

Supuxo un desgarro
emocional o asasinato de Camilo, quen ao comezo da guerra apareceu nunha gabia
en Palas de Rei. Isaac, adolescente baixo sospeita, tense que agochar na
Coruña.
Como non se
cumplían os seus soños de arquitecto vai a Madrid a estudiar á Escola de Belas
Artes. Abandonará a pintura porque só vendía cadros ós capitalistas. Ao fin dos
corenta fai os primeiros ensaios con cerámica. A clave era volcar a arte en
productos de consumo popular. No 55 viaxa a Arxentina para dar a coñecer a
cerámica; “corenta e duas horas en chegar ” para reencontrarse coa Galicia do
exilio e Luis Seoane. Ambos, coa conivencia de Fernández-Albalat, montaron o Laboratorio de Formas co obxecto de
recuperar a memoria histórica de Galicia.
O poliédrico
picheleiro militou nas Xuventudes Socialistas pero considerábase conservador
libertario, partido do que era único membro pois se había outro corría o risco
de escisión.
Foi mecenas de Ruedo Ibérico, editorial antifranquista
que dirixía o anarquista José Martínez. Eses libros non deixaban durmir a perna
solta a Fraga. E colaborou na revista folclórica Galicia Emigrante. Cando escribía coa man esquerda adopta
seudónimos como Santiago Fernández ou
Xoán Mazarico.Coa firma de Ollar Novo criticou a mudanza do
Hospital Real en Hostal no 1954.
O seu último
bastión foi o Instituto Galego de Información de San Marcos, onde residiu vinte
anos. Quería estar permanentemente a pé de obra. Sempre co mandilón de
traballo. No 2006 sufre un golpe de estado e os seus socios mercantilistas
apartárono de O Castro e Sargadelos.
Repousa discreto en Boisaca a carón de Antón Fraguas e preto de Valle Inclán. Non quixo epitafio. Nunca se poñía nas primeiras ringleiras; era quen facía as fotos, outra das súas paixóns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario