Carreira Pedestre de Compostela, 27-10-2013
Ao abrir a xanela
xa hai claridade. Unha banana para subi-los niveis de potasio. Follas secas
molladas. O asfalto aspira a ser un espello. Pero, aínda que o Sol tomou acougo,
as nubes non quixeron chorar. A climatoloxía non servirá como escusa.
Auriculares para marcar o ritmo.
Disparo doce cara o
ceo. Catro mil almas con latido de chip. Hoplitas compactos na rampa de Xoan
XXIII. Por mor do Purgatorio lameiro de
San Pedro os atletas non se libraron da Angustia.
Vite é un calvario.
Competidores sen un gramo de graxa loitan polos seus tempos. O prepara-dor
físico Dani Campanero asumiu o reto como un gladiador. Maniotas e disfraces.
Perrucas e cintas de samurai. Amigos que non se separan do que ten a face ben
colorada. Solidariedade. Non falta a retranca: “¿ E se vou de costas se notará
a pendente?” Namorados animan as súas mulleres para que non se rindan. E a
entrañable estampa dun pai empuxando a
carriño da súa pequena. O pulo do pobo
non é estéril. Os protagonistas rin e melloran o rendemento.
As dúas lebres do New Balance fuxían do favoritismo. Ninguén quere presión de
máis. Lolo Penas volveu a mostrarse intratable.As lusitanas coparon o pódium
feminino. A fachada da Catedral viste andamios para seren máis belida que
nunca. Zapatones sigue fiel as cores do outono.Un fisioterapeuta coloca unha
toalla limpa na padiola e unta pernas musculadas en xabrón para que o xeo
escorregue mellor. Fleky aínda ten
folgos para repetir experiencia cos cativos.
O bronce colgouno
Pedro Nimo,que ten un lema espartano”O fracaso é o condimento que da sabor ó
éxito”.Aínda conservo coma un códice a páxina,marela xa, de El
Correo Gallego no ano Xabobeo 93 cando o avantaxei en cincuenta
posicións. ¡Qué fachenda! Hoxe tomouno
coma un adestramento máis. Cando o felicitei no Obradoiro tirou de modestia
“Hoxe abrín o capó”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario