miércoles, 31 de mayo de 2017

Santiago de compostelán

*Crítrica de Encallados, con impresións do seu director, Alfonso Zarauza


   Zarauza racha cos estándares establecidos. 65 minutos. “A antipelícula que lle da pavor ós produtores”. A medio camiño entre curta e largo. Con esquelete de tv-movie. Rodada baixo mínimos en 16mm e dez días. Un mundo de homes. Con rancor. Cos queixumes de Zahera.
   O Prestige só é un referente. Nin mans brancas, nin paxaros pardos nin manifestacións de indignados un ano despois do 11S. “A primeira vez que este país abreu os ollos e espertou”.

   Unha historia autoreferencial. Uns monicreques que furgan nas súas feridas.  “O meu personaxe cáeme fatal. Fala acastrapado coma min”. Un director abandeirado do cinema alternativo.  As penurias para apañar unha boa financiación. Aforrando en interiores rodados en casas particulares. A presión para sacar un produto á desesperada. Ese é o fuel que traga á creatividade dos artistas,e iso sen meter o pezuño no ive cultural.O fácil que é caer na imitación do cinema clásico. Ou as mil ideas ridículas que desembocan nunha ilusionante. Alfonso airea intimidades como unha ruptura sentimental, a música como terapia e a alerxia ó marisco. A ficción é verídica.A Abonjo so lle falta a boina. Ou non lla porían a Martiño Noriega nun biopic?
   A dicotomía entre o cine e a televisión, “onde os proxectos teñen que saír como churros”. Os Zopilotes “entenden a cultura como algo comercial; lévome ben con Andy aínda que choco creativamente con el”. E a irreverencia de Pato mexando na Porta Santa. 
   “Farruco é o que peor queda”. Como un Rei Midas que busca a recadación con traballadores en negro. Con pósteres no seu despacho dos pícaros mimados, Crebinsky e 18 Comidas.  Tosar como un demiúrgo vaidoso e aloucado.

   Unha cidade en branco e negro. Lonxe dos currunchos comúns. “Non me interesa o Santiago de postal”. Pero os chanzos da Quintana son insubstituíbles. A Praza Máis Belida Do Mundo. 
Buscoulle as cóxegas a Biblioteca Ánxel Casal.  Ou a ángosta rúa Hortas, case unha rebotica do rumoroso Obradoiro.“Existe un mundo pseudobohemio que pulula polos bares. Hai persoas lúcidas, grotescas e fascinantes”. Así cheiran La Flor, A Reixa e O Paraíso Perdido.  O defunto Mosquito,toneles e media lus,rinde homenaxe ós tugurios enxebres con encanto.

miércoles, 17 de mayo de 2017

Vindeira estación, Casares

*Sesión do Ateneo de Santiago co gallo das Letras Galegas 2017
Dolores Vilavedra lembra a figura de Carlos Casares (15-5-2017)

   Un currículum ambicioso.A primeira nota que publicou Dolores Vilavedra foi na Revista Grial cando a dirixía Casares. Asesora na Exposición Galicia cen e no Congreso polos 80 anos da Guerra Civil celebrado o pasado verán. Tradutora de Manolo Rivas e Suso de Toro. Trala laudatio de Pilar Sampedro a relatora agradeceu o convite. “Non quero ser excesivamente académica”.

   Carlos Casares nace no 41 en Ourense, terra de grandes escritores. Que lle dan alí? A auga das Burgas?E lembra a Blanco Amor, Bieito Iglesias, Risco e Álvarez de Novoa, aínda que este chegou o mundo en Granada antes de retornar á terra dos seus.
   Influen nel as tertulias familiares como sucedía na rebotica de Cunqueiro. Estaba fascinado polo estamento eclesiástico como deixará plasmado en Ilustrísima. Un dos tíos era abade en Beiro, preto de Ourense, e outro foi arcebispo na Habana; unha figura seductora que montaba en moto e a cabalo; din que acompañou a Fidel nos comezos da Revolución. A súa nai era relixiosa, non así o seu pai que era mestre.
   Aposta por escribir nunha lingua comunicable. Prefería ventás transparentes a vidrieiras. Esta era a súa teima. Non daba moito a ler os textos.

   Sofre moito no Seminario. Contexto que aproveitará  anos máis tarde para Xoguetes para un tempo prohibido. Un ambiente moi disciplinario do que sae escaldado. Entón racha coa igrexa tras sufrir unha fonda crise espiritual.  Non todo foron mágoas. Logrou unha ampla bagaxe en linguas clásicas.

   No 58 fai o bacharelato entre Xinzo e Ourense.Ábreselle o mundo. Coñece a Risco e a outros galeguistas e eruditos.
   No 62 chega á Universidade. Non lle gustaba falar desta etapa. Pasou crises depresivas, como se aprecia no seu epistolario con Piñeiro, cartas que se van a publicar agora. Aínda se desorientou máis cando morre o seu guía. Estivo a tratamento médico.  Pola crise de fe, o desencanto cunha universidade rancia e franquista, os primeiros pasos dunha vida sexual… “Torturábase”.   Non logrou un expediente brillante. Pasaba longas tempadas na casa para ler.
   Voltou ó fogar un par de anos. Matricúlase en Oviedo.   Participou nas Festas Minervais, certame poético no que un ano queda o terceiro e outro o segundo. Tiña rivais da calidade de Salvador García Bodaño e Arcadio López-Casanova.  Carlos decide orientarse cara a narrativa.

   Hai dous anos paradigmáticos de Casares en Compostela. No 63 se celebra por vez primeira o Día das Letras Galegas, crease a Fundación Penzol e sae á luz a Revista Grial. Comeza así o seu activismo estudiantil en prol do galeguismo. 
Os outros fitos son no 67. A conferencia do profesor Aranguren, expulsado da súa cátedra polo franquismo, remata como o rosario da aurora. Acaban ambos no caldeiro.Tamén se organizou o concerto de Raimon,mito da canción protesta, que se converteu nun acto de masas. García Bodaño e Casares traduciron as letras ó galego. Como colofón, publica Vento Ferido, que causou moita expectación.Un acto de resistencia.

   Dase a curiosidade de que os grandes petrucios da posguerra morren entre o 79 e o 81. É o caso de Celso Emilio, Luis Seoane, Dieste, Cunqueiro e Blanco Amor.  Soben precipitadamente ó cumio os que petaban á porta, Carlos Casares e Méndez Ferrín.

   Comeza entón a Nova Narrativa Galega  a imitación do modelo francés. Rachaban cos modelos estéticos ruralistas e tradicionalistas.Carlos non quería adscribirse a ningunha corrente.

   Había longos silencios entre cada novela, algo característico do seu tempo. Non tivo a presión editorial que sufriu a xeración seguinte, a de Suso de Toro e Manolo Rivas.

   Renegaba de Cambio en tres. Novela experimental na que xoga con caligramas. Parece unha demostración de que non era un escritor rompedor porque non quería selo.

   Con A galiña azul e As laranxas máis laranxas de todas as laranxas aposta polo eido da literatura infantil e xuvenil. Implícase nesta tarefa a que retornará nos noventa coa serie de Toribio.  Teo xurdira a fins dos setenta en Cataluña. Faltaba algo semellante aquí.
   No 71 casa coa sueca Kristina Berg. Unha rapaza exótica, liberal,informal e fumadora.

   Aproba as oposicións no 74 e todo irá a un ritmo máis acelerado. Nunha sociedade xerontocrática conseguiu chegar axiña a postos de gran responsabilidade.Noméano director de Galaxia no 75, ingresa na Real Academia no 77 e no 81 será deputado polo Parlamento de Galicia. Participa na elaboración da normativa ortográfica do galego. No 95 chega a presidente  do Consello da Cultura Galega substituindo a Filgueira Valverde.

   No 73 pensa en facer unha tese. Reúne material e publica artigos e ensaios do que semella unha Historia da Literatura Galega.  O proceso queda abortado no 80. “Non está para o xogo das cambadelas”. Percátase de que non tiña o apoio de certos profesores cos que contaba. Dende entón adicouse á docencia. Non era un mestre “moi dedicado” pero gustáballe e os alumnos tamén. Ademais así gozaba de tempo libre para escribir.
   Xoguetes para un tempo prohibido ten moito de autobiográfica. Clasificaríase de educación sentimental, da crise do final da adolescencia. Na liña de Adiós María, Xente ao lonxe,Dos anxos e os mortos ou A nosa cinza.

   Os Escuros soños de Clío xoga co apócrifo, ca verdade e a mentira. Inaugura o boom da novela histórica que logo continúan Víctor Freixanes e Alfredo Conde. En Europa triunfaran rotundamente as Memorias de Adriano e agora o fará En el Nombre de la rosa. Casares decatouse de que coa literatura se podía contar a nosa historia. “Eu tardei moito en saber quen era o Rei García; me contaran que os Irmandiños foran pouco menos que uns pirómanos”.

   Influido por Albert Camus as tres seguintes novelas versarán sobre a intolerancia. Ilustrísima incide na comunicabilidade.  É realista e non moi extensa. Os mortos daquel verán lembra o drama da Guerra Civil. “Pon unha pica en Flandes xa que intúe por onde virán os tiros na memoria histórica”.  Deus sentado nun sillón azul deixoullo revisar a Dolores e a Monteagudo. Ela decatouse que había unha pasaxe na que uns zapatos de goma resoaban nas laxes dunha rúa con soportais. “Un apunte de raccord”. El mudouno. Cando Henrique quería facer permutas filolóxicas, trocar sombreiro por chapeu, Casares mostrouse inflexible.

   No 2000 vai facer realidade unha das súas paixóns. É un dos escritores seleccionados para subirse ó Expreso da Literatura. Cen autores e sete mil kilómetros por Europa adiante. Un europeísta convencido,como Piñeiro, e socialdemócrata dende que viaxara a Suecia.  Un fetichista dos trens. Tanto que tiña unha enorme maqueta no galpón da súa casa. Coincidiu alá coa escritora portuguesa Inés Pedrosa que tivo unha ocorrencia. Todos debían escoller cal sería o seu epitafio. O de Carlos é ben vitalista: “Aquí xace alguén que nunca quiso morrer, que tivo a sorte de nacer home e non Deus”.  Logo, por iniciativa do PEN Clube acoulleu tres meses na súa casa de Nigrán a un escritor bosnio que fuxía da Guerra dos Balcáns. “Alimentouno moralmente tamén”. Xamais fachendeaba diso. Así era o seu carácter. Seductor. Nada intempestivo nin belixerante. Creaba un clima tan cálido que era moi difícil discutir con el.  
   Entregou unha mañá as notas correxidas de O sol do verán  e morreu de madrugada. “É un oasis de felicidade.Unha obra solar, estival e gozosa”. Tiña moitas responsabilidades institucionais e a redacción da obra permitiulle facer unha paréntese.  Apreciase unha sensibilidade especial para darlle un maior peso ás mulleres. É a intuición, o radar que tiña Casares para aproximarse o que precisaban os tempos.


   Non olvidemos a súa faceta xornalística. A brutal capacidade de escribir dúas décadas unha sección diaria.Así coñecemos ó gato Samuel.  Pousa Estévez leíaos antes ca ninguén porque era o que os maquetaba. “Se estaba de viaxe dictábaos por teléfono”. Seducía os seus fans incondicionais aínda que non fosen galegofalantes.  

lunes, 15 de mayo de 2017

La salud del español

*Conferencia "El lenguaje y las lenguas" impartida por Darío Villanueva
Colegio Mayor Arosa (8-5-2017)

   Darío Villanueva asistió al acto de despedida del curso académico en el Colegio Mayor Arosa. Su discurso fue ágil, ameno y jocoso. Nostálgico de cuando llegó como neófito al Gelmírez.
   “No soy lingüista, soy filólogo. El que mucho abarca poco aprieta”.   Recuerda que el lema de la Real Academia es “Limpia, fija y da esplendor”. “¡Parece de un detergente de lavadoras!”  Y estuvo a punto de implantarse a inicios del siglo XVIII otro eslogan, “Aprueba y reprueba”.

   “Según mi criterio castellano y español son absolutamente sinónimos”. La primera definición mira más hacia el pasado y la otra es más reciente.

   Hay otras tres Academias de la lengua en España. Son el Instituto de Estudios Catalanes, la Euskaltzaindia y la Real Academia Galega. Además existe la Académia Valenciana de la Lléngua pues hay quien defiende que es un idioma independiente del catalán. Aunque sorprenda “la relación entre las Academias es fraternal”, están en permanente comunicación.

   Lenguaje, capacidad que todos tenemos de hablar, no es sinónimo de lengua. Cuando Villanueva visitó Atapuerca quedó fascinado con los avances tras la modificación del hioides, hueso del cuello que permitió articular sonidos de forma operativa.
   Cualquier población, aunque esté en la selva más remota,tiene su idioma. Víctor de Aveyron, encontrado en el Languedoc a finales del XVIII,es uno de los ejemplos de niños que  no sabían hablar al nacer fuera de una comunidad.  
Otro caso es el de las gemelas Kennedy que vivían aisladas con una abuela, que apenas interactuaba con ellas; las niñas acabaron por  inventarse un idioma para comunicarse entre ellas e incluso se pusieron nombres, Poto y Cabengo.
   Hay personas que inventan una palabra y le piden a la Academia que las incluya. Un mejicano se ofendió porque quería permutar el brunch,desayuno fuerte a media mañana, por el término  “desmuerzo”. No consiguió su objetivo porque su uso no había sido frecuente y generalizado.

   El adjetivo mileurista lo inventó una muchacha hace unos quince años. El hallazgo fue tan importante que se incluyó en el español hablado en nuestro país.

   Pero no nos creamos el ombligo del mundo. Los españoles somos apenas el 9% de los hablantes del español. “No nos creamos los propietarios y el resto es una periferia neocolonial”.

   Hay 23 miembros de la Asociación de Academias de la Lengua Española. En América la primera fue la de Colombia, en 1871. Hay otras en Estados Unidos, Puerto Rico, Filipinas… La Ecuatoguineana es desde 2016 el único país africano donde el castellano es lengua cooficial.

   En Inglaterra,USA, Australia o Nueva Zelanda no tienen academia inglesa pese a que es la lengua de comunicación universal. Hasta la II Guerra el idioma de la ciencia era el alemán mientras que el francés era para la diplomacia y la economía.

   Hacia 1815 comenzaron las independencias de los países americanos pero el castellano no se fragmentó como le ocurrió al latín tras caer el Imperio. Hoy lo hablan 500 millones de personas en cuatro de los cinco continentes.  Hay 120 millones de hispanohablantes en México pese a que en el momento de la independencia sólo lo hablaba el veinte por ciento. Tenían lenguas amerindias como el quechua o el maya. Un pequeño país pero con gran densidad poblacional, Guatemala, tiene más de 200 lenguas.

   Las 3000 palabras más comunes en Madrid y Ciudad de México coinciden en un 97%. El resto las deducimos en seguida por el contexto.  En América dicen amigovio 250 millones de personas. Es decir, mantener una relación pero con menos compromiso que el noviazgo. “En España lo decimos de otra manera”. 

   El idioma está en continua efervescencia. “Las Academias vamos tres pasos por detrás de la realidad linguística”.  Se encargan de los tres códigos: ortográfico, gramatical y léxico.

   El salto de la oralidad a la escritura ortográfica hace 3000 ó 3500 años marca el comienzo de la historia. “Si el sistema educativo funciona ni el WhatsApp ni las redes sociales van a destruir la coherencia del español”. Y cita dos ejemplos.  En los manuscritos medievales hay muchas abreviaturas para ahorrar tiempo y porque el soporte era muy escaso. Además se recurría a menudo a los palimpsestos, es decir borrar y luego escribir por encima. Y con el telégrafo, milagro de la tecnología en su tiempo, se escribía sin adjetivos y con lenguaje macarrónico.

   La ortografía francesa es más complicada por los acentos. La dificultad del inglés radica en la diferencia de lo pronunciado a lo escrito. En portugués hay nasalización y perviven las normas portuguesa y brasileña.

   Antonio de Nebrija fue el que fijó la gramática en 1492 y se la dedicó a Isabel La Católica. La Real Academia publicó una gramática monumental en 2010.  El seseo no es exclusivamente americano pues también lo hay en Andalucía y Extremadura. El voseo es una característica rioplatense pero también de Centroamérica.

   En la Academia hay millones de fichas hasta que con la revolución informática de los años ochenta se introdujeron bases de datos.  Hace unos años lo que más se buscaba era el término cultura. En 2014 irrumpió con fuerza el verbo abdicar “por razones obvias”. 

martes, 9 de mayo de 2017

Bendita profesión

Manuel Jabois visita a Cámara de Comercio de Compostela
Conferencia: Galicia desde Madrid (4-5-2016) 

   Talento galego que conquistou os Madriles. O sinalaron co dedo índice. Escollérono para escribir a letra do himno da Décima. Sempre fachendoso do seu madridismo.

   “Beneficieime de internet.Fun bastante pillo.   É un oficio puramente vocacional. Non era un sapientín”.   Certa autocrítica. “As columnas anteriores a 2009 non as podo ler sin sentir vergoña”. Fixo vodas de alto copete, como Valle Inclán.Bromea en relación á anécdota de que o escritor con barba de chibo fixo de casementeiro entre  Anita Delgado e un maharajá.

   Non tivo vida de estudiante en Santiago por prohibición familiar. Tivera algún altercados previos. Só o metían no bus e ía de aquí para alá.

   “Son moi reacio ás patrias. Nunca estiven orgulloso das cousas que me pasaron por casualidade. Son alto e nacín en Galicia de forma azarosa”.


   “Cando marchei do Diario de Pontevedra xa houbera despidos e baixadas de soldo. Os meus compañeiros atoparon traballo nas institucións; non é un xornalismo de raza”.

   Xa estaba no cumio. Gústalle Rastignac, un personaxe de Balzac. Subiu a unha montaña para divisar París; “agora ti e máis eu cara a cara”. “Cheguei a Madrid despois de cuspir cara arriba. Non podía ir á capital pois aquí tiña ADSL. Tódolo que dixen en Irse a Madrid y otras columnas o contradixen na miña vida”. Refuxiouse axiña xunto un grupo de emigrantes.  Leva cinco anos sen ensaiar co galego. Ó pouco de chegar escribiu sobre a morte de Leopoldo Nóvoa. Acusábano de tirar das cousas da casa.
   Nesta última Semana Santa atopouse en Sanxenxo cun antigo amigo que se entregou ó alcohol. Ía gritando que había que matar a tódolos madrileños. Incluso hai pintadas daquilo.

   “Fago reportaxes pero a columna que teño fixa é de opinión.  Só rindo con entusisasmo. Vou almorzar ós bares. En Madrid cren que en toda España se fala da peatonalización da Gran Vía. Non é Macondo”.

   “Non me gusta caer no tipismo. Escapei da España da escaleira, da indecisión. Busco lectores sen dárllelas costas ós cartos. Se soubera escribir en inglés e tivera unha oferta en The Times marcharía.Aquí (referíndose a Galicia) non podes competir. Non se me ocurre un compañeiro que reciba unha boa oferta e a rechace. Hay xornalistas que xa se lles pasou o tempo pero siguen na primeira liña polos servicios prestados”.

   “En El Mundo coidáronme moi ben. O caso Bárcenas costoulle lectores a este medio pois moitos dos lectores son militantes do PP”.
   O Watergate marcou a carreira de Pedro J. Ramírez. “Foi o seu Mobby Dick particular. Ten unha paixón descontrolada. Ten forradas as escenas de película Primera Plana”. “Unha vez roubáronlle o coche blindado na porta do periódico. O caco atemorizouse  e o devolveu ás dúas semanas”.

   “Sego sendo progresista tal e como está El País. Son bastante crítico co meu xornal pero ten unha posición editorial e ideolóxica moi marcada”.

   Falou con Antón Reixa sobre Juan Luis Cebrián. “Leva 40 anos nunha xigantesca lanterna”. Hai unha frase que se atribue a Billy Wilder “é imposible non acabar convertíndote no que os demais cren que eres”.  Acabas sendo escravo do teu personaxe. “Esto sucede sobre todo no xornalismo deportivo pero tamén no político”.
   “Se molesto ao lector de El País non pasa nada. Non podo facelo co conselleiro delegado. Nin criticar ó Banco Santander, un dos seus accionistas. ¡Non probei e ademais  son cliente! Traballando no ABC tería problemas se cuestionase a monarquía xa que hai unha vinculación moi estreita entre redactores y lectores”.

   “La Vanguardia gústame moito e ten correspondentes polo estranxeiro pero é de uso casi exclusivo en Cataluña. Xa non se pode ler en papel en Galicia. La Voz de Galicia non se le fóra da comunidade”.

   Sobre o seu labor na pequena pantalla conta que asistía a Más vale tarde case tódalas semanas unha hora. “Só me enfocaban uns catro minutos”.  “A televisión é o peor que fago. É como se eres un gran medio dereito e che poñen de lateral esquerdo”. “En El País teño a ventaxa de que non poñen fotito. ¡Algúns pensarán que teño setenta anos! Os que me coñecen son porque me leron. Outros me recoñecen pola voz de escoitarme na Cadena Ser”. 

miércoles, 3 de mayo de 2017

Ter un fillo e plantar unha árbore

Feira do Libro de Compostela (luns, 1 de maio do 2017)
Fernando Cimadevila ensina as claves para escribir unha novela

*Publicado en El Faro de Vigo (7-5-2019)


   Fernando Cimadevila non fixo un obradoiro. Non repartiu lapis e ideou exercicios de redacción. Pero foi moi didáctico e cravou os tempos. Ninguén fixo preguntas en público. “Algunha vez te alegraches tras un desengano amoroso pois tiñas para un bo guión?Pensei”.
   Construír unha novela implica a creación de todo un universo. Hai que facer un pacto co lector, a coñecida como suspensión da incredulidade. Xamais podes rachar coas normas e pautas.  Facelo e como os que van o teatro e non apagan o son do móbil.

   Non hai fronteiras. Teñen cabida a crítica, os mapas, as fotos, os artigos xornalísticos…

   En Sudamérica e nos países anglosaxóns os contos teñen máis tradición que en España. Somos máis de novela. Pero que sexan máis miúdos non significa que sexan máis sinxelos.

   Para iniciar o traballo temos que ter ben claro o que queremos contar. Debería resumirse iso nunha soa frase. Por exemplo a historia dunha familia, un desamor, unha enfermidade…   O escritor ademáis debe vivir o presente e aprender do pasado.

   “Todos cando escribimos nos sentimos iluminados”.Cada día temos inspiracións.Pero é necesario ler,informarnos e documentarnos. “Escribín Acariciando o ceo sobre alpinismo e o máis alto que subín foi ó Pedroso. Tiven que ver National Geographic e algúns capítulos de Calleja”.
   Empaticemos cos personaxes. Teñen que ser interesantes. E diferenciar entre principais e secundarios ou antagonistas. Debe haber sinerxias entre eles,como se fora unha dínamo. Evitar maniqueísmos. “A xente non é mala de por sí, sen un motivo”.  Non é necesario ter dous personaxes que se parezan moito; nese caso o mellor sacrificar un e fundilos.

   Outro asunto imprescindible é a elección do narrador máis axeitado. Non ten por que ser o escritor. En Forrest Gump querían contar a historia de USA desde a perspectiva dun rapaz. O problema é que o neno medra. Solventaron o atranco cun home con problemas intelectuais.

   Hai que deixarse levar polo compás do escritor, a improvisación. Así a historia terá máis graza, será máis fresca e nos sentiremos mellor con nós memos.

   Precisamos unha rutina para a escrita. Algo difícil polas obrigas familiares e laborais. E un apoio persoal, un látigo que nos obrigue a non desistir. É interesante escoitar outras opinións.

   Reler e correxir é case máis importante que escribir. “Se a noite anterior puxeches algo raro saltan as alarmas”.  Jack London dicía que publicaba para deixar de reescribir.  Primeiro un borrador. Comezar polas escenas que teñamos claras aínda que non sexan as primeiras.
   De Carlos Negro aprendeu que cada palabra é importante. Busquemos termos que evoquen situacións como na poesía.
   “Para abstraerme non acostumo a escribir con música. Camiño moito para visualizar. O cine axúdamos a ver escenas”. 
   Non pensemos en escribir o que está de moda senón no que nos sintamos máis cómodos. Non vale quedarse coa primeira idea. Profundicemos. Con Internet sabemos que todo está escrito. Debemos empaparnos ben do xénero que traballemos. En novela negra os lectores dan moitos paos mentres que nas obras románticas son algo máis benevolentes.

   O fin último do escritor é o autocoñecemento. Aínda que todo proceso artístico tamén ten o obxectivo de saír ó mundo exterior para coñecer o feed back que provoca.  

viernes, 28 de abril de 2017

Gárgolas

*Visita Guiada en Compostela el lunes 24 de abril de 2017


   Juan García Segade ejerce de guía para conmemorar los dos años de su página web. Estas esculturas mantienen muchas veces una iconografía profana sobre un edificio sacro.  Todo lo recaudado irá destinado a investigar sobre la biopsia líquida.Promete transparencia.Ya había realizado una visita al Pazo de Faramello.  “Mi desafío es no tocar la Catedral; se puede vivir sin ella”.

   San Martín Pinario fue el monasterio que más posesiones atesoró de toda Galicia. Quería construir unas torres más elevadas que las de la Catedral; tuvieron que movilizarse los sacerdotes para pedirle una bula al Papa que lo impidiese. El edificio benedictino que custodia los últimos metros del Camino Francés es del X. Pero las gárgolas son del XVIII. En la parte alta de la fachada se representa la leyenda de San Benito, patrón de Europa; querían envenenarlo pero él cedió el pan a su cuervo que fue quien murió.

   En el suelo de la Plaza de la Inmaculada aún se pueden apreciar agujeros que serían empleados para jugar al alquerque. Quedan vestigios también de este divertimento originario de Egipto en la Torre de las Campanas de la Catedral y en el Convento de Santa Clara. Incluso en zonas de trincheras de la I y II Guerra Mundial.

   En cuanto a las gárgolas,que podrían ser en torno a las setenta ,hay una mantícora, ser exótico de la India con cabeza humana y cuerpo de león. Y un simio que, según la leyenda, mea siete veces de noche cuando llega el equinoccio.  Hay un áspid, animal que acabó con la vida de Cleopatra.  Y un dragón en disposición de emprender a volar; cuando tienen hambre no trituran a su presa sino que la devoran entera.   La favorita de Juan es una sirena, a las que Castelao consideraba antepasadas del pueblo gallego. Si seguimos rodeando el inmueble por Moeda Vella observaremos un águila y un moro que enseña la lengua, como penitencia por sus pecados.  Casi hacen falta unos prismáticos para distinguir a un ser con dolor de muelas y un peregrino, ataviado con su sombrero, una cabra, un pegaso y una caricatura grotesca.  Y no nos olvidemos de las de Val de Deus, calle que transita en paralelo a San Francisco. En lo alto pasan casi desapercibidas.  Hay un buen surtido de animales: jabalíes, águilas, cabras…
   En un lateral de la Casa de la Parra, ornamentada con símbolos florales, está grabado el antiguo escudo del Reino de Galicia. Hay siete grifos.  Se trata de un ser mitológico, mitad águila y mitad león. Son nobles y leales aunque se llevan mal con los caballos; guardan oro y piedras preciosas.  También hay un pez sierra con alas cortantes.


   En San Paio de Antealtares, además de jabalíes, hay una harpía. Es un ser mitológico con rostro de mujer bella y cuerpo de ave de rapiña que destaca por su falsedad. Y haciendo esquina con la Conga un lince en postura de ataque. Son animales inquietos con una visión que, dicen, puede atravesar muros; cuando orina sobre la piedra esta se transforma en piedras preciosas.

   En la intersección de Platerías con Rúa do Vilar un aliviadero tiene forma de cañón jacobino. Dejando atrás la Casa del Deán hay a ras de suelo hay una cañería rematada en testa de reptil.

   En Fonseca se rastrean los orígenes de la Universidad en nuestra ciudad. El promotor fue Alonso III de Fonseca, cuya familia tuvo un peso importante en Salamanca y Sevilla. Hay muchas gárgolas cubiertas de musgo en el claustro: grifos, un ángel con pechos…























   El Hostal de los Reyes Católicos, que llegó a contar con jurisdicción propia, tuvo cementerio de peregrinos, bodegas, caballerizas e incluso un depósito de sanguijuelas. Mick Jagger afirmó que allí estaba alojado un fantasma. En la cornisa hay seis  gárgolas obscenas que recuerdan al Jardín de las Delicias.  Uno, en una postura impúdica, enseña su trasero y testículos. Y en la fachada plateresca,Adán y Eva desnudos. Donde el edificio se besa con la Facultad de Medicina hay una Gorgona o Catablepona. Es una mujer guerrera y alada,como Medusa, que te deja petrificado con la mirada. Le pesa la cabeza y no logra levantarla. Su aliento es fétido y picante.

   Ya a extramuros, está el palacete de la Finca do Espiño que tiene grifos y perros de cemento. 
Se debate sobre si la primera casa de la ciudad en este material fue aquella o el hogar del escultor López Pedre en la calle del Pombal. Lo más característico,dejando a un lado bulos, es el Lammasu con turbante que preside la fachada. Es un icono babilónico que amalgama cuerpo de león o toro, como ocurre aquí, alas de águila y rostro humano. Parece que está ubicado con intención de que desde un punto de la Alameda destacase en medio de las Torres del templo cristiano. 

martes, 18 de abril de 2017

Das cloacas ao éter

*Conferencias de Carlos Bernárdez sobre Maruja Mallo
 no Ciclo Nexos da Cidade da Cultura (1-4-2017) e no Ateneo de Santiago (3-4-2017)

   Carlos Bernárdez reivindica a obra pictórica de Maruja Mallo.Pinta saíndose do convencional. Se se aproxima a algún movemento será sempre dun xeito particular e orixinal. A muller no seu tempo estaba cosificada. Eran só modelos.  Pero Maruja pon o feminino en activo.

   Naceu en Viveiro pero case non viviu alí. Tiña unha familia numerosa. O pai, madrileño, era funcionario do estado.  En Corcubión pasa parte importante da súa infancia. Vive cos tíos ata os once ou doce anos. Os proxenitores se instalan en Madrid para facilitar os estudos dos fillos. Maruja fórmase na Academia de Belas Artes de San Fernando. Ela rematou pero o seu compañeiro Salvador Dalí foi expulsado. A obra Sueños noctámbulos do autor de Figueras reflexa aquelas saídas nocturnas. Unha daquelas curuxas era o pintor uruguaio Rafael Barradas.
   Nos anos vinte en Madrid respirábase a resaca da I Guerra e do cubismo. O maior coñecemento das vangardas viña a través de revistas como a italiana Valori Plastici.  Dase unha figuración renovada de entreguerras que recibe o nome de Nueva Objetividad en Alemaña; La Vuelta al Orden en Francia e en Italia Mario Sironi é o máximo expoñente do Novecento.  Son tempos postcubistas.   A Revista Occidente traduce o libro Realismo Mágico do crítico Franz Roh. Influe en moitos artistas, incluso nos galegos Colmeiro ou Maside.

   Maruja racha con todo. Debuxa mulleres que usan roupa cómoda, fan deporte…  Ciclista é un cadro desaparecido que representa a súa amiga Concha Méndez.  
   La mujer de la cabra pintouno no ano 27 en Canarias. Decidida monumentalidade na figura e influenzas étnicas. Por alá se movía o crítico Eduardo Westerdahl.
   A primeira exposición importante foi na Revista Occidente. O mundo das verbenas e a captación do popular está moi de moda no contexto europeo. Tamén está nas súas inquedanzas. O cadro Carrusel dun artista alemán,que tamén aparecía no catálogo de Roh,  é un bo exemplo. Amosa dinamismo, planos fragmentados…  Estes temas están moi presentes en Arturo Souto. Ou Amando Suárez Couto que é o autor de Tiro al blanco; lamentablemente destruiu os seus cadros pois os seus contemporáneos non entendían a súa arte.

   Fixo Guía postal de Lugo para unha publicidade da Diputación. Hai fragmentarismo e plasma elementos populares: louza de Sargadelos, a muralla ou o Colexio do Cardeal. Lembra á Aero-pintura Italiana, un futurismo serodio, polos bólidos e contrapicados. Os edificios recordan ós de Giorgio de Chirico. E un certo atrevemento coa muller que camiña soa en bañador.
   Cando chega a República o Goberno leva unha exposición por Europa e non se olvidan da obra de Maruja. Xa era unha artista referencial.  

   Elementos para el deporte é unha natureza morta da modernidade. De novo insiste cos avións. Fala dunha muller libre que é destruida polo franquismo.
   Estampa é un maniquí nun escaparate. Ten un estilo a algunhas escenas de Metrópolis de Fritz Lang ou as representacións artísticas da Alemaña na República de Weimar.
   O escultor Alberto, Benjamín Palencia, ela e outros trasládanse á Vallecas. Nesta segunda etapa pictórica xa non son cadros de esperanza. Senón máis afíns ó surrealismo de Buñuel, na liña de El perro andaluz. Míranse as tensións da España máis negra e escura. Realidades case telúricas. É o tempo da serie Cloacas e Campanarios e de Basura.    A poesía de Rafael Alberti, o seu mozo neste intre, verase moi influida por ela.
   No 32 vai estudiar escenografía a París cunha bolsa. A súa estadía chega ós once meses. Logra expor na Galería de Pierre Loeb, que “era de primeira división”.Alí era donde se daban a coñecer os surrealistas. Bretón cómpralle unha obra e a mantivo ata a súa norte.  O poeta Paul Éluard tamén tiña interese pero non cartos.   Coñece o uruguaio Joaquín Torres García, que a duplicaba en idade.Estaba interesado na didáctica de autores novos. Era un teórico da arte do grupo Círculo y Cuadrado que se opuña ó surrealismo pragmáticamente.  Expuso despois de Maruja en Pierre e veu canda ela a Madrid.

   Ó regreso tiña boa recepción nos medios de comunicación aínda que provocaba algúns roxelos. Dase outro chimpo radical no seu estilo.Está influida pola concepción xeometrista de Torres García.Non está moi distante do Picasso dos anos trinta. Nun tempo ameazador, de ascenso dos fascismos, manifesta unha idiosincrasia social. Sorpresa del Trigo chegou tralo derradeiro primeiro de maio antes do Levantamento. 
Xa fixera un cadro semellante, Canto de las Espigas, cunha vontade case muralista próxima a Fernard Léger. Aínda que o único mural propiamente dito faríao vinte anos despois en Buenos Aires. 
   No intre da sublevación do 36 estaba en Beluso.Por alí andaban Alberto Fernández“Mezquita” do POUM ou Xoan Carballeira, alcalde de Bueu que exercía tamén de poeta e xornalista. No “Cuaderno de Bueu” pinta mariñeiros, dornas, aparellos do mar, peixes, risóns…Recurrirá a estes temas,que eran os mesmos cos da Nova Obxectividade do seu amigo o fotógrafo José Suárez, logo no exilio.

   Pasa por Lavadores, en Vigo,onde estaban os seus tíos e en xaneiro marcha legalmente. Tiña un convite na Arxentina. Alí a republicana rexeneracionista afoutouse a escribir sobre a represión e de sucesos coma o asasinato de Alexandre Bóveda.    A primeira obra no exilio é Arquitectura humana.
A muller, casi sacerdotisa, parece unha Dama de Elche. As mans aparecen hipercaracterizadas.  En América non queda deslocalizada como lle aconteceu a outros como o pintor alemán George Grosz. Adáptase ó contexto americanista e busca novos estímulos. Crea unha iconografía singular cunha enorme potencia visual. As súas figuras semellan máscaras ou arquetipos. Oro é unha persoa de cabelo loiro e faciana escura. Supera así o racismo e outros apriorismos étnicos moi de moda na II Guerra.  Cando descubre o Pacífico adícase á pintura de cunchas.
   Maruja cría que o franquismo toleraba o informalismo de pintores como Manolo Millares ou Antonio Saura.   A finais dos cincuenta acaba a súa obra máis potente. Logo xa non ten a mesma entidade. Cando retorna a España no 62 a lousa do franquismo era moi pesada. E  a memoria dos exilios borrada.  Pintores como Francisco Miguel ou Camilo Díaz foran asasinados na Guerra.


   “O mal chamado Reina Sofía debería facer unha exposición sobre ela para calibrar a magnitude da súa obra”.   Para Bernárdez a obra da pintora galega está moi por riba da de Tamara de Lempicka e Frida Kahlo.A postcubista polaca discípula de André Lhote “foi interesante apenas dez anos”.  A mexicana “destacaba en capacidade de comunicación pero é torpe. É infinitamente peor que Maruja e non ten a súa potencia formal”.