*Coloquio na Facultade de Xornalismo da USC (21-3-2018)
Relatoras: Manane Rodríguez, Paula Cons e Lucía Catoira Pan
Relatoras: Manane Rodríguez, Paula Cons e Lucía Catoira Pan
Manane Rodríguez é unha guionista e directora uruguaia. Está
adscrita á CIMA,
Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais. É tamén produtora de
Xavier Bermúdez.
Co seu primeiro proxecto, Retrato de mujer con hombre al fondo,moita xente se sentiu ofendida. Déronlle un consello,case
advertencia “se a peli é boa fixémola todos pero se é mala e só túa. Non o
parece pero a segunda película é máis difícil de levantar aínda que teñas
ganas, tesón e algo que contar.Moita xente con talento quedou polo camino.Chegas
agotada á rodaxe”.
“Eu repito tódalas tomas do mundo. Lle robas a alma ós actores, que se
desgastan e chegan a odiarme pero fano mellor”.
Quéixase de traballar cun orzamento infinitamente máis
pequeno cos homes. Ademais “sempre me piden que explique máis
os personaxes masculinos para que se entendan mellor”.
“A Nerea Barros
déronlle un Goya por La isla mínima por facer de nai. Case era imposible
biolóxicamente! Axiña a poñen xa de avoa!”
Decía Coixet que
necesita imporse constantemente cando a un home o cuestionan menos. “Se das
unha idea saen tres cunha idea mellor e xa non hai tempo pois toca rodar”.
Cando Benito
Zambrano presentaba Solas ás
produtoras ningunha se interesaba. Acabou aceptando unha de Andalucía. Ó ano
seguinte todas querían facer unha historia igual.
Kathryn Bigelow ganou o Óscar en 2010 por En tierra hostil; Fernando
Trueba mostrouse moi crítico. “Parece que lle molestaba que fose unha muller”. “Que te concedan a estatuiña non garantiza
que sexa unha boa peli pero si un bo lanzamento comercial”.
“Ó principio ollo moito as miñas películas e
logo as deixo. Atopeinas mellor do que imaxinara. Escribo, leo novelas como
inspiración e vexo dúas películas ao día”.Gústalle moito John Ford pero non
quere volver máis El hombre tranquilo. “Pilar
Miró non é para min unha referencia cinematográfica
no estilo pero si de valor e enerxía. Case vai presa por facer El crimen de Cuenca”.
Paula Cons, de Agallas Film, ten a Lillian Hellman entre as súas referentes.
Gústalle avaliar se as longametraxes cumpren co Test Bechdel. Que haxa unha
muller que fale. Que sexa con outra muller; iso non ocorre en Sicario. E
que non falen del; “En O Santa Isabel falan dun porque o mataron”.
Cando presentou o
proxecto a Antena 3 dixénrolle: “Ou comedia ou trhiller cunha muller forte”. “Apetéceme facer un trhiller. Non un drama.
Non é que me adapte a un modelo de home. Non quero ser un cordeiriño”. As
femias protagonistas “non teñen que ser boas ou nais” láiase.
As rodaxes son de
dez ou once horas. Hai que añadirlle ás veces os desprazamentos. É difícil
conciliar coa vida familiar. “Desapareces seis semanas .Rezo para que non lle
coincida nada ao meu fillo”.
“Sufrimos unha
continua competición. Tes que loitar por subvencións, facerte oco nos
festivais… É agotador! Á veces te dan un pau menor e polo mesmo un aloumiño”.
Lucía Catoira
Pan estudiou Belas Artes. A pesar
da súa xuventude xa foi directora
de fotografía en Dhogs, “un
proxecto milagre”,Eco, Trote, Matria… Un labor asociado históricamente ós cabaleiros.
De feito ninguna muller ganou o Goya nesta categoría. “A batalla está perdida
se non hai continuidade. Crieime nunha sociedade machista e patriarcal.
Decíanme que era igualitaria e eu o cría”.
Álvaro conseguiu
que en tódolos sectores de Matria
houbera alomenos unha muller. “Costoulle en son”.
Unha vez traballou
conxuntamente con Jairo Iglesias. Decatouse
de que nunha entrevista en Italia só lle preguntaban a el cando Lucía fala
italiano;acabou a conversa como mera tradutora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario