*Visita á Exposición Parafernalia de César Lombera na Casa do Cabido
*Artículo publicado en El Faro de Vigo (15-1-2018)
*Artículo publicado en El Faro de Vigo (15-1-2018)
Confésoo. Sinto
certo fetichismo polas estatuas de grandes persoeiros. César Lombera colma o
meu apetito en poliéster e fibra de vidro. En Compostela modelou a Santiago Matamouros,
Zapatones ou Pablo Iglesias, fundador
do PSOE. É responsable de dúas iconas pop da cidade, As Marías e Valle Inclán,
que viven para sempre na Alameda.
En Pontevedra o divino drama-turgo xa non
está sedente. Fixouse en Perfecto Feijoo, o boticario gaiteiro, co seu loro Ravachol.
En Ribadeo está o Marqués de Sargadelos, creador da célebre fábrica de cerámica
que nace a cabalo do XVIII o XIX. Na Cidade das Burgas camiña O Carrabouxo, personaxe de ficción que
aparece a diario en La Región.
Ten
bocetos de Vidal Bolaño, Torrente Ballester ou Díaz Pardo, cunha actitude case
apoucada. Interesouse por Xan da Coba, excéntrico ourensán decimonónico. Foi
ebanista, poeta e inventor de cousas coma o Pirandárgallo, un paraugas universal.
Na súa
formación é determinante a súa estadía
en Barcelona entre 1973 e 78. A súa infancia e actual residencia en Arousa
deixáronlle unha fonda impronta mariñeira. “De neno sentín esa atracción fatal. Mexaba por
min de puro pracer coa soa contemplación de tanta auga acumulada”. Se O vello Simbad soñaba con volver ás
illas, Lombera gostaba de xogar entre a vida e a morte; buscaba a bafarada de
ar necesaria para respirar.No seu maxín había tritóns, sereas, tesouros
ou polbos xigantescos. Namorado da flora afundida e dos ollos de boi. O
escultor de Barakaldo recurriu a cotío a figuras semisumerxidas.
Non falta a ironía
e o acedo. Algo necesario e terapéutico. Gústalle o humor negro porque é
tétrico e descrido e fala da morte. Pero se solidariza coa raza negra e os
dereitos dos africanos. Lamenta que nós os escravizamos e explotamos ata deixalos
nos ósos e mortos de fame. Sobre as axudas humanitarias parodia coa entrega dun
microondas a tribus sen corrente eléctrica.
O seu universo é festivo,teatral e colorista.
Recurre a elementos etnográficos. Demos dentudos, cigarróns, papáns… É o autor
dos gigantones da Catedral que
substituiron a comezos dos 90 ós barrocos xa vellos que había daquela. Recupera a tradición compostelana da Coca.
Tamén é coñecido
pola arquitectura mínima. Pezas feitas en aceiro
corten máis madeira que presenta con fotomontaxes engadidas para aportarlle
maior profundidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario