*Diego Ameixeiras na I Semana de Novela Negra do Barrio de San Pedro
A Libraría Pedreira elaborou un programa lustroso e tivo un trato exquisito.
(foto do facebook da Libraría Pedreira)
Noutras ocasións
“gústame falar do Santiago que está á marxe da postal turística”. Así fixera
Suso de Toro en Ambulancia. Pero
recoñece que Vigo, cidade portuaria, pode ter moito guión. “Crieime nun barrio
e non sería honesto que falase do rural”.
Tódolos libros agás
Tres segundos de memoria son de
novela negra. Pero foi entón “cando fun gracioso e levei o Premio Xerais”. Ningún é semellante ós outros. O seu corrector
foi Héctor Cajaraville, dos que cobra por caracteres. O de Vite está abraiado co xeito de narrar. “É
sintético nas súas propostas e condensa ben a información; eu son máis
expansivo”.
“O meu gusto non
encaixa co best seller. Non quero
darlle todo masticado ó lector senón
xogar cos silencios. Patricia Highsmith cando escribía deixaba ó final unha
zona de néboa”.Non entende ós escritores que paran a acción ou ós que contan
algo da psicoloxía dos personaxes que non é relevante. Prefire seguir a
historia detrás dunha cámara. “Todos
temos unha parte de portas para dentro que non lle contamos a ninguén, nin
sequera á parella ou ós pais”.
Non lle gusta como
se tratan os sucesos nos medios. “Fan unha exhibición pornográfica da dor. Non
me gusta facer un espectáculo da violencia. Hai que manter unha distancia coa
realidade que me permita durmir ben pola noite”.
Buscando as orixes
da novela policial hai quen se remonta a Edipo
Rei. Outros, “máis razoables”, cren
que foi con Os crimes da rúa Morgue
de Edgar Allan Poe. En Galicia o
pioneiro sería Carlos G. Reigosa en Crime
en Compostela. Uns dez anos despois de que Vázquez Montalbán, xornalista de
moitísima sona, arrincara en España. Non é tanta demora. Julián Ibánez é o mellor escritor español de
novela negra pero non é o que máis vende”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario