*Exposición na Igrexa da Universidade de Compostela
promovida polo Consello da Cultura Galega
Cúmprense 800 anos do seu nacemento en Toledo.
O rei de Castela, León e Galicia é fillo de Fernando III el Santo. Se o seu pai reconquistara Córdoba e Sevilla, O Sabio ocupou Xerez e Cádiz. Houbo que repoboar esas zonas. Fundou a Orde de Santa Marta para protexer as costas dos ataques dos piratas e para reforzar a campaña bélica contra os musulmáns do norte de África. Saquearon Salé, a actual Rabat, pero a Orde só sobreviviu sete anos.
(Toma de Cádiz)As guerras militares provocaron crise económica. Porén, a nobreza non estaba contenta porque o monarca pretendía restar o seu poder e riqueza. Incluso se aliou cos burgueses para perxudicar ós nobres.Ese afán por desestabilizalos chegou ata o testamento no que incluiu a lexítima na Partida VI. Moitos fuxiran xa de Castela cando ordena a morte do seu irmán Fadrique.
Tivo fillos de múltiples relacións. Coa súa tía a Bereguer Alfonso. Da acomodada Mayor Guillén de Guzmán veu ó mundo Beatriz de Castela, que chegaría a ser consorte de Portugal e nai de Don Dinís. Elvira Rodríguez de Villada foi a nai de Alfonso Fernández o Neno. Tras superar as dúbidas iniciais sobre a fertilidade de Violante de Aragón naceu Berenguela. Acabaron tendo 11 fillos e sería o se-gundo home,Sancho, o que herdaría o trono tras dous anos de loita contra os fillos do primoxénito, Fernando de la Cerda.
Os milagres marianos compílanse desde o XI nas distintas linguas cristiás.As Cantigas de Santa María falan de conflitos nobiliarios, guerras, doenzas,situacións nos conventos e tabernas… Moitas dos exemplos suceden en Galicia. Son habituais as monxas tentadas a abandonar a vida relixiosa por amor. Din que a lepra, case identificada coa luxuria,provocaba apetito sexual. O rei represéntase nas miniaturas para enxalzar a súa persoa converténdose en intermediario entre Deus, a Virxe e o pobo.
Sacraliza a monarquía. É o chamado feudalismo teolóxico. Entre o seu labor lexislador están o Fuero Real, o Espéculo e as Sete Partidas. O castelán era o idioma da chancelaría. Quería impor o dereito romano para eliminar a disparidade lexislativa de diferentes tradicións xurídicas.
Favoreu o comercio fomentado feiras en moitas cidades, instaurou un sistema aduaneiro e fiscal para mellorar a recaudación de impostos e recoñeceu xuridicamente o Concejo de la Mesta.
As relacións con
árabes e xudeus foron en principio permisivas, quizais por motivos
estratéxicos, pero logo se foron endurecendo. Impulsou a Escola de Tradutores de Toledo
para traducir obras científicas desde o hebreo ou o árabe. Se antes se volcaban
ao latín, na época alfonsina foi ó castelán. O primeiro exemplo foi o Lapidario, tratado sobre astroloxía e as
cualidades máxicas das pedras.
A maior ambición de Alfonso foi,
sen dúbida, o fecho do Imperio.Pola linaxe da súa nai, Beatriz de
Suavia,reivindicou a coroa imperial adicando grandes esforzos políticos e
diplomáticos e moitos cartos. Como quería buscar axudas externas empregou na
lírica o galego, lingua recoñecida internacionalmente na poesía do
Medievo.Estaba apoiado pola República de Pisa.O papa Gregorio X opúxose á
candidatura española e acabou elixindo a Rodolfo de Habsburgo.Tras esa negativa
colocou a súa imaxe en códices e moedas e quixo alomenos convertirse en
emperador de terras hispánicas. Mesmo nos textos históricos, varios deles
inacabados, non se procura a obxectividade senón enaltecer os intereses do
monarca.
O testamento, promulgado en 1283, indicaba que fose soterrado na igrexa de Santa María a Real de Murcia ou en Sevilla agás o corazón que iría para o Monte Calvario de Terra Santa. A realidade é que o seu corpo quedou na cidade hispalense e foi o seu órgano quen foi para terras murcianas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario