Conferencia sobre Manuel Murguía no Ateneo de Santiago (8-10-2012)
O catedrático Xosé Ramón Barreiro veu falar ós Luns do Ateneo de Murguía, primeiro presidente da Real Academia Galega que o propio barbancés dirixiu durante dous mandatos. Cinco anos de investigación para parir unha obra magna de case mil páxinas. “Os libros son teimas que levamos dentro que ás veces saen á superficie” engadiu Freixanes.
Murguía, anano e relixioso, pertence á clase media en ascenso. Foi un pésimo estudiante. Tras sete anos de estudos de Farmacia en Madrid apenas aprobou dous cursos. Prefería unha vida bohemia, fácil e regalada; erguía tarde e acudía o Café Levante e o Bar Príncipe. O seu pai,o boticario de Cervantes, pagáballe a matrícula e a pensión. Deixou de abonar cando o rector lle confirmou que Manuel era “ un perfecto descoñecido”.
Sempre se apañou. Desde 1853 escribe en La Iberia, Biblia do progresismo.O director, Calvo Asensio, quería liberarse das típicas novelas francesas e apostou por Murguía. O estilo musical de obras como Luisa ,Mientras duerme ou La mujer de fuego atraía ás señoritas.Xa daquela a súa prosa nada envidiaba a de Castelar,Cánovas ou Sagasta. Desde o 68 recibe un soldo coma xefe do Arquivo de Simancas, logo tamén foi director do Arquivo de Facenda da Coruña. Ademais convenceu ás Diputacións para que subvencionasen a súa subxectiva Historia de Galicia e á única que non lle asignou un soldo foi Lugo, “cidade fúnebre”que saliu malparada da súa pluma.A diferencia do rexionalismo absolutista de Brañas,creía que os mariñeiros e campesiños son os que debían redimirse.
Con Rosalía formou unha unidade hipostática. Amáronse con intensidade a carta diaria, aínda que moitas apareceron queimadas polo forte carácter de ambos. Nunca tiveron casa propia pero non pasaron fame; se pasaron momentos difíciles foi porque derrochaban canto tiñan.“Comían e bebían ouro”.Os gastos eran continuos en novos libros para a biblioteca.Sempre tiveron servicio doméstico, a lo menos unha muller,e pasaban un mes o ano no balneario ademais de agosto na praia de Vilagarcía. Con tres demandas por impago “tivo a sorte” do óbito do pai pero ben rápido queimou a súa suculenta herdanza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario