miércoles, 4 de abril de 2018

Literatura infantil


*Sesión do Ateneo de Santiago
con Marilar Aleixandre (2-4-2018)

   “As monxas non me deixaron ler un libro completo ata os doce anos. Pero logo chegaba a casa e atrevíame ata coa Ilíada”. É fanática dos gregos clásicos. Eurípides falaba da Guerra de Troya e parece que alude ós refuxiados do século XXI.

                                                                                     (foto de El Correo Gallego)

   A literatura galega para mozos en Galicia é vizosa. Pode ser lida por rapaces pero tamén por adultos como dicía Agustín Fernández Paz. O importante é que a historia esté ben contada. “Non hai que escribirlle como se fosen parvos senón deixándolle algunha ambigüidade”. Ela coñece a mente dos nenos pois foi mestra de instituto doce anos. “Escribir é meterse na pel doutra persoa. Estamos finxindo, representando un papel”. Casares fala desde un albanel en Cambio en tres.

   Pénsase que agora hai menos lectores. É radicamente falso. Hoxe hai máis bibliotecas.  Nos anos 50 facía secundaria o 25% da poboación e remataban un 10%.Había moito analfabetismo. Pero minguou o número de falantes que empregan o galego como primeira lingua.

   A literatura infantil non existe como tal até o XIX pero é que antes non había a noción da infancia.  Os irmáns Grimm recollían a tradición oral. Anotaban de forma rigurosa quen llo contaba; máis da metade dos 210 historias chegáronlle grazas a mulleres, moitas delas de familias hugonotes que emigraron de Francia a Alemaña.
  Toda a obra de Casares ten moita relación coa tradición oral,especialmente por influencia dos seus avós.  Un polbo xigante é un híbrido que sitúa o mito do krahen na ría de Aldán. É unha obra moi divertida “que non parece infantil” con ilustracións do gran Enjamio. O galo de Antioquía fala da tradicón das cidades asulagadas. Hai unha lenda que di que Carlomagno quixo afundir Duio, pobo a carón de Fisterra. O conto, con debuxos de Meixide, critica a intolerancia que está representada pola Inquisición. A Galiña azul é un canto á liberdade e diversidade.
   Xohana Torres, finada en setembro, non era só poetisa. Fixo o primeiro programa de radio en galego. Un bo exemplo das súa literatura infantil é Pericles e a balea. 
   Hai obras para cativos en poesía como a Ovella descarreirada ou un libro de Berta Dávila.

   En Rúa Carbón Marilar fala da sociedade vasca pero non se puido publicar en Euskadi. É anterior ao exitoso Patria.

   No imaxinario popular fantasía vencéllase a literatura infantil e o realismo cos adultos. Para adolescentes tamén hai historias realistas.A banda sen futuro é a novela de Marilar máis reeditada. Cabeza de Medusa comeza cunha violación; as rapazas son presionadas para que non denuncien. É un tema tabú pero de moita actualidade. Seguen esa liña Anagnórise de Victoria Moreno, Ola, estúpido monstro peludo! de Fina Casalderrey ou  O meu nome é Skywalker.
  Nos contos tradicionais os actos violentos están na familia.Perrault aporta Barba azul ou Pel de asno,historia dun incesto non consumado no que o pai pretende á filla. En Hansel e Gretel e nalgunhas versión de Polgariño os pais abandonan ós nenos porque non poden alimentalos.
   Os cativos son moi sinceros coas críticas. “Estamos nun ecosistema fantástico. Non hai censura aos autores”. Pero en O chápiro verde a editorial non lle compracía que o malvado, un devorador de soños, tivera no seu lar un coelliño pingando sangue.

No hay comentarios:

Publicar un comentario