jueves, 17 de mayo de 2018

Unha historia de amor


*Sesión do Ateneo de Santiago co gallo das Letras galegas 2018
Xesús Rábade fala de María Victoria Moreno

*Artigo publicado en El Faro de Vigo (21-5-2018)


   Unha creadora galega. Editora, tradutora e conferenciante. Lírica e satírica. Coleccionista. Na súa biblioteca tiña cen edicións de El Quijote. Cuarta muller á que se lle adican as Letras Galegas. Nas tres últimas edicións foron para escritores con moita produción en literatura infantil.

   A “Peregrina cacereña chega ó Instituto de Lugo a principios dos 60.Ven acompañada dun cego, o seu Lazarillo. “Daba amor e non era correspondida”.  Aínda que dende entón soporta cargas familiares segue con vontade de escribir.Daquela fixo contos e relatos curtos preciosistas.

   Xesús Rábade foi o seu alumno durante dous cursos. O poeta , que comezou polos tercetos encadenados, mantiña mesmo relación epistolar coa mestra en temporada estival. Tamén visitou a casa paterna do Viaxeiro invisible en Seixas. Ela asistía ás clases voluntarias de literatura galega que impartía Alonso Montero. Como docente formaría moitos lectores.

   Xa na cidade do Lérez, abriu xunto a outros intelectuais a Librería Xuntanza, onde se podían atopar publicacións prohibidas. Incómoda para o Réxime, deciden retirarlle o pasaporte.

   Os protagonistas das súas obras adoitan ser adolescentes pero os lectores non foron só os mozos. Fíxase unha esixencia máxima na súa literatura. Semellan experiencias vividas. Aparecen personaxes reais e topónimos. Cun punto de vista sempre optimista.
   Deulle problemas a antoloxía sobre Os Novísimos da poesía galega. A crítica dixo que eran “epígonos da poesía social”.  Akal tivo que censurar un poema de Alfredo Conde sobre El Che.

   Mar Adiante, o seu primeiro libro infantil. Fala dunha escola subversiva e libre que non se parece á realidade. Festa do faiado  é un antecente cruel de Toy Story. Cando non gaña o primeiro premio por Leonardo e os fontaneiros  comentou “hai xurados que non saben ler”; tiña criterio, formado na Complutense con Dámaso Alonso, e seguridade en si mesma. Anagnórise segue, como Onde o aire non era brisa, de rabiosa actualidade. Non ignora o problema da droga en Guedellas de seda e liño que sufriu co seu propio fillo.

   En Diario da luz e sombra narra a súa loita contra o cancro de mama. Levaba cinco anos co mal e morrería o ano seguinte. Pero, afirma Mercedes Queizás, “con esperanza, afouteza e humor negro”. Con paralelismos con Futuro Imperfecto, no que Xulia Alonso fala da sida, ou E os domingos un croissant , onde Ursula Heinze conta a experiencia propia nun psiquiátrico.

viernes, 11 de mayo de 2018

Nada que dicir


*Faladoiro da Facultade de Xonalismo sobre o piso das maquetas grises
Con Anxos Fazáns, que mañá cumpre 26 anos, e Ángel Santos (8-5-2018)

   Jabois escribiu A estación violenta con menos de vinte anos.Metafórico e poético. Co seu gusto polos poetas franceses e o romanticismo de Fitzgerald. Xa o primeiro parágrafo arranca con nostalxia. Hai poucos diálogos explícitos. Mestura continuamente pasado e presente. Hai linealidade temporal pero non é obvia.Trae lembranzas, como cando pescaba co seu avó.

   “A película está bastante disociada da novela. Jabois permitiunos reescribir con liberdade”. comenta Ángel Santos; “ás veces un se cansa de escoitar a súa voz; cando colles un material alleo descobres outros camiños”. Ó director de Las altas presiones gústalle plantear tódolos conflitos como nunha novela do XIX. Prefire ó principio escribir de máis para logo ir desbrozando.  “Un traballo de contraimaxinación”.

  Houbo catro guionistas.Un deles é Dani Froiz,da produtora Matriuska.Outro foi Xacobe Casas, ó que Jabois lle adicara a novela.“Propuña cousas moi alocadas e interesantes”para Ángel. Anxos estivo un ano co texto.Na biblioteca para concentrarse.Quedaba  o casting e as localizacións.

   Está ambientada entre Pontevedra, Santiago e San Vicente.  “Non me gusta escribir sobre espazos abstractos senón sobre itinerarios concretos” opina Santos.” A novela ás veces parece Compostela, outras Sevilla, cheira a azahar, ou Los Ángeles. Hai palmeiras e peregrinos”.


   Unha das temáticas principais é falar dunha xeración cun futuro desolador. Sen estabilidade laboral. Con moita frustración.

   A novela transmite moita sensualidade non explícita. Anxos, na liña de Nan Goldin, interésase polo choque dos corpos e a tensión física. Ángel é máis pudoroso.   Arranca a película e todos se ispen,rebrincan e se bañan na praia. Todo moi onírico. A música xera un ton tristeiro;  “algo non vai ben”.   Logo hai unha elipse e un tipo desorientado no sofá.

   Manuel na novela non ten nome. Está en primeira persoa. Funciona ben así co nome do autor. Está estancado.Falto de aloumiño e amor propio. O seu presente é unha rutina decadente, con moita nocturnidade.  “Ía ser Tamar Novas pero non acababa de funcionar ben”. Houbo dúas alternativas. Alberto Rolán fixo a proba. Liou un cigarro, bebeu a cervexa e fitou para as adolescentes que saían da piscina. “Encandiloume. Sen ser tan técnico transmite moito”.

   Claudia é un personaxe idealizado. O celme de todo. As súas costas marcan o comezo, todo un presaxio. Defínese cando afirma “ás veces penso que non morrín a tempo”. Nerea Barros é a única actriz que está desde o proxecto inicial. Xa traballara en Area, curto do ano anterior.
   David pasa de ser deportista  a músico. É o que se queda coa rapaza. “Son fan de Xosé Barato desde Historias de Galicia e Cuarto sen ascensor. Non é forte físicamente pero ten serenidade na mirada” confesa Anxos.

   Cando os tres se reencontran tiñan moito que dicirse pero hai moitos silencios e frialdade.  Ahí ven o título da obra que alude ao verán que pasaron xuntos.Hai que aprender a querer ós tres protagonistas; “son idiotas e egoístas”.  Contrarrestan a negatividade da tríade Antía, que non existía no libro, e Daniela; esta é a irmá de David que para Jabois era máis frívola e agora queda abraiada cos maiores cando é máis madura ca eles. “Esta interpretada por Laura, que é cantante. Un descubrimento. Axúdalle a súa falta de ego”.

lunes, 7 de mayo de 2018

No soy el ojo de Dios


*Encuentro en Numax con el director Nobuhiro Suwa
Traducción a cargo de Casa Galicia-Japón

   Su primer largometraje fue 2/Dúo. Analiza una escena que filmó el primer día de rodaje. Vemos una pareja de novios. El chico le cuenta su sueño pero ella tiene prisa por ir a trabajar. Los actores improvisaban sin guión.   Cuando en la mayoría de las películas los intérpretes deben ser obedientes y sumisos. Aquí ella aparece semiescondida. “Pero yo no soy un director normal. No pasa nada porque algunas partes no estén a la vista”.

   Luego utilizó ese recurso el resto de la película de una manera consciente. En otra escena el protagonista, un actor al que no le va muy bien, le pide la mano a su chica para remontar el vuelo. “No parece buena persona”. A él, de espaldas, se le ve por un reflejo del espejo. Otros directores elegirían otro plano donde se le viera bien la cara. Nobuhiro tenía poco presupuesto así que, con su decisión e instinto, también ahorraba costes.
   No le gusta cortar y cambiar ángulos. Disfruta con el caos. “En los rodajes hay accidentes, desastres pero el resultado final del filme no es una casualidad. La edición no se improvisa.Mi trabajo se parece al de un escultor pero la madera tiene sus propiedades y no es siempre igual”. 

   Hay escritores como Honoré de Bazac que ya tienen toda la información cuando empiezan a escribir. Y otros como Camus.En El Extranjero Meursault ni se acuerda cuando murió su madre; “fue ayer o anteayer”. Como si hubiera en el mundo una parte irreal.
 Más observador que omnisciente.“Quiero ser un director cero.No quiero estar en posición para dirigir todo el mundo.  Hay veces que la cámara parece estar en todas partes pero ese no es mi estilo”.

   En Yuki & Nina ya fue consciente de las diferencias entre Francia y Japón. Es una fusión de culturas porque también había un director galo, Girardot.  “Los franceses, que conozco bien, nunca están de acuerdo con nadie”. La sociedad japonesa es igualitaria. “Nos cuesta oponernos a los demás”. Utilizan más el plural porque siempre trabajan en equipo. Fue después de las guerras mundiales cuando empezaron a pensar como un colectivo. Y muchos intelectuales empezaron a apreciar la forma de ser de su pueblo cuando emigraron. Su padre le recomendó que no fuera director de cine porque había que ser muy diferente de los demás.
   “Da menos miedo si aparece un león en una novela que en una película”. En el casting de El león duerme esta noche permitió a cada niño que se inventara un personaje.Fomentó su carácter e imaginación. Se mezclaba la realidad y la ficción pues los pequeños no sabían cuando estaban filmando.En el grupo de adolescentes prefería que no hubiese director y que se tomasen decisiones consensuadas entre todos. “La peli no era muy decente pero me sorprendió”.
   El ruso Mikhail Bakhtin escribió una obra sobre Dostoievski; se describe un circo donde se mezclan actores y público. Se acortan las distancias y queda el contacto entre la gente. Pues en el mundo real estamos alejados física y psicológicamente. “Viven el espectáculo”. Las normas del mundo real están prohibidas. No hay jerarquía, miedos ni otros protocolos o restricciones.   Eso es lo que buscó en El León duerme esta noche. “Me gusta que no haya orden y que las personas, aunque sean salvajes, choquen”. Ese mensaje dio Godard en Week-end; aparece una cabina en el medio del campo. Es un mundo deformado. La frontera de lo real.

miércoles, 2 de mayo de 2018

Ser unha árbore

*Faladoiro e coloquio de Oliver Laxe
na Facultade de Filosofía da USC (27-4-2018)

                                (foto de Galiciae.com)


   Unha biografía da desterritorialización. Un cine mestizo. Fala de soberana sumisión, dous termos que poden ter mala fama pero que soan ben. Trátase dun desapego cara a vida, con humildade.Un “isto é o que nos tocou vivir”.Laxe palpou o contraste entre París e os Ancares, que están aínda en órbita e viven un tempo sagrado, casi medieval. A estrada non chegaba ata a porta  da casa. Os seus vencellos con esta comarca do noroeste xa se aprecian en París 1.  “En Marrocos tamén aceptaban con harmonía que eran pequenos”; alí fixo un obradoiro con nenos ó que bautizou como Dao Byed ou luz branca. Algo similar o que fixera Tolstói cos nenos rusos.

   A paisaxe xa é preponderante na súa primeira curta, Y las chimeneas decidieron escapar.“Non me gusta o termo paisaxe; non quere decir nada. Prefiro falar de órbita. Natureza é para min cero. Silencio, apagar a razón. Nin feliz nin triste. A natureza esculpe a xente que vive no rural; están sometidos a pragas, malas colleitas…”
  O obxectivo da arte é capturar o espíritu; iso ocorre cando te anulas e sometes. A verdadeira liberdade é a escravitude. A meta é o éxtase. “O meu horizonte é convertirme nunha árbore”. Transcendernos en nós mesmos. Coñecer o noso ego. Hai que saltar o outro lado do muro. Ser un cero.

   “Ás veces sacrifico verdade e naturalidade”.  Gábase de rodearse duns colaboradores, produtores, cámara e o script, que son tamén cineastas. “As veces eu son un mero canal e transmisor”.

   Os tolos amorosos pola súa propia fe actúan a contracorrente da sociedade.  “Hai que ter unha obsesión. O amor é un exceso, algo radical”.   O que non atura Oliver é a admiración estúpida polos artistas malditos que morreron nos seus vómitos. É absurdo.

   Gustoulle Boyhood. “É bastante metafísica a través da sinxeleza. Transcendente e inmanente”.  Garda relación co libro A cámara lúcida; cando un ve fotos de xente que morreu inconscientemente provoca que pense na súa finitude.  A arte nos conduce á nostalxia e melancolía. A morriña. Como facer unha mudanza. Os meus avós non cavilaban no pasado.Tamén se pode mirar pra diante. “Penso que hai azar e hai destino”

   “A modernidade di que ter certitude é algo negativo.Non estou dacordo. É unha intuición do corazón”.   Gústalle O reino da cantidade e a cantidade dos tempos. A obra de René Guénon critica os tempos actuais.“Intento ter a mirada da tradición. Na Universidade non se aprende nada, é só unha acumulación de saberes.  Desde que o ser humano espiu os mitos morre de frío”.
   Gústalle o pensador armenio Gurdjieff, quen falou unha vez da distancia que hai entre un violín e o estoxo no que vai gardado. Todo moi metafísico.

   Sobre algunha película moi alonxada do seu cosmos elixe Toni Erdmann, “iniciática e profunda”.  Estivo en Cannes hai un par de anos.

   “Valorar os proxectos só polo guión é aberrante. Fun cabezón e insistín nas imaxes. Prodúceme moito pracer captar certas imaxes”. Pon o exemplo do cineasta alemán Werner Herzog que quería filmar un barco que subise por unha montaña.“Síntome imantado como a vida que pon certos elementos para que a reproducción produza pracer”.

   É espirirual.“Interésame o rezo, o arte sagrado.Canto máis tolo estás e a peregrinación é maior hai máis premios e bendición.Entre as miñas motivacións están as egóticas.Quero que o meu cinema o vexa todo o mundo.Quero ser amado.A competencia é perniciosa”.

   A clave do desenrolo persoal é manter o control nas situacións máis extremas. “Pénsoo pero non o aplico. Penso que son cada vez menos tirano e excesivo. Son proxectos caros e iso xera angustia e medo; iso frena a creatividade. Hai que bailar sen rixidez! Ás veces vexo cousas de min que non me gustan. Son irascible”.

      “O que se coñece a si mesmo coñece o seu Señor.Vimos aquí a crecer”.As persoas son paradóxicas. Capaces de amar e, como os reptilianos, de morder. Hai que ter fe na xente, aínda que teñamos sombras. “O humano ten capacidades anxélicas. É un heroe”. 

   En Todos vós sodes capitáns Oliver tiña pouco orzamento e viuse obrigado a actuar. Xogaba con nenos africanos. “É unha imaxe moi pornográfica”. Os pequenos non teñen patria. “Ademais tiña un aire a Jesucristo e Che Guevara”.
   Ben Rivers, “que era libre como eu nos comezos”,propúxolle facer unha película dentro de Mimosas.Laxe levaba catro anos traballando nela.A cinta do galego, unha caravana que atravesa o Atlas, é xa semiindustrial. “Era a primeira vez que facía este salto. Podiamos naufragar”.O británico ofrecía axuda económica pero“ Era un piraña que viña a roubar?”Ó final decidiuse.“Se eu non era capaz de captala beleza da natureza o faría el”.
   “Todos provocamos aflición: unha palabra mal dada, non escoitamos…” En Aquilo que arde traballa sobre a misericordia.  “O universo nunca me xulgou; sempre me da cousas e me perdoa”.  Fala dun incendiario que sae do cárcere e produce dor porque está doído. Curiosamente chámase Amador. Responde a un arquetipo, o solteiro de montaña; neste caso vive coa súa nai, unha rebelde con moita enerxía.   “Sabemos que o espectador vai estar do noso lado. É merecido que se vinguen del? É só un delincuente?”

viernes, 27 de abril de 2018

Banquete de Conxo


*Homenaxe a un fito do galeguismo
da man de Quique Alvarellos (21 e 22 de abril de 2018)
Publicado en El Faro de Vigo (30 de abril)

   Un predicador.Orando dende un cotarelo á sombra dun plátano.Alvarellos e a historia. Nun espazo, agora acondicionado, que permaneceu sen uso público desde 1885. Daquela inaugurouse o Sanatorio de Conxo e só pisaban estas terras os internos e os seus familiares. Hoxe dúas mil persoas gozan do sol neste vello concello. E dun prato de cabra.

   (Fotografía xentileza de Rubén Cela)



   Hai dous meses apareceu, grazas á sensibilidade dun zahorí, o manancial da Virxe da Cuncha. Disque as augas son ferruxinosas. Aló estaría un convento anterior ó románico que ergueu Xelmírez.   Daquela fonte falou Tirso de Molina, frade mercedario que estivo en Conxo en 1630. Pola súa beira transcorría entón o Camiño Francés e ó santuario coñecíase como “a segunda estación de peregrinación”tras visitar os ósos do Apóstolo.
   Orixinariamente houbo mil cincocentos carballos; en 1927 quedaba un milleiro e foron vendidos a vintecinco pesetas cada un.Hoxe resisten corenta ou cincuenta.Un bosque de ribeira no que tamén hai salgueiros, loureiros e os pouco estimados eucaliptos.

   Hai algúns antecedentes que inflúen naquel insólito mitin democrático. Por exemplo, a cidade de Compostela perdera pulo no 1833 ó ceder á capitalidade. E xusto vinte anos despois foi o alcumado “ano de fame”; morría xente pola rúa de inanición.En 1855 poduciuse a Desamortización de Madoz; así o acto foi na parte traseira dun mosteiro.
   Liberdade, igualdade e fraternidade. Seguían os ideais da Revolución Francesa.Temos constancia probada dos feitos porque escribiron unha crónica xornalística en La Oliva de Vigo.Outra testemuña é Murguía; dixo que as augas do río e as pólas das árbores chegaban ás mesas da lupanda.Cen estudantes serviron a mesa de artesáns e obreiros.
   Os artífices foron Pondal , autor do himno galego, Luís Rodríguez Seoane e Aurelio Aguirre. Este poeta naceu un 23 de abril,día no que finaron Shakespeare e Cervantes. Un bardo dos pobres e prostitutas. Recitaba polas rúas, como fixera Neruda nas minas. Ten un pándego poema no que ameaza a un mestre. “Chisjaravillas,vanche romper as costillas”.Faleceu no 58 na praia de San Amaro.As investigacións descartan un suicidio. 
   Non podemos asegurar que estivese Rosalía. Pero sí que era un lugar emocional para ela; ambientou alí  a novela El primer loco; Luis, o protagonista, pode ser un alter ego dela ou de Aguirre.  Tamén é significativo que no poema “Los robles”, incluído en Las orillas del Sar, critique unha sociedade que permite que se pinchen cincocentas árbores. En Follas Novas afirmou que “Conxo é felicidade”.

   A finais de xullo de 1956 celebrouse o I Congreso do Exilio Galego no Centro Lucense de Bos Aires. A data non era casual. Cen anos despois de Conxo.  Esta iniciativa non a puido disfrutar Castelao que morreu un chisco antes. O secretario era un mozo  chamado Neira Vilas. “Brindo a nome da nosa mocedade, a mocedade galega que anda errante por vieiros de brétema e saudade”.

lunes, 23 de abril de 2018

Os camiños de Pedrayo

*Abril Oteriano no Salón Nobre de Fonseca (20-IV-2018)
Faladoiro con Martiño Noriega, Miguel Santalices e Ramón Villares

*Artigo publicado en El Progreso e Diario de Pontevedra (o 24 de abril)



   Martiño rescata dous fitos memorables de Don Ramón. Desde 1947 encargouse dunha sección en La Noche titulada “O parladoiro” onde retoma a lingua galega. No 58 pronunciou un discurso evocador e esperanzador no Paraninfo da Universidade. É a primeira lección en galego trala Guerra.O auditorio estaba ateigado de xente moza que terminou chorando pola emoción.

   Miguel Santalices suliña “a profunda bonhomía e cercanía”do membro da Xeración Nós. Afastado da docencia desde o 37, era mestre no Instituto de Ourense, ata o 48.  Dous anos despois de ser rehabilitado ganou a cátedra de xeografía. Empregou unha cartografía matemática como fixera Fontán;  Domingo referírase ó mapa de Galicia como “O rosto da nosa terra”. Dicía tamén Otero que Portugal era unha prolongación lingüística de Galicia e viceversa.
   Do avó recibiu o amor pola tertulia. O pai, Enrique, era médico. Como o son o Alcalde de Santiago e o Presidente do Parlamento. Son “hoplitas da liberdade”e entusiastas do coñecemento.

   Non era só un escritor agrarista. A cidade está presente en gran parte da súa obra. Santiago, “a cidade galega por excelencia”,era máis que igrexas e estudantes.Un lugar romántico onde se educara a xeración que salvaría a Galicia; referíase á do 46. Os seus tres espazos paradigmáticos en Compostela son a Facultade de Filosofía e Letras, o Café Español e o Hotel España.

   Ás veces a aldea é o tarro das esencias, comenta o estudoso Ramón Villares.  Trasalba simboliza a paz infinda da Boca Ribeira do Miño; unha epifanía de cores e vides. No conto “O fidalgo” no pobo vese a fartura dos bocois de viño nunha festa do herdeiro. Pero tamén hai ocasións nas que o rural é o lugar dos que non entenden.  Non quería ver o fondo impacto medioambiental de Ribadavia e por iso cando se achegaba por aló o tren pechaba as cortinas.
   Pasou 14 invernos en Madrid,múdexar e poeirento. Acordara coa súa nai combinar eses anos entre Trasalba e a capital. Alí tivo lugar unha fase importante de formación e, durante a República, foi deputado do 31 ó 33.Engadamos tamén ás visitas á consulta do doutor Marañón.

martes, 17 de abril de 2018

O último Ameixeiras



*Diego Ameixeiras na I Semana de Novela Negra do Barrio de San Pedro
A Libraría Pedreira elaborou un programa lustroso e tivo un trato exquisito.

                                      (foto do facebook da Libraría Pedreira)   

   Logo dun repouso de máis de dous anos ven de publicar a súa onceava novela,A crueldade de abril. Rescatou así uns versos de T. S. Elliot.É a historia dunha vinganza tras aparecer uns cadáveres nunha casa que foi pasto das chamas. Pero cheo de lirismo. Está de domingo. “Non quería chegar a ser empalagoso. Gústame confiar máis na historia que na linguaxe”. Desta vez sen marco xeográfico, nin Compostela nin Ourense.
                                               
   Noutras ocasións “gústame falar do Santiago que está á marxe da postal turística”. Así fixera Suso de Toro en Ambulancia. Pero recoñece que Vigo, cidade portuaria, pode ter moito guión. “Crieime nun barrio e non sería honesto que falase do rural”.

   Tódolos libros agás Tres segundos de memoria son de novela negra. Pero foi entón “cando fun gracioso e levei o Premio Xerais”.  Ningún é semellante ós outros. O seu corrector foi Héctor Cajaraville, dos que cobra por caracteres.  O de Vite está abraiado co xeito de narrar. “É sintético nas súas propostas e condensa ben a información; eu son máis expansivo”. 
   “O meu gusto non encaixa co best seller. Non quero darlle todo masticado ó lector senón xogar cos silencios. Patricia Highsmith cando escribía deixaba ó final unha zona de néboa”.Non entende ós escritores que paran a acción ou ós que contan algo da psicoloxía dos personaxes que non é relevante. Prefire seguir a historia detrás dunha cámara.  “Todos temos unha parte de portas para dentro que non lle contamos a ninguén, nin sequera á parella ou ós pais”.

   Non lle gusta como se tratan os sucesos nos medios. “Fan unha exhibición pornográfica da dor. Non me gusta facer un espectáculo da violencia. Hai que manter unha distancia coa realidade que me permita durmir ben pola noite”.

   Buscando as orixes da novela policial hai quen se remonta a Edipo Rei.  Outros, “máis razoables”, cren que foi con Os crimes da rúa Morgue de Edgar Allan Poe.  En Galicia o pioneiro sería Carlos G. Reigosa en Crime en Compostela. Uns dez anos despois de que Vázquez Montalbán, xornalista de moitísima sona, arrincara en España. Non é tanta demora.  Julián Ibánez é o mellor escritor español de novela negra pero non é o que máis vende”.