viernes, 13 de abril de 2018

Campións en galego


*Encontros para a Normalización Lingüística  (Consello da Cultura Galega, 12-IV-2018)
Con Sergio Delpont, Mercé Barrientos, Sergio Álvarez, Borja Golán e Ezequiel Mosquera
   Sergio Delpont é un xornalista de deportes da Televisón de Galicia dende a súa orixe no 85. “Arsenio falaba un galego á súa maneira pero importaba máis que toda a política linguística”. Lembra que hoxe hai moitos cancerbeiros galegos na elite e todos eles se comunican no idioma de Rosalía. “Incluso Diego López cando retorna de Barcelona”.   Pero cando entrevistaba a portugueses e brasileiros como Bebeto tentaban dar respostas en castelán.
   Mercé Barrientos é mestra de ensino secundario. Ás veces acode ó portugués para buscar termos específicos. “Como se di sentadilla en galego?” Ela, antiga presidenta da Federación Galega de Taekwondo,fixo un estudo. Decatouse de que das 59 asociacións deportivas galegas vinte comunícanse en castelán, outras tantas en galego e o resto “non sabe, non contesta”.

   “O fascismo empregou ó deporte para exaltar o patriotismo e a disciplina”.Tamén sabe que os homes están nos deportes nos que se invirten máis cartos e as mulleres nos máis amateurs.

   No alto rendemento hai catro patas: valía biolóxica, psicolóxica, gozar co sufrimento e o afecto; é dicir, “sentirse fachendoso de levar a túa bandeira polo mundo”. Lembra que hai moitos países que,para empoderarse,invirten moitos cartos para conseguir unha medalla olímpica.

   Sergio Álvarez le a Rosa Aneiros. Láiase de que a cotío traducen as súas respostas ó castelán; “así teñen máis traballo e ás veces non son moi correctas”. O gato vai unha tarde por semana á Madroa a ver fútbol base. "Escoitei só a un par de rapaces falar en galego". O ano pasado compartía vestiario con catro ou cinco cataláns e entre eles non falaban en español pero o de Catoira advirte que sentía “envexa” e entendía ben esa fala.   
   Pola súa banda Borja Golán lembra que con 16 anos ía a selección española con cinco cataláns e eles na mesa tamén falaban sempre por costume na lingua de Maciá e Gaudí. 
        “A miña nai se criou no País Vasco. Non comezou a falar galego ata o instituto, con 13 ou 14 anos”. O dezaseis veces campión de España compite por todo o planeta.“En Macao, antiga colonia lusa,puiden falar galego pero en realidade todo o mundo alí falaba chinés”.

   Recoñece que evita na súa dieta os bolos industriais, fritos e mollos. Pero de cando en vez gústalle atacar as súas comidas favoritas, “churrasco e cocido, dous manxares”.

   Ezequiel Mosquera “falaba galego do monte pero sen gheada e seseo”. Nun campamento gustáballe unha rapaza pero todo cambiou o día que ela lle dixo paleto.
   Cando o teense compitía tiña un lema moi do Cholo. “Imos indo, imos vendo”.  No ciclismo ocorre como no triatlón. “Antes ós 32 estabas na costa abaixo da carreira. Indurain deixouno con 31”. Agora os favoritos coidan máis o seu calendario e chegan en plenitude. “Non tes a chispa de antes pero ganas en resistencia. Valverde está arrasando con case 38”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario