Feira do Libro de Compostela (luns, 1 de maio do 2017)
Fernando Cimadevila ensina as claves para escribir unha novela
*Publicado en El Faro de Vigo (7-5-2019)
*Publicado en El Faro de Vigo (7-5-2019)
Fernando Cimadevila
non fixo un obradoiro. Non repartiu lapis e ideou exercicios de redacción. Pero
foi moi didáctico e cravou os tempos. Ninguén fixo preguntas en público.
“Algunha vez te alegraches tras un desengano amoroso pois tiñas para un bo guión?Pensei”.
Construír unha
novela implica a creación de todo un universo. Hai que facer un pacto co
lector, a coñecida como suspensión da incredulidade. Xamais podes rachar coas
normas e pautas. Facelo e como os que
van o teatro e non apagan o son do móbil.
Non hai fronteiras.
Teñen cabida a crítica, os mapas, as fotos, os artigos xornalísticos…
En Sudamérica e nos
países anglosaxóns os contos teñen máis tradición que en España. Somos máis de
novela. Pero que sexan máis miúdos non significa que sexan máis sinxelos.
Para iniciar o
traballo temos que ter ben claro o que queremos contar. Debería resumirse iso
nunha soa frase. Por exemplo a historia dunha familia, un desamor, unha
enfermidade… O escritor ademáis debe
vivir o presente e aprender do pasado.
“Todos cando
escribimos nos sentimos iluminados”.Cada día temos inspiracións.Pero é
necesario ler,informarnos e documentarnos. “Escribín Acariciando o ceo sobre alpinismo e o máis alto que subín foi ó
Pedroso. Tiven que ver National Geographic e algúns capítulos de Calleja”.
Empaticemos cos
personaxes. Teñen que ser interesantes. E diferenciar entre principais e
secundarios ou antagonistas. Debe haber sinerxias entre eles,como se fora unha
dínamo. Evitar maniqueísmos. “A xente non é mala de por sí, sen un
motivo”. Non é necesario ter dous
personaxes que se parezan moito; nese caso o mellor sacrificar un e fundilos.
Outro asunto
imprescindible é a elección do narrador máis axeitado. Non ten por que ser o
escritor. En Forrest Gump querían
contar a historia de USA desde a perspectiva dun rapaz. O problema é que o neno
medra. Solventaron o atranco cun home con problemas intelectuais.
Hai que deixarse
levar polo compás do escritor, a improvisación. Así a historia terá máis graza,
será máis fresca e nos sentiremos mellor con nós memos.
Precisamos unha
rutina para a escrita. Algo difícil polas obrigas familiares e laborais. E un
apoio persoal, un látigo que nos obrigue a non desistir. É interesante escoitar
outras opinións.
Reler e correxir é
case máis importante que escribir. “Se a noite anterior puxeches algo raro
saltan as alarmas”. Jack London dicía
que publicaba para deixar de reescribir.
Primeiro un borrador. Comezar polas escenas que teñamos claras aínda que
non sexan as primeiras.
De Carlos Negro
aprendeu que cada palabra é importante. Busquemos termos que evoquen situacións
como na poesía.
“Para abstraerme
non acostumo a escribir con música. Camiño moito para visualizar. O cine
axúdamos a ver escenas”.
Non pensemos en
escribir o que está de moda senón no que nos sintamos máis cómodos. Non vale
quedarse coa primeira idea. Profundicemos. Con Internet sabemos que todo está
escrito. Debemos empaparnos ben do xénero que traballemos. En novela negra os
lectores dan moitos paos mentres que nas obras románticas son algo máis
benevolentes.
O fin último do escritor é o autocoñecemento. Aínda que todo proceso artístico tamén ten o obxectivo de saír ó mundo exterior para coñecer o feed back que provoca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario