lunes, 3 de febrero de 2014

A Gran Guerra, cen anos despois


   Cando fala Miguel-Anxo Murado hai un silencio sepulcral. Foi corresponsal de guerra nos Balcáns e na II Intifada. “Vemos máis a guerra que os soldados ”. A guerra é a sociedade do consumo levada ó extremo. É o producto de tensións políticas circunstanciais pero os resultados son sempre desproporcionados e devastadores.Marcoulle. Quedou máis escéptico e pesimista.
   Na I Guerra hai moito de revancha entre Francia e Alemaña pola guerra franco-prusiana de 1870 pero tamén conflictos industriais entre Inglaterra e a propia Alemaña.  A versión oficial era que os ingleses entraran na guerra porque os alemáns violaran unha monxas en Bélxica. Pero en realidade era porque ocuparon o estratéxico porto de Amberes.  Moitos británicos víronse obrigados a votar por correo nas eleccións; era unha democracia desplazada.

   O exército francés ó principio da Guerra levaba calzóns vermellos; logo se decataron da importancia da camuflaxe.Estes lla encargaron ós pintores cubistas e os alemán a expresionistas.

  O aramio do espiño, inventado en Arxentina para cercar o gando, é unha creación da I Guerra.  Os soldados pasan días enteiros baixo terra. A volta ó home cavernícola desbota a idea de progreso constante. Rey y Patria retrata a claustrofobia das trincheiras. Se desesperaban. Os aliados calculaban, segundo o que levaban avanzado, que tardarían 185 anos en chegar ó Rhin.

  O tempo cambia.Ata entón estaba fragmentado.Casi cada cidade tiña o seu propio horario e o ferrocarril viase obrigado a ir variando o reloxo en cada estación. Pero a guerra conclue exacta-mente nunha hora determinada pois tódolos países adoptaron un horario estándar universal.

   O reloxo de pulso, máis práctico co de peto, se populariza na fronte. Xa existía dende fins do XIX pero era exclusivo das mulleres. Os combatentes xa poden ir sincronizados todos á vez.

   É un conflicto devastador.Transcurre tanto en Europa coma nos imperios coloniais. Os tratados de paz son crueis e desorbitados.“Irak se crea ó fin da Guerra cun debuxo nunha servilleta”

No hay comentarios:

Publicar un comentario