miércoles, 24 de marzo de 2021

Mapas, fotos e versos

 *10º aniversario da Biblioteca de Galicia

* Alba Cid fala de poesía con Miguel Cajigal, El Barroquista (21-III-2021)


  
Un nome suxestivo, Atlas. O principio só o chamaban así a súa xente de confianza. Pero consolidouse porque era unha compilación onde había movemento e frechas guindadas a distintas partes do mundo.  Hai un único poema sen título, o que fala da montaña chinesa. O mesmo ocorre con moitas obras de arte, que en orixe non teñén nome, caso do Guernica.

   Fuxe do pintoresco, do exótico e do anecdótico. Fala dos lugares con naturalidade como se vivise alí.  Non é a ollada dun turista.  Alba xoga moito coa idea do apócrifo. Non coñecemos o nome de moitos cartógrafos. Insiste moito na palabra guía.

   A poesía ten que ter baleiros. “Acabo manchándome cos elementos que me atraen”. Xurde por fascinación. Ou por casualidade.“Confiar na intuición é o contrario do medo. Vas decantando, limpando. Non acostumo rescribir pois dedico moito tempo antes á exploración. Ás veces perdo a pista do que pensaba que ía facer, é un momento que me encanta!”

   El Barroquista considera que os versos de Alba Cid son narrativos. O libro dá a enganosa sensación de estar feito sen esforzo, como fan os grandes intérpretes musicais. “Son de escrita lenta, teño inicios de poemas que levan pechados moitísimo tempo”. Algúns puideron ser algún día unha entrada de Instagram. “Ás veces fago arqueoloxía de min mesma”.

   Os primeiros poemas deste libro rachan coa verdade. Xogan co humor, entre realidade e ficción. Por exemplo a historia dos tulipáns, bulbo orixinario de Anatolia. Como para non mostrar unha voz autoritaria. Soan orais e despoxados.  E o ensaio final bebe moito de Roni Horn, que mostrou fascinación pola auga do Támesis.

   “Son da xeración das cámaras dixitais”. Tivo unha tempada na que fitaba as prantas, como fixera Georgia O ´Keeffe.“Gústame observar fotos máis que deglutilas como facemos habitualmente”. Francesca Woodman buscaba o sinxelo, retratar o que tiña máis á man.

   Entre os referentes están Anne Carson, canadense que pretende que as palabras funcionen como brochadas de significado, de maneira orgánica.  Atráelle Paul Klee co seu gusto polo pequeno, polo detalle e “cunha parte infantil que me reconforta”.  Non hai mes que non retorne á lírica de John Ashbery. Parécelle inspirador Edward Ruscha, vencellado ao pop art e famoso polas súas gasolineiras, polo seu traballo con caligrafías e publicidade.

   Non quedei farto.  Gustaríame que o acto tivera un coloquio. Preguntarlle a Cajigal, sempre interesado polos estudos rigorosos, se a historia é máis ciencia ou segue abrazando ás letras. E a Alba que contara máis anécdotas prosaicas das súas viaxes. E como unha poeta, oficio tan alonxado dun oficinista ou un repartidor, consegue desenrolar un ermo creativo.  


miércoles, 10 de marzo de 2021

La Casa de la Troya

 *Mostra no Gaiás (21.XII-2020 ata 5-III-2021)

Unha lembranza á novela estudiantina máis paradigmática de Compostela

   “De barba bellida como nun busto viril de Tiziano e algo xordo,o mesmo que Goya”. Alejandro Pérez Lugín é un andaluz fillo de andaluz e galega. Licenciase en dereito en Compostela.  Retorna á capital de España e traballa como xornalista, especializado en crítica taurina; eses ambientes quedan ben reflexados na novela Currito de la Cruz de 1921.


  
Lugín quería pintar o ambiente de Compostela. Case todo o que ocorría era a intramuros: Catedral, Universidade, o abandonado cuartel de Santa Isabel ou o vello cárcere da Falcona. A vida social tiña lugar nos cafés, sociedades,o Casino e o Paseo da Ferradura. A tuna, que facía serenatas, pasarrúas e concertos, adquire un carácter estable desde 1876 e medra paseniñamente.

   A primeira edición da obra, cunha tirada de 1600 exemplares, é de 1915.Castelao deseñou a cuberta. Convertirase nunha das novelas máis lidas en castelán, con éxito tamén en Hispanoamérica.


  
Gerardo Roquer,o protagonista, é enviado polo pai como castigo a estudar a Compostela. Ó principio atópase unha cidade gris e chuviosa pero axiña lle colle o gusto á vida dos pícaros e festeiros estudantes. E namora de Carmen. Os escritores  e xornalistas Camilo Bargiela e Enrique Labarta inspiraron a Casimiro Barcala.

   Antes houbera outras novelas estudiantinas. A primeira novela de Emilia Pardo Bazán foi Pascual López,autobiografía dun estudiante de medicina,obra realista e romántica publicada antes por entregas. Juan Bautista de Armada y Losada publicou El último estudiante en 1883. Valle Inclán cultivou o xénero con Mi hermana Antonia de 1909. Inspirouse na Casa do Cabildo cunha trama na que un mozo rexeitado no amor, Máximo Bretal, fai un pacto co demo para vingarse. 


  José Nieto fíxolle un tributo en Qué es la casa de la Troya. Hai outros textos analíticos de José Camaño Buornacell,Alejandro Barreiro e Darío Villanueva. A polémica xurdiu cando Camilo Bargiela,alias Barcala, demandou a Lugín pola autoría da novela pero a xustiza non lle deu a razón.

   Linares Rivas fixo unha adaptación teatral que contou cos decorados de Camilo Díaz Valiño. A primeira versión cinematográfica foi muda dirixida polo propio Lugín con Manuel Noriega en 1920. Adolfo Aznar encargouse da segunda no ano da guerra. A máis coñecida é obra de Rafael Gil en 1959. Mesmo houbo una versión mexicana realizada por Carlos Orellana.

miércoles, 24 de febrero de 2021

Refugiados españoles en Francia

 *Exposición en el vestíbulo de la Biblioteca Ánxel Casal

Febrero 2021


   En 1936 la situación política europea está al rojo vivo. Alemania remilitariza Renania, Mussolini anexiona Etiopía y Franco desembarca en la península desde Marruecos. En Francia, pese al aumento de la extrema derecha y la xenofobia por la crisis económica, Léon Blum se percata del “riesgo de ir a la guerra para salvar la paz”.

   El 18 de julio se va extendiendo el virus en España. En un primer instante el gobierno republicano intentó negociar.Madrid,Barcelona y Valencia fueron algunas de las ciudades que se mantuvieron fieles. Pero empezaron a surgir diferencias entre comunistas,socialistas y anarquistas.

  El 31 de julio ya llegan los primeros aviones italianos y alemanes para apoyar a los sublevados. También aportan armas. Desde noviembre se incorpora La Legión Cóndor germana y desde marzo del 37 los voluntarios transalpinos.Los republicanos reciben ayuda de la URRS y, más débilmente,de Francia. Se convierte en una guerra de fascismo contra socialismo. Paradójicamente había unos voluntarios de origen alemán partidarios de la República,la Columna Thaelmann.


   Las Brigadas Internacionales se forman a final de septiembre y eligen Albacete como cuartel general. Pero dos años más tarde, en octubre del 38, inician la estampida.


  
Desde 1937 comienzan a huir algunos refugiados. Un  punto de inflexión para el devenir del conflicto sería cuando, el 15 de abril del 38, las tropas franquistas alcanzan el Mediterráneo en Vinaroz y cortan la España Republicana en dos. Tras la Caída de Barcelona, 26 enero del 39,se da el exilio de medio millón de republicanos. Las autoridades galas primero les hacen pasar por una criba de selección para luego acabar en campos de concentración o internamiento.  Los vascos van a un campamento de internamiento en Gurs, los catalanes a Agde y Riversaltes, unos ancianos a Bram y los miembros de la Columna Durruti a Le Vernet. En la mayoría de esos campamentos las condiciones de vida son paupérrimas. El futuro de los republicanos fue dispar; algunos fueron deportados a Mauthaussen, otros se unen a la Resistencia al irrumpir la II Guerra y los que tuvieron más suerte logran llegar a USA,América Latina o la Unión Soviética.

miércoles, 17 de febrero de 2021

La toma de la Bastilla

 *Crónica del Barcelona 1-4 PSG

Champions League. Octavos de final ida (16-II-21)

   Martes revolucionario. Pochettino volvió a segar en el Camp Nou. Como la noche que el colista le pintó la cara a Pep. Ni morriña sintieron por Ney,con el cíclico virus de carnaval,y Di María.

   Los de Koeman encontraron una moneda en la fuente.Un penalti tan involuntario como innecesario. Kimpembe interrumpe la carrera de De Jong, intrascendente toda la velada, que aún no había dominado el esférico.  Messi la rompió al lado que prefieren los zurdos.

 La alegría fue corta en casa del pobre. Kurzawa apareció por su costado, envió un whatsapp a Verratti,por fin con lentejuelas el día de la fiesta grande, y Mbappé convirtió a Lenglet en un espantapájaros. 

   Pedri fue lo más potable. Con raza para salvar un gol que llevaba su culpa. Antoine, que se hartó de despejar en el primer palo, cabalgó desde media cancha y chutó cruzado con intención.  Mauricio ya meditaba quitar a Gueye que parecía no saber medirse con amarilla.

   Los subcampeones de Europa salieron en modo apisonadora. Kylian se disfrazó de Ronaldo Nazário. Un armario con alas. Mientras Messi, su antagonista, sólo intentaba goles olímpicos.

   El segundo gol galo copió la fórmula del primero. Los laterales culés tenían la orden de cerrar muy cerca de los centrales flotando su banda. Allí se citó Florenzi para dar el pase de la muerte.Piqué creyó que evitaba la quema pero el siete, en jurisdicción del nueve,comió el caramelo.

   Paredes abasteció de nuevo. Kean encontró un bulevar entre Lenglet y De Jong y cabeceó sin oposición. Con ese bote resbaladizo que crispa a los que visten guantes. 

 Griezmann casi logra un tanto tamudesco. Keylor se confió y el de la coleta casi le roba la cartera. Pidió perdón el tico.  Hasta el meta alemán tuvo dos despejes kafkianos con su pie de media punta de seda.

   Una contra de tres para dos. Casi de fútbol sala.  Draxler aguanta hasta el último segundo y sirve a Kylian que abre el interior del pie para buscar el palo largo. Parece fácil.

   No faltaron las polémicas para debatir en la barra del bar. O donde nos dejen. El centro de Alba recepcionado por la mano de Moise en el vértice del área. Un posible penal a Piqué, que se desmarcaba en una bola parada y sufrió el juego de codos de Icardi. Griezmann pisó al héroe de la noche que se cayó a la lona.¡Sigan! El vídeo no tenía pause. Se necesita un póker en París. Por soñar. Una machada como la del día que Messi se subió a la valla y a las barbas de Emery.

viernes, 12 de febrero de 2021

Alfonso X

*Exposición na Igrexa da Universidade de Compostela             
promovida polo Consello da Cultura Galega 

Cúmprense 800 anos do seu nacemento en Toledo.

   O rei de Castela, León e Galicia é fillo de Fernando III el Santo. Se o seu pai reconquistara Córdoba e Sevilla, O Sabio ocupou Xerez e Cádiz. Houbo que repoboar esas zonas.  Fundou a Orde de Santa Marta para protexer as costas dos ataques dos piratas e para reforzar a campaña bélica contra os musulmáns do norte de África. Saquearon Salé, a actual Rabat, pero a Orde só sobreviviu sete anos.

                                  (Toma de Cádiz) 

   As guerras militares provocaron crise económica. Porén, a nobreza non estaba contenta porque o monarca pretendía restar o seu poder e riqueza. Incluso se aliou cos burgueses para perxudicar ós nobres.Ese afán por desestabilizalos chegou ata o testamento no que incluiu a lexítima na Partida VI. Moitos fuxiran xa de Castela cando ordena a morte do seu irmán Fadrique.

  Tivo fillos de múltiples relacións. Coa súa tía a Bereguer Alfonso. Da acomodada Mayor Guillén de Guzmán veu ó mundo Beatriz de Castela, que chegaría a ser consorte de Portugal e nai de Don Dinís. Elvira Rodríguez de Villada foi a nai de Alfonso Fernández o Neno. Tras superar as dúbidas iniciais sobre a fertilidade de Violante de Aragón naceu  Berenguela. Acabaron tendo 11 fillos e sería o se-gundo home,Sancho, o que herdaría o trono tras dous anos de loita contra os fillos do primoxénito, Fernando de la Cerda.


   Mantivo un contencioso co cabido compostelán.Os cóengos querían estar exentos de impostos polo privilexio herdado desde Carlomagno.Pero Alfonso,seguindo as teses de Rodrigo Ximénez de Rada,  negaba ese pasado.Non recoñecía os milagres do Apóstolo,só os da Virxe,nin apoiou a peregrinación a Compostela. De feito, creía no poder taumatúrxico do santuario de Villalcázar de Sirga en Palencia.

   Os milagres marianos compílanse desde o XI nas distintas linguas cristiás.As Cantigas de Santa María falan de conflitos nobiliarios, guerras, doenzas,situacións nos conventos e tabernas… Moitas dos exemplos suceden en Galicia.  Son habituais as monxas tentadas a abandonar a vida relixiosa por amor. Din que a lepra, case identificada coa luxuria,provocaba apetito sexual. O rei represéntase nas miniaturas para enxalzar a súa persoa converténdose en intermediario entre Deus, a Virxe e o pobo.


   Sacraliza a monarquía. É o chamado feudalismo teolóxico. Entre o seu labor lexislador están o Fuero Real, o Espéculo e as Sete Partidas. O castelán era o idioma da chancelaría. Quería impor o dereito romano para eliminar a disparidade lexislativa de diferentes tradicións xurídicas.

   Favoreu o comercio fomentado feiras en moitas cidades, instaurou un sistema aduaneiro e fiscal para mellorar a recaudación de impostos e recoñeceu xuridicamente o Concejo de la Mesta.

   As relacións con árabes e xudeus foron en principio permisivas, quizais por motivos estratéxicos, pero logo se foron endurecendo. Impulsou a Escola de Tradutores de Toledo para traducir obras científicas desde o hebreo ou o árabe. Se antes se volcaban ao latín, na época alfonsina foi ó castelán. O primeiro exemplo foi o Lapidario, tratado sobre astroloxía e as cualidades máxicas das pedras.

   A maior ambición de Alfonso foi, sen dúbida, o fecho do Imperio.Pola linaxe da súa nai, Beatriz de Suavia,reivindicou a coroa imperial adicando grandes esforzos políticos e diplomáticos e moitos cartos. Como quería buscar axudas externas empregou na lírica o galego, lingua recoñecida internacionalmente na poesía do Medievo.Estaba apoiado pola República de Pisa.O papa Gregorio X opúxose á candidatura española e acabou elixindo a Rodolfo de Habsburgo.Tras esa negativa colocou a súa imaxe en códices e moedas e quixo alomenos convertirse en emperador de terras hispánicas. Mesmo nos textos históricos, varios deles inacabados, non se procura a obxectividade senón enaltecer os intereses do monarca.

   O testamento, promulgado en 1283, indicaba que fose soterrado na igrexa de Santa María a Real de Murcia ou en Sevilla agás o corazón que iría para o Monte Calvario de Terra Santa. A realidade é que o seu corpo quedou na cidade hispalense e foi o seu órgano quen foi para terras murcianas. 

lunes, 11 de enero de 2021

A distancia entre dúas illas

 Notas da charla de Berta Dávila sobre ILLA DECEPCIÓN 

Acto promovido na rede pola Librería Abrente (xoves, 7-I-2021)



   Así se chamaba antes de ser rebautizado como Illa Decepción.  Eu sempre penso en como é hoxe a vida dos que noutro tempo foron guapos e famosos. Agora que ninguén os para pola rúa. A Dávila interésalle como se asume o fracaso.  “Non fago moito distingo entre literatura e vida. A literatura non ten por que ser menos real. E pode ser trivial ao mesmo tempo”.

 “A xente quere saber que hai de verdade e de ficción.Todo é un artefacto.Está todo producido.  O que me emociona non é o que pasou senón o truco de maxia.Merquei unha caixa de postais en Marsella e quería facer unha peza con materiais atopados como en My Mexican Bretzel”.


   Escribiuno cando Carrusel,”libro que sabía que era moi parodiable”, estaba no prelo. “Foi unha escrita gozosa, limpa, natural. Tiña ganas de falar dese libro cando o escribía. Foi secreto. Fago escaletas moi precisas. Quería unha escritura que só se poidese ler nunha orde”.

   “Gústame escribir cousas pequenas. Quería que Algunhas casas tivera alguna subtrama paralela. Descartei 60 ou 70 páxinas pero tampouco me doe. Pechei o libro en decembro ou xaneiro”. Viaxou a un Nova York nevado.No 2020 tamén tiña pensado ir a Marrocos,Croacia e a algún lugar de Asia. Era feliz.Quería revisar Illa Decepción no verán. “Ao chegar o virus precisaba unha rutina porque me sostén moito. Púxenme a correxir o libro que fala da casa como refuxio. Todo tiña agora unha segunda lectura. Non quería escribir a primeira novela galega sobre o confinamento.  Nese momento todos fixemos da casa unha illa. Estabamos illados pero todo o que tiñamos era o universo completo”. Iluminada por Joan Didion, muller que bebe champagne e toma sandwiches de pepino e berros. “Dediqueime a escribir sen preocuparme da orde da casa”.


  Son característicos os debuxos.“Facía bocetos mentres escribía.Non teño máis recursos para facelos doutro xeito”. Relaciona esa actividade con tocar o piano porque é algo “mecánico e creativo que fago sen pensar,como a xente que debuxa barquiños mentres fala por teléfono”.

   Hai referencias á cultura xaponesa. O Animal Crossing é unha metáfora do libro. A primeira versión só se vendeu en Xapón. Por exemplo, se cazan insectos,actividade habitual na infancia aló,e pensaban que non sería exportable. Na novela está o Beautiful Island,videoxogo análogo.

   “Cos teus libros sinto que alguén me acompaña. Lin Illa Decepción con moita calma. Dame a sensación de que estás emparentada con Annie Ernaux, Woody Allen, pola importancia do azar, e con Auster”afirma o agarimoso Ismael Ramos. Berta recoñece a influencia de Paul; “lévame a onde quere e me volta a traer”.

   “Os lectores moitas veces buscan o que lles gustou do libro anterior”. Ismael concorda. “É doado tender pontes entre as túas novelas pero ningunha é igual. Hai escritores que o fan”.

   Moisés Barcia foi o editor de A arte do fracaso.“A xente quere reinventar as novelas. Prescinden de maiúsculas,de puntuación… Paréceme algo inxenuo.Berta derriba os cimentos da novela.  En O derradeiro libro de Enma Olsen eran as notas do editor”. A escritora rupturista cre que “a afirmación do autor narrador acaba convertíndoo un obxecto literario. Interésame. Xa o facía Juan José Millás. O que se conta en terceira persoa tamén fala do que lle importa a quen escribe”.


miércoles, 4 de noviembre de 2020

Música de Champions

Crónica del Madrid 3-2 Ínter de Milán  (jornada 3)   3-XI-20
Goles de Benzema, Ramos, Lautaro, Perisic y Rodrygo

Los merengues alivian su complicada situación en el Grupo B

*Con imágenes de Diario Vasco y Diario Gol.


   Un limpiaparabrisas en modo allegro.  Cuatro ocasiones doradas, repartidas a partes iguales, en diez minutos. Porteros engrasados. Nadie a los mandos. Valverde, el llegador de piernas largas, lanzó una peonza tras genialidad generosa del genio galo. Achraf y Mendy se pasaron el partido frotándose. El empujón sobre el marroquí condicionó su horrible cesión al portero desde media cancha. Benzema se deshizo de Handanovic para sumar otro gol de pícaro, hazaña que nunca haría en su primer lustro a la sombra de los madroños.

   Una colita de vaca del belga acabó en córner. De Vrij encontró un árbol en el bosque y Ramos, en su salsa, abusó con la testa.

  Pero los nerazzurri pusieron un andamio a mitad del muro a base de highlights. Brozovic diseño un triángulo equilátero con vértices en Barella y Lautaro, un tigre hambriento anticipándose a Varane.  

Vidal afiló el cúter ante Lucas y Turpin castigó con algodón de azúcar.

   Todo comenzó con imprecisiones. Mendy y Ramos pisaron,sin violencia, a su par y Brozovic corneó a Hazard y sonaron las ambulancias. El resucitado de Curtis chutó con la uña un pase de Karim. Fue como volver a ver aquella sonrisa de Stamford Bridge. En la otra cancha,Ramos anticipó con jerarquía pero un rebote dejó a su marca sin sombra; Martínez buscó al segundo palo a Perisic que remató mordido a gol con su zurda.

 El de Bahía Blanca, con superpoderes en esos minutos, agradeció un despeje horizontal de Ferland y volvió a esperar por el croata. El campeón de Europa y plata mundial había desinflado todo su globo. Agarró a Mendy para pedirle piedad a Conte. Se marchó sin coincidir ni un segundo con su amigo, el mago de Zadar.

   Ya nos temíamos un lanzamiento masivo de cócteles molotov para Ramos y Casemiro.  Pero la savia canarinha, todavía con la etiqueta del antirrobo colgada en la espalda,salió a la contra. Vinícius dio un pase extrañamente preciso y Rodrygo,Mariano en los rótulos,encañonó a la red.


  
El Ínter embotelló al Madrid sin morderle el cuello. El 14 de los blancos tuvo dos acciones defensivas defectuosas, se tiró al notar un contacto y provocó una falta sobre Lautaro en la frontal. Alexis,de nuevo sin encontrar el país de las maravillas,tiró los bolos que estaban demasiado cerca. Toque de retreta. Zidane vuelve encontrar una boya. Como siempre que sube la marea.