miércoles, 31 de mayo de 2017

Santiago de compostelán

*Crítrica de Encallados, con impresións do seu director, Alfonso Zarauza


   Zarauza racha cos estándares establecidos. 65 minutos. “A antipelícula que lle da pavor ós produtores”. A medio camiño entre curta e largo. Con esquelete de tv-movie. Rodada baixo mínimos en 16mm e dez días. Un mundo de homes. Con rancor. Cos queixumes de Zahera.
   O Prestige só é un referente. Nin mans brancas, nin paxaros pardos nin manifestacións de indignados un ano despois do 11S. “A primeira vez que este país abreu os ollos e espertou”.

   Unha historia autoreferencial. Uns monicreques que furgan nas súas feridas.  “O meu personaxe cáeme fatal. Fala acastrapado coma min”. Un director abandeirado do cinema alternativo.  As penurias para apañar unha boa financiación. Aforrando en interiores rodados en casas particulares. A presión para sacar un produto á desesperada. Ese é o fuel que traga á creatividade dos artistas,e iso sen meter o pezuño no ive cultural.O fácil que é caer na imitación do cinema clásico. Ou as mil ideas ridículas que desembocan nunha ilusionante. Alfonso airea intimidades como unha ruptura sentimental, a música como terapia e a alerxia ó marisco. A ficción é verídica.A Abonjo so lle falta a boina. Ou non lla porían a Martiño Noriega nun biopic?
   A dicotomía entre o cine e a televisión, “onde os proxectos teñen que saír como churros”. Os Zopilotes “entenden a cultura como algo comercial; lévome ben con Andy aínda que choco creativamente con el”. E a irreverencia de Pato mexando na Porta Santa. 
   “Farruco é o que peor queda”. Como un Rei Midas que busca a recadación con traballadores en negro. Con pósteres no seu despacho dos pícaros mimados, Crebinsky e 18 Comidas.  Tosar como un demiúrgo vaidoso e aloucado.

   Unha cidade en branco e negro. Lonxe dos currunchos comúns. “Non me interesa o Santiago de postal”. Pero os chanzos da Quintana son insubstituíbles. A Praza Máis Belida Do Mundo. 
Buscoulle as cóxegas a Biblioteca Ánxel Casal.  Ou a ángosta rúa Hortas, case unha rebotica do rumoroso Obradoiro.“Existe un mundo pseudobohemio que pulula polos bares. Hai persoas lúcidas, grotescas e fascinantes”. Así cheiran La Flor, A Reixa e O Paraíso PerdidoO defunto Mosquito,toneles e media lus,rinde homenaxe ós tugurios enxebres con encanto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario