lunes, 7 de octubre de 2013

A cultura labrega no Gaiás


   Olga Novo foi unha fonda estudiosa de Novoneyra, xograr baixado do Caurel ás ciudades.  Uxío comprende a terra sen sacralizala. Entrégase con paixón telúrica ó canto, con influxos rosalianos, pondalianos, medievais e primitivos. Os Eidos fai referencia a propiedade da terra; a paisaxe foi modificada polo humano para as súas necesidades.  Na primeira edición os textos agrúpanse en torno ás estacións e os traballos de campo. Así, por exemplo, o verán vencéllase á sega, á malla e á festa popular.  Fole falaba así do poeta dos soños teimosos:“Recitaba versos en voz grave e tono confidencial; non se parecían ós poemas de ninguén; falaba sosegado ”.

   Correspondeu a López Facal a visión máis fría e analítica. Propón defender a literatura lusa e brasileira. É un enorme privilexio dispor dunha língua global falada nos cinco continentes.  Frei Martín Sarmiento foi un defensor acérrimo do campesiñado. Eran eles os que soportaban o peso de toda a pirámide poboacional; criticou con sarcasmo a folganza da fidalguía. Celso Emilio Ferreiro adícalle una letanía aos agricultores, que se vían abocados ó exilio; “de sol a sol esterco” repetían os estudiantes do sesenta e oito en Compostela. E a visión posmoderna aportouna o sociólogo marxista Jameson;  os labregos son hoxe xa asalariados; así, engordan as clases medias e medra o consumismo no centro comercial.  Facal é rotundo: O campesiñado, que provén do Neolítico, morreu no tempo do seu avó, que pasa de sachar en Toba a vivir en Cuba.Desde entón a orbe non se aluma con luces de carburo.



  As ocorrencias de Celso Sanmartín,reais ou non,impediron que a audiencia marchase a tóma-lo aperitivo. Recreouse na precisión dos galegos para describir o seu medio natural. Convirten en arte o xeito de coller un sacho. Cada paisano co seu alcume a cada pedra co seu nome.  Paisanos, case sempre da contorna de Lalín, que saben traducir o devalar das campás. Que disfrutan do camiñar paseniño.  Coa teima de seren un pobo resignado ; ben sabían os nosos antergos que nos anos bisiestos morría máis xente e duraba máis a tristura da emigración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario