*Faladoiro da Facultade de Xonalismo sobre o piso das maquetas grises
Con Anxos Fazáns, que mañá cumpre 26 anos, e Ángel Santos (8-5-2018)
Jabois escribiu A estación violenta con menos de vinte
anos.Metafórico e poético. Co seu gusto polos poetas franceses e o romanticismo
de Fitzgerald. Xa o primeiro parágrafo arranca con nostalxia. Hai poucos diálogos explícitos.
Mestura continuamente pasado e presente. Hai linealidade temporal pero non é
obvia.Trae lembranzas, como cando pescaba co seu avó.
“A película está
bastante disociada da novela. Jabois permitiunos reescribir con liberdade”. comenta
Ángel Santos; “ás veces un se cansa de escoitar a súa voz; cando colles un
material alleo descobres outros camiños”. Ó director de Las altas presiones gústalle plantear tódolos conflitos como nunha novela do XIX. Prefire ó principio escribir
de máis para logo ir desbrozando. “Un
traballo de contraimaxinación”.
Houbo catro
guionistas.Un deles é Dani Froiz,da produtora Matriuska.Outro foi Xacobe Casas,
ó que Jabois lle adicara a novela.“Propuña cousas moi alocadas e
interesantes”para Ángel. Anxos estivo un ano co texto.Na biblioteca para
concentrarse.Quedaba o casting e as localizacións.
Está ambientada
entre Pontevedra, Santiago e San Vicente.
“Non me gusta escribir sobre espazos abstractos senón sobre itinerarios
concretos” opina Santos.” A novela ás veces parece Compostela, outras Sevilla,
cheira a azahar, ou Los Ángeles. Hai
palmeiras e peregrinos”.
Unha das temáticas
principais é falar dunha xeración cun futuro desolador. Sen estabilidade
laboral. Con moita frustración.
A novela transmite moita
sensualidade non explícita. Anxos,
na liña de Nan Goldin, interésase polo choque dos corpos e a tensión física.
Ángel é máis pudoroso. Arranca a
película e todos se ispen,rebrincan e se bañan na praia. Todo moi onírico. A
música xera un ton tristeiro; “algo non
vai ben”. Logo hai unha elipse e un
tipo desorientado no sofá.
Manuel na novela
non ten nome. Está en primeira persoa. Funciona ben así co nome do autor. Está
estancado.Falto de aloumiño e amor propio. O seu presente é unha rutina
decadente, con moita nocturnidade. “Ía
ser Tamar Novas pero non acababa de funcionar ben”. Houbo dúas alternativas.
Alberto Rolán fixo a proba. Liou un cigarro, bebeu a cervexa e fitou para as
adolescentes que saían da piscina. “Encandiloume. Sen ser tan técnico transmite
moito”.
Claudia é un
personaxe idealizado. O celme de todo. As súas costas marcan o comezo, todo un
presaxio. Defínese cando afirma “ás veces penso que non morrín a tempo”. Nerea
Barros é a única actriz que está desde o proxecto inicial. Xa traballara en Area, curto do ano anterior.
David pasa de ser
deportista a músico. É o que se queda
coa rapaza. “Son fan de Xosé Barato desde Historias
de Galicia e Cuarto sen ascensor. Non
é forte físicamente pero ten serenidade na mirada” confesa Anxos.
Cando os tres se
reencontran tiñan moito que dicirse pero hai moitos silencios e frialdade. Ahí ven o título da obra que alude ao verán
que pasaron xuntos.Hai que aprender a querer ós tres protagonistas; “son
idiotas e egoístas”. Contrarrestan a
negatividade da tríade Antía, que non existía no libro, e Daniela; esta é a
irmá de David que para Jabois era máis frívola e agora queda abraiada cos
maiores cando é máis madura ca eles. “Esta interpretada por Laura, que é
cantante. Un descubrimento. Axúdalle a
súa falta de ego”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario