra sempre, inclusive á facultade.
   Bebeu da música lusa “que casa o compromiso e o autóctono”. Escoitou a Milanés, Leilía, The BeatlesEntre os letristas elixe a Chico Buarque, que se pon na pel dunha muller en Teresinha.  Carlos Blanco, agochado na última ringleira de cadeiras, foi definido como “Buarqueamante”.
   A poesía de Rosalía,dotada dunha profunda musicalidade, é unha fonte que  nunca se esgota. Poucos saben que a autora de Cantares Gallegos tocaba un pouquiño a guitarra e a arpa. Unha vez un intérprete de flamenco pediulle si podía adaptar Negra Sombra; ante as reticencias dela por traducir ó símbolo de Galicia o sureño replicou con seriedade “pois dame o seu teléfono”.
   Un adolescente que sufriu un desengano amoroso identifícase máis cun grupo de música que con Neruda.  As letras das cancións son poemas musicados, onde hai unha simbiose máxica entre música e literatura. É un “traballo de artesanía”. Ten que ser crible e orixinal e ter ritmo e armonía. A dificultade está en sintetizar. Aínda que é necesario falar do cotián “é moi difícil facer unha letra dos desafiuzamentos”.Ben sabe Silvio Rodríguez que para compor hai que sufrir.

 
   O convidado foráneo procede de Porto, case “do sur de Galicia”.  Sérgio Godinho é compositor, poeta e incluso actor. Ó revés que Uxía, “eu comezo pola base musical, algo moi intuitivo na miña cabeza. As letras surxen do meu gozo e, ás veces, do meu sufrimento ”. “Din que as miñas cancións se parecen as do norte de Brasil”.   O admirador da época áurea de Bob Dylan nos setenta fuxe da dictadura e peregrina por París, Xenebra, Ámsterdam, Brasil ou Vancouver. 
Zeca Afonso inventou unha tradición. “Abriu xanelas onde nin paredes había”. Luís Vaz de Ca-mões foi musicado non só por Zeca, senón tamén por outros como Amália Rodrígues.

No hay comentarios:

Publicar un comentario