Notas da charla de Berta Dávila sobre ILLA DECEPCIÓN
Acto promovido na rede pola Librería Abrente (xoves, 7-I-2021)
Así se chamaba antes de ser rebautizado como Illa Decepción. Eu sempre penso en como é hoxe a vida dos que noutro tempo foron guapos e famosos. Agora que ninguén os para pola rúa. A Dávila interésalle como se asume o fracaso. “Non fago moito distingo entre literatura e vida. A literatura non ten por que ser menos real. E pode ser trivial ao mesmo tempo”.
“A xente quere saber
que hai de verdade e de ficción.Todo é un artefacto.Está todo producido. O que me emociona non é o que pasou senón o
truco de maxia.Merquei unha caixa de postais en Marsella e quería facer unha
peza con materiais atopados como en My
Mexican Bretzel”.
Escribiuno cando Carrusel,”libro que sabía que era moi parodiable”, estaba no prelo. “Foi unha escrita gozosa, limpa, natural. Tiña ganas de falar dese libro cando o escribía. Foi secreto. Fago escaletas moi precisas. Quería unha escritura que só se poidese ler nunha orde”.
“Gústame escribir cousas pequenas. Quería que Algunhas casas tivera alguna subtrama paralela. Descartei 60 ou 70 páxinas pero tampouco me doe. Pechei o libro en decembro ou xaneiro”. Viaxou a un Nova York nevado.No 2020 tamén tiña pensado ir a Marrocos,Croacia e a algún lugar de Asia. Era feliz.Quería revisar Illa Decepción no verán. “Ao chegar o virus precisaba unha rutina porque me sostén moito. Púxenme a correxir o libro que fala da casa como refuxio. Todo tiña agora unha segunda lectura. Non quería escribir a primeira novela galega sobre o confinamento. Nese momento todos fixemos da casa unha illa. Estabamos illados pero todo o que tiñamos era o universo completo”. Iluminada por Joan Didion, muller que bebe champagne e toma sandwiches de pepino e berros. “Dediqueime a escribir sen preocuparme da orde da casa”.
Son característicos os debuxos.“Facía bocetos mentres escribía.Non teño máis recursos para facelos doutro xeito”. Relaciona esa actividade con tocar o piano porque é algo “mecánico e creativo que fago sen pensar,como a xente que debuxa barquiños mentres fala por teléfono”.
Hai referencias á cultura xaponesa. O Animal Crossing é unha metáfora do libro. A primeira versión só se vendeu en Xapón. Por exemplo, se cazan insectos,actividade habitual na infancia aló,e pensaban que non sería exportable. Na novela está o Beautiful Island,videoxogo análogo.
“Cos teus libros sinto que alguén me acompaña. Lin Illa Decepción con moita calma. Dame a sensación de que estás emparentada con Annie Ernaux, Woody Allen, pola importancia do azar, e con Auster”afirma o agarimoso Ismael Ramos. Berta recoñece a influencia de Paul; “lévame a onde quere e me volta a traer”.
“Os lectores moitas veces buscan o que lles gustou do libro anterior”. Ismael concorda. “É doado tender pontes entre as túas novelas pero ningunha é igual. Hai escritores que o fan”.
Moisés Barcia foi o editor de A arte do fracaso.“A xente quere reinventar as novelas. Prescinden de maiúsculas,de puntuación… Paréceme algo inxenuo.Berta derriba os cimentos da novela. En O derradeiro libro de Enma Olsen eran as notas do editor”. A escritora rupturista cre que “a afirmación do autor narrador acaba convertíndoo un obxecto literario. Interésame. Xa o facía Juan José Millás. O que se conta en terceira persoa tamén fala do que lle importa a quen escribe”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario