Manuel Jabois visita a Cámara de Comercio de Compostela
Conferencia: Galicia desde Madrid (4-5-2016)
Talento galego que
conquistou os Madriles. O sinalaron
co dedo índice. Escollérono para escribir a letra do himno da Décima. Sempre
fachendoso do seu madridismo.
“Beneficieime de internet.Fun
bastante pillo. É un oficio puramente
vocacional. Non era un sapientín”. Certa autocrítica. “As columnas anteriores a
2009 non as podo ler sin sentir vergoña”. Fixo vodas de alto copete, como Valle
Inclán.Bromea en relación á anécdota de que o escritor con barba de chibo fixo
de casementeiro entre Anita Delgado e un maharajá.
Non tivo vida de
estudiante en Santiago por
prohibición familiar. Tivera algún altercados previos. Só o metían no bus e ía
de aquí para alá.
“Son moi reacio ás
patrias. Nunca estiven orgulloso das cousas que me pasaron por casualidade. Son
alto e nacín en Galicia de forma azarosa”.
“Cando marchei do Diario de Pontevedra xa houbera despidos
e baixadas de soldo. Os meus compañeiros atoparon traballo nas institucións;
non é un xornalismo de raza”.
Xa estaba no cumio.
Gústalle Rastignac, un personaxe de Balzac. Subiu a unha montaña para divisar
París; “agora ti e máis eu cara a cara”. “Cheguei a Madrid despois de cuspir
cara arriba. Non podía ir á capital pois aquí tiña ADSL. Tódolo que dixen en Irse a Madrid y otras columnas o
contradixen na miña vida”. Refuxiouse axiña xunto un grupo de
emigrantes. Leva cinco anos sen ensaiar
co galego. Ó pouco de chegar escribiu sobre a morte de Leopoldo Nóvoa. Acusábano de tirar das cousas da casa.
Nesta última Semana
Santa atopouse en Sanxenxo cun antigo amigo que se entregou ó alcohol. Ía
gritando que había que matar a tódolos madrileños. Incluso hai pintadas
daquilo.
“Fago reportaxes
pero a columna que teño fixa é de opinión. Só rindo con entusisasmo. Vou almorzar ós
bares. En Madrid cren que en toda España se fala da peatonalización da Gran Vía.
Non é Macondo”.
“Non me gusta caer
no tipismo. Escapei da España da escaleira, da indecisión. Busco lectores sen
dárllelas costas ós cartos. Se soubera escribir en inglés e tivera unha oferta
en The Times marcharía.Aquí
(referíndose a Galicia) non podes competir. Non se me ocurre un compañeiro que
reciba unha boa oferta e a rechace. Hay xornalistas que xa se lles pasou o
tempo pero siguen na primeira liña polos servicios prestados”.
“En El Mundo coidáronme moi ben. O caso
Bárcenas costoulle lectores a este medio pois moitos dos lectores son
militantes do PP”.
O Watergate marcou
a carreira de Pedro J. Ramírez. “Foi
o seu Mobby Dick particular. Ten unha paixón descontrolada. Ten forradas as
escenas de película Primera Plana”.
“Unha vez roubáronlle o coche blindado na porta do periódico. O caco
atemorizouse e o devolveu ás dúas
semanas”.
“Sego sendo
progresista tal e como está El País.
Son bastante crítico co meu xornal pero ten unha posición editorial e
ideolóxica moi marcada”.
Falou con Antón
Reixa sobre Juan Luis Cebrián. “Leva
40 anos nunha xigantesca lanterna”. Hai unha frase que se atribue a Billy
Wilder “é imposible non acabar convertíndote no que os demais cren que
eres”. Acabas sendo escravo do teu
personaxe. “Esto sucede sobre todo no xornalismo deportivo pero tamén no
político”.
“Se molesto ao
lector de El País non pasa nada. Non
podo facelo co conselleiro delegado. Nin criticar ó Banco Santander, un dos seus
accionistas. ¡Non probei e ademais son
cliente! Traballando no ABC tería
problemas se cuestionase a monarquía xa que hai unha vinculación moi estreita
entre redactores y lectores”.
“La
Vanguardia gústame moito e ten correspondentes polo estranxeiro pero é de
uso casi exclusivo en Cataluña. Xa non se pode ler en papel en Galicia. La Voz de Galicia non se le fóra da
comunidade”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario