
*Álbumes de Guerra de Castelao sobre a Guerra Civil
Unha das figuras
máis emblemáticas do Pórtico de la Gloria é a do profeta Daniel. O seu sorriso pasou á posteridade pola súa
orixinalidade entre outras figuras máis hieráticas. Séculos máis tarde, escuros os máis deles,
emerxiu a figura dun dos galeguistas máis salientables. Alfonso Daniel
Rodríguez Castelao, dirixente político nacionalista e deputado, foi un
referente na resistencia do pobo galego á invasión do Exército Nacional. Nos Álbumes de Guerra entrégase á causa de
Galiza e á liberdade. Poden contemplalos no Centro Socio-Cultural de Conxo.
Trala sublevación
militar establécese un tempo en Valencia. Alí ideou as estampas de Galicia Mártir. “Arrincadas da miña
propia door van dirixidas a vós que
sempre amáchedes a liberdade e sodes a única reserva que nos queda para
reconstruir o fogar desfeito.”Quizá o grabado máis impactante é Este é o Deus dos fascistas onde
retrata un xigante de mirada turbia e un cranio bismarckiano; baixo do peito
contén as caveiras dos que levou por diante; abaixo, unha multitude en
miniatura o alaba co brazo en alto.Así
aprenderán a non ter ideas amosa un outeiro de cadáveres; o seu pecado,
pensar diferente. ¡Cobardes, asesinos!
alude a unha muller coa cabeza rapada ante o corpo difunto do seu home; os
verdugos deixaron ó seu paso unha inscripción “Arriba España”e un regueiro de
terror. Queman, rouban e asesinan no teu
nome é unha sátira das tropelías dos sublevados mediante o rezo dunha
labrega ante un enxebre cruceiro. Ben
vi-sible xunto un morto en Esta door non
se cura con resignación está o fouciño, símbolo da loita da esquerda. Van a matarnos pero venceremos,debuxo
carcelario, e Non enterran cadáveres,
enterran semente albergan certas esperanzas en que o sangue derramado non
será en balde.

No hay comentarios:
Publicar un comentario