lunes, 23 de abril de 2018

Os camiños de Pedrayo

*Abril Oteriano no Salón Nobre de Fonseca (20-IV-2018)
Faladoiro con Martiño Noriega, Miguel Santalices e Ramón Villares

*Artigo publicado en El Progreso e Diario de Pontevedra (o 24 de abril)



   Martiño rescata dous fitos memorables de Don Ramón. Desde 1947 encargouse dunha sección en La Noche titulada “O parladoiro” onde retoma a lingua galega. No 58 pronunciou un discurso evocador e esperanzador no Paraninfo da Universidade. É a primeira lección en galego trala Guerra.O auditorio estaba ateigado de xente moza que terminou chorando pola emoción.

   Miguel Santalices suliña “a profunda bonhomía e cercanía”do membro da Xeración Nós. Afastado da docencia desde o 37, era mestre no Instituto de Ourense, ata o 48.  Dous anos despois de ser rehabilitado ganou a cátedra de xeografía. Empregou unha cartografía matemática como fixera Fontán;  Domingo referírase ó mapa de Galicia como “O rosto da nosa terra”. Dicía tamén Otero que Portugal era unha prolongación lingüística de Galicia e viceversa.
   Do avó recibiu o amor pola tertulia. O pai, Enrique, era médico. Como o son o Alcalde de Santiago e o Presidente do Parlamento. Son “hoplitas da liberdade”e entusiastas do coñecemento.

   Non era só un escritor agrarista. A cidade está presente en gran parte da súa obra. Santiago, “a cidade galega por excelencia”,era máis que igrexas e estudantes.Un lugar romántico onde se educara a xeración que salvaría a Galicia; referíase á do 46. Os seus tres espazos paradigmáticos en Compostela son a Facultade de Filosofía e Letras, o Café Español e o Hotel España.

   Ás veces a aldea é o tarro das esencias, comenta o estudoso Ramón Villares.  Trasalba simboliza a paz infinda da Boca Ribeira do Miño; unha epifanía de cores e vides. No conto “O fidalgo” no pobo vese a fartura dos bocois de viño nunha festa do herdeiro. Pero tamén hai ocasións nas que o rural é o lugar dos que non entenden.  Non quería ver o fondo impacto medioambiental de Ribadavia e por iso cando se achegaba por aló o tren pechaba as cortinas.
   Pasou 14 invernos en Madrid,múdexar e poeirento. Acordara coa súa nai combinar eses anos entre Trasalba e a capital. Alí tivo lugar unha fase importante de formación e, durante a República, foi deputado do 31 ó 33.Engadamos tamén ás visitas á consulta do doutor Marañón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario