*Faladoiro e coloquio de Oliver Laxe
na Facultade de Filosofía da USC (27-4-2018)
(foto de Galiciae.com)
na Facultade de Filosofía da USC (27-4-2018)
(foto de Galiciae.com)
Unha biografía da desterritorialización. Un cine mestizo.
Fala de soberana sumisión, dous
termos que poden ter mala fama pero que soan ben. Trátase dun desapego cara a
vida, con humildade.Un “isto é o que nos tocou vivir”.Laxe palpou o contraste
entre París e os Ancares, que están aínda en órbita e viven un tempo sagrado,
casi medieval. A estrada non chegaba ata a porta da casa. Os seus vencellos con esta comarca
do noroeste xa se aprecian en París 1. “En Marrocos tamén aceptaban con harmonía que
eran pequenos”; alí fixo un obradoiro con nenos ó que bautizou como Dao Byed ou luz branca. Algo similar o
que fixera Tolstói cos nenos rusos.
A paisaxe xa é preponderante na súa primeira
curta, Y las chimeneas decidieron escapar.“Non
me gusta o termo paisaxe; non quere
decir nada. Prefiro falar de órbita. Natureza é para min cero. Silencio, apagar
a razón. Nin feliz nin triste. A natureza esculpe a xente que vive no rural;
están sometidos a pragas, malas colleitas…”
O obxectivo da arte é capturar o espíritu; iso ocorre cando te anulas e
sometes. A verdadeira liberdade é a escravitude. A meta é o éxtase. “O meu
horizonte é convertirme nunha árbore”. Transcendernos en nós mesmos. Coñecer o
noso ego. Hai que saltar o outro lado do muro. Ser un cero.
“Ás veces sacrifico verdade e
naturalidade”. Gábase de rodearse duns colaboradores, produtores, cámara e o
script, que son tamén cineastas. “As veces eu son un mero canal e transmisor”.
Os tolos
amorosos pola súa propia fe actúan a contracorrente da sociedade. “Hai que ter unha obsesión. O amor é un
exceso, algo radical”. O que non atura
Oliver é a admiración estúpida polos artistas
malditos que morreron nos seus vómitos. É absurdo.
Gustoulle Boyhood. “É bastante
metafísica a través da sinxeleza. Transcendente e inmanente”. Garda relación co libro A cámara lúcida; cando un ve fotos de xente que morreu
inconscientemente provoca que pense na súa finitude. A arte nos conduce á nostalxia e melancolía.
A morriña. Como facer unha mudanza. Os meus avós non cavilaban no pasado.Tamén
se pode mirar pra diante. “Penso que hai azar e hai destino”
“A modernidade di que ter certitude é algo negativo.Non estou
dacordo. É unha intuición do corazón”.
Gústalle O reino da cantidade e a
cantidade dos tempos. A obra de René Guénon critica os tempos
actuais.“Intento ter a mirada da
tradición. Na Universidade non se aprende nada, é só unha acumulación de
saberes. Desde que o ser humano espiu os
mitos morre de frío”.
Gústalle o pensador armenio Gurdjieff, quen falou unha vez da
distancia que hai entre un violín e o estoxo no que vai gardado. Todo moi
metafísico.
Sobre algunha película moi alonxada do seu
cosmos elixe Toni Erdmann,
“iniciática e profunda”. Estivo en
Cannes hai un par de anos.
“Valorar os proxectos só polo guión é aberrante. Fun cabezón e
insistín nas imaxes. Prodúceme moito pracer captar certas imaxes”. Pon o exemplo do cineasta alemán Werner Herzog que quería
filmar un barco que subise por unha montaña.“Síntome imantado como a vida que
pon certos elementos para que a reproducción produza pracer”.
É espirirual.“Interésame o rezo, o arte
sagrado.Canto máis tolo estás e a peregrinación é maior hai máis premios e bendición.Entre as miñas motivacións están
as egóticas.Quero que o meu cinema o vexa todo o mundo.Quero ser amado.A
competencia é perniciosa”.
A clave do desenrolo persoal é manter o
control nas situacións máis extremas. “Pénsoo pero non o aplico. Penso que son cada vez menos tirano e
excesivo. Son proxectos caros e iso xera angustia e medo; iso frena a
creatividade. Hai que bailar sen rixidez! Ás veces vexo cousas de min que non
me gustan. Son irascible”.
“O que se coñece a si mesmo coñece o seu
Señor.Vimos aquí a crecer”.As persoas son paradóxicas. Capaces de amar e, como
os reptilianos, de morder. Hai que ter fe na xente, aínda que teñamos sombras.
“O humano ten capacidades anxélicas. É un heroe”.
En Todos
vós sodes capitáns Oliver tiña pouco orzamento e viuse obrigado a actuar.
Xogaba con nenos africanos. “É unha imaxe moi pornográfica”. Os pequenos non
teñen patria. “Ademais tiña un aire a Jesucristo
e Che Guevara”.
Ben Rivers, “que era libre como eu nos
comezos”,propúxolle facer unha película dentro de Mimosas.Laxe levaba catro anos traballando nela.A cinta do galego,
unha caravana que atravesa o Atlas, é xa semiindustrial. “Era a primeira vez
que facía este salto. Podiamos naufragar”.O británico ofrecía axuda económica
pero“ Era un piraña que viña a
roubar?”Ó final decidiuse.“Se eu non era capaz de captala beleza da natureza o
faría el”.
“Todos provocamos aflición: unha palabra mal
dada, non escoitamos…” En Aquilo que arde
traballa sobre a misericordia. “O
universo nunca me xulgou; sempre me da cousas e me perdoa”. Fala dun incendiario que sae do cárcere e
produce dor porque está doído. Curiosamente chámase Amador. Responde a un
arquetipo, o solteiro de montaña; neste caso vive coa súa nai, unha rebelde con
moita enerxía. “Sabemos que o
espectador vai estar do noso lado. É merecido que se vinguen del? É só un
delincuente?”
No hay comentarios:
Publicar un comentario