no ciclo Nexos da Cidade da Cultura (1-2-2014)
*Publicado en EL FARO DE VIGO (10-2-2014)
A presencia de
tropas coloniais provocaron unha gran inquietude. Nada se fala dos africanos
que combatiron a prol de Francia. China entrou ó fin da guerra do bando dos
aliados; moitos os culparon da gripe cando a culpa era dos americanos. Era o
momento cume do racismo científico. É o intre no que Spengler,cheo de
ansiedade, empeza a escribir A decadencia
de Occidente.
Os poetas
británicos,a maioría de clase alta, se preguntan sobre o absurdo da
guerra. Nunca viran vida tan miserable.
A Guerra, como a de Troia, cumpre unha función existencialista. Na Ilíada se fala dunha terra baleira.Siegfried Sassoon quería ler esa epoea de Homero. Incapaz de concentrarse na
trincheira aliada matou inimigos para degustala con calma no foxo alemán.
Moitos
historiadores opinan que o século XIX acaba coa I Guerra. É a guerra da
Revolución Industrial pois as precedentes foran máis breves, localizadas e
coloniais. A industria se moviliza como nunca antes. Hai unha proletarización,
un traballo de vintecatro horas diarias, un fluxo continuo de violencia.É unha
loita entre obreiros,lonxe do que predicou Marx.
A máquina substitue
ó home. O uso do gas simboliza a química ó servicio da guerra. O inventor,o
xudeu Frintz Haber,acada o Nobel en 1918 pero logo foi perseguido polos nazis.Os
humanos,coma no poema escalofriante de Wilfred Owen,son apenas una plaga que
hai que fumigar.
H.G. Wells, que traballou para a propaganda aliada, dixo que era a guerra para a acabar con tódalas guerras. Pero logo volveuse máis pesimista. A guerra é un rasgo máis da sociedade industrial, é un sacrificio permanente que non termina nunca.
Aínda que a visión
heroica da guerra vai quedando obsoleta se publicaron un millón de poemas a prol
das armas durante a contenda. Rupert Brooke, poeta
británico moi patriótico e optimista, alistouse de forma voluntaria pero
morreu axiña de enfermidade. Nin o enterraron, foi tirado ó mar.En Italia
Marinetti exaltou a guerra como hixiene do mundo,aínda que pasados os anos
acabou arrepentido do que dixera. A literatura antibelicista tarda
case dez anos en chegar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario