jueves, 26 de febrero de 2015

A orixe do universo

*Conferencia de Jorge Mira (en el Ateneo de Santiago y el Seminario Menor)


   Jorge Mira é da Costa da Morte, terra considerada durante moito tempo o fin do mundo. Parece paradóxico que un físico imparta una conferencia sobre a orixe do mundo nun seminario. Está farto de escoitar a xente que pensa que só a ciencia alumea e ve escurantismo nos que teñen fe.  “Pero non se pode asesinar a Deus coa ciencia. Ningún científico poderá facelo nunca”. A definición máis prístina da creación é que da nada xurdiu ago. “Non se pode razonar sobre a nada, é imposible.” O único que non se pode discutir é que procedemos de primates. “Nós estamos aquí porque caeu un pedrolo e matou ós dinosaurios”. Quizais existiron máis especies ca nos. ¿Quen sabe si houbo algo máis evolucionado que xa se extinguiu?

 
  Sentados na praia os barcos desaparecen no horizonte a dous kilómetros e medio. Eso é pola curvatura da Terra.  No III a. C. Eratóstenes xa sabía que en Siena, a actual Asuán, o sol caía a plomo no solsticio de verán porque esta cidade estaba na liña do trópico. Decatouse de que en Alejandría, a 800 km,unha columna proxectaba algo de sombra. Así calculou a medida da Terra.

 
 
   A partir de sombras Aristarco de Samos calcula que a Terra é alomenos tres veces máis grande ca lúa. Tapando cunha moeda o satélite estableceu que está a 400.000 kilómetros. Errou por moi pouco. Saliulle que o Sol está vinte veces máis lonxe ca lúa e aínda quedou corto porque está a 150millóns de km. “Eu cando moceaba facíao con mozas de vinte km a redonda”.


   A principios do XVII o monxe polaco Kepler sabía que había estrelas errantes, que son os planetas. Cada un deles se ubica nun piso distinto. Os que viraban máis rápido están máis preto.

  Giovanni Cassini estaba en París e mandou a un discípulo a Guayana francesa para que mirara dende alí a Marte. Calculou que o Sol está a 140 millóns de km., un erro mínimo de 10 millóns. 

   A principios do XX apenas se sabía a distancia a unhas cen estrelas. Henrietta Leavitt fixouse nas estrelas pulsantes, as cefeidas,e percatouse que as máis grandes eran máis lentas e brillantes. Ó acabar a I Guerra descúbrese o tamaño da Via Láctea, 100.000 anos luz. En 1923 Edwin Hubble constata que a un millón de anos luz había outra galaxia,Andrómeda.  A lei Hubble de 1929 explica como as galaxias que están máis lonxe se ven vermellas porque se van afastando.

 
   O sacerdote belga Georges Lemaitre estudiou a teoría da relatividade de Einstein;comprobou como o universo se expande como un globo que se infla. Tiña que existir un comezo. Esta tese, labrada na mecánica cuántica, xerou gran controversia. Fred Hoyle para desprestixialo dicíalle que houbera un Big bang ou gran reventón, pero o nome acabou acuñándose. Lemaitre foi tan humilde que non quixo quitarlle a patente a Hubble aínda que o descubriu dous anos antes.

 
   Mira coñeceu a Stephen Hawking cando o británico veu recoller o Premio Fonseca 2011. “Pesaba cinco kilos e dixo que llo enviáramos por correo”.  Estivo unha semana con el e agora aplaude o traballo do actor de La Teoría del Todo.  “Veu a comer percebes e levámolo a Fisterra.” Logo en agradecemento cando cumpriu anos invitou ó galego ó Trinity College de Cambridge. Hawking estudiou os buracos negros. Demostrou que son como unha  gran trituradora e acaban devolvendo radiación. Dixo que as estrelas están feitas de hidróxeno, helio e de materia escura que non se ve, que xa se descubrira no 33.
   Hawking e Penrose, ”o home máis brillante que vin na miña vida”, din que o momento do nacemento se pode calcular. Levamos 13700 millóns de anos.

   No 98 Perlmutter, Brian Schmidt e Adam Riess descubriron que o universo se expande cada vez máis rápido. A enerxía escura é o mecanismo que o impulsa.Non levaron o Nobel ata 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario