*Homenaxe a un fito do galeguismo
da man de Quique Alvarellos (21 e 22 de abril de 2018)
Publicado en El Faro de Vigo (30 de abril)
Publicado en El Faro de Vigo (30 de abril)
Un
predicador.Orando dende un cotarelo á sombra dun plátano.Alvarellos e a
historia. Nun espazo, agora acondicionado, que permaneceu sen uso público desde
1885. Daquela inaugurouse o Sanatorio de Conxo e só pisaban estas terras os
internos e os seus familiares. Hoxe dúas mil persoas gozan do sol neste vello concello. E dun
prato de cabra.
Hai
dous meses apareceu, grazas á sensibilidade dun zahorí, o manancial da Virxe da Cuncha. Disque as augas son
ferruxinosas. Aló estaría un convento anterior ó románico que ergueu
Xelmírez. Daquela fonte falou Tirso de
Molina, frade mercedario que estivo en Conxo en 1630. Pola súa beira
transcorría entón o Camiño Francés e ó santuario coñecíase como “a segunda
estación de peregrinación”tras visitar os ósos do Apóstolo.
Orixinariamente
houbo mil cincocentos carballos; en 1927 quedaba un milleiro e foron vendidos
a vintecinco pesetas cada un.Hoxe resisten corenta ou cincuenta.Un bosque de
ribeira no que tamén hai salgueiros, loureiros e os pouco estimados eucaliptos.
Hai
algúns antecedentes que inflúen naquel insólito mitin democrático. Por exemplo,
a cidade de Compostela perdera pulo no 1833 ó ceder á capitalidade. E xusto
vinte anos despois foi o alcumado “ano de fame”; morría xente pola rúa de
inanición.En 1855 poduciuse a Desamortización de Madoz; así o acto foi na parte
traseira dun mosteiro.
Liberdade, igualdade e fraternidade. Seguían os ideais da Revolución
Francesa.Temos constancia probada dos feitos porque escribiron unha crónica
xornalística en La Oliva de Vigo.Outra testemuña é Murguía; dixo
que as augas do río e as pólas das árbores chegaban ás mesas da lupanda.Cen
estudantes serviron a mesa de artesáns e obreiros.
Os
artífices foron Pondal , autor do himno galego, Luís Rodríguez Seoane e Aurelio
Aguirre. Este poeta naceu un 23 de abril,día no que finaron Shakespeare e Cervantes.
Un bardo dos pobres e prostitutas. Recitaba polas rúas, como fixera Neruda nas
minas. Ten un pándego poema no que ameaza a un mestre. “Chisjaravillas,vanche
romper as costillas”.Faleceu no 58 na praia de San Amaro.As investigacións
descartan un suicidio.
Non
podemos asegurar que estivese Rosalía. Pero sí que era un lugar emocional para
ela; ambientou alí a novela El primer loco; Luis, o protagonista,
pode ser un alter ego dela ou de Aguirre.
Tamén é significativo que no poema “Los robles”, incluído en Las orillas del Sar, critique unha
sociedade que permite que se pinchen cincocentas árbores. En Follas Novas afirmou que “Conxo é
felicidade”.
A
finais de xullo de 1956 celebrouse o I Congreso do Exilio Galego no Centro
Lucense de Bos Aires. A data non era casual. Cen anos despois de Conxo. Esta iniciativa non a puido disfrutar Castelao
que morreu un chisco antes. O secretario era un mozo chamado Neira Vilas. “Brindo a nome da nosa
mocedade, a mocedade galega que anda errante por vieiros de brétema e saudade”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario