miércoles, 5 de febrero de 2014

Blanco-Amor e a gratitude

Conferencia de Bieito Iglesias na Cidade da Cultura (junio 2011)
Publicado no seu día no extinto Xornal de Galicia

Blanco Amor tiña un espiña cravada. Morreu sen acadar o mérito que merecía. Non lle axudou a súa personalidade controvertida e fachendosa; Bieito Iglesias axudou ó retorno desta figura ó ceo das letras.Sentei ó carón da lareira a escoitar agarimosos contos.

O fillo da florista nace na rúa da Paz, mesma na que xermina o seu mestre Risco. Creceu sen figura paterna e así na súa obra todos son bébedos, infieis e arruinan a familia. Ourense lle deixa unha rexa pegada, profunda de máis por pasar tantos anos no exilio americano; alí, como xornalista e conferenciante, contacta con Borges, Sábato, Basilio Álvarez…A súa vila natal tiña unha efervescencia cultural inusitada, a Belle Epoque de Galicia, manifestada na Xeración Nós. Mantivo unha relación turbia coa súa Auria, como Joyce con Irlanda, con intres de saudade e de rancor. Pero ambientou a maioría da súa narrativa, agás a finalista do Nadal Los Miedos, nese “estercoleiro, curral de vacas”.

Con La catedral y el niño, relato freudiano e decimonónico, peca de exotismo. Só un ateo desvergoñado podía redactar o memorable episodio do cativo ante o Santo Cristo.

Inspírase na lenda dun acoitelamento nun Vernes Santo para escribir unha historia orxiástica e dionisíaca, A Esmorga. É unha correría dramática de moinantes violentos e primarios, unha noite de tolemia que acaba en traxedia. Personaxes esquecidos e desarraigados deambulan nun espazo laberíntico entre bordeis e tabernas. Os conservadores considerárona erótica, provocativa e vulgar. Hai paralelismos co film Accatone, uns dos cumios do neorrealismo que dirixiu Pasolini; ambos defenden a vida bárbara dos sectores marxinais da periferia xa que non estaban alienados polo sistema capitalista ; non dubidan en empregar un humor escatolóxico para defender o mito romántico do salvaxe.



As últimas novelas terán un espíritu semellante ó Amarcord de Fellini. ¡Canto lembra "O Noxo", conto de Os Biosbardos, á líbida tabaqueira con corpo de Venus de Willendorf!

No hay comentarios:

Publicar un comentario