*Sesión do Ateneo de Santiago co gallo das Letras galegas 2018
Xesús Rábade fala de María Victoria Moreno
*Artigo publicado en El Faro de Vigo (21-5-2018)
Unha creadora galega. Editora, tradutora e
conferenciante. Lírica e satírica. Coleccionista. Na súa biblioteca tiña cen
edicións de El Quijote. Cuarta muller á que se lle adican
as Letras Galegas. Nas tres últimas edicións foron para escritores con moita
produción en literatura infantil.
A “Peregrina
cacereña chega ó Instituto de Lugo a principios dos 60.Ven acompañada dun
cego, o seu Lazarillo. “Daba amor e
non era correspondida”. Aínda que dende
entón soporta cargas familiares segue con vontade de escribir.Daquela fixo contos
e relatos curtos preciosistas.
Xesús Rábade foi o
seu alumno durante dous cursos. O poeta , que comezou polos tercetos encadenados, mantiña mesmo relación
epistolar coa mestra en temporada estival. Tamén visitou a casa paterna do Viaxeiro invisible en Seixas. Ela
asistía ás clases voluntarias de literatura galega que impartía Alonso Montero.
Como docente formaría moitos lectores.
Xa na cidade do
Lérez, abriu xunto a outros intelectuais a Librería Xuntanza, onde se podían
atopar publicacións prohibidas. Incómoda para o Réxime, deciden retirarlle o
pasaporte.
Os protagonistas
das súas obras adoitan ser adolescentes pero os lectores non foron só os mozos.
Fíxase unha esixencia máxima na súa literatura. Semellan experiencias vividas. Aparecen
personaxes reais e topónimos. Cun punto de vista sempre optimista.
Deulle problemas a
antoloxía sobre Os Novísimos da poesía
galega. A crítica dixo que eran “epígonos da poesía social”. Akal tivo que censurar un poema de Alfredo
Conde sobre El Che.
Mar Adiante, o seu primeiro libro
infantil. Fala dunha escola subversiva e libre que non se parece á realidade. Festa do faiado é un antecente cruel de Toy Story. Cando non gaña o primeiro premio por Leonardo e os fontaneiros comentou “hai xurados que non saben ler”;
tiña criterio, formado na Complutense con Dámaso Alonso, e seguridade en si
mesma. Anagnórise segue, como Onde o aire non era brisa, de rabiosa
actualidade. Non ignora o problema da droga en Guedellas de seda e liño que sufriu co seu propio fillo.
En Diario da luz e sombra narra a súa loita
contra o cancro de mama. Levaba cinco anos co mal e morrería o ano seguinte. Pero, afirma Mercedes Queizás, “con
esperanza, afouteza e humor negro”. Con paralelismos con Futuro Imperfecto, no que Xulia Alonso fala da sida, ou E os domingos un croissant , onde Ursula
Heinze conta a experiencia propia nun psiquiátrico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario