Publicado por La Opinión de Coruña o 10-4-2014
Murado retornou a
aula trece da facultade de Historia. Onde cursou cuarto con Monterroso. Daquela xa levara o Premio Café Gijón por Metamorfosis Benezianas. De neno
chistáballe a revista Historia y Vida
que lle mandaban o seu pai e as lendas que lle contaba o avó republicano.
Hai un baleiro historiográfico duns vinte anos. España incluso tiña dificultades para suministrarse de papel.O franquismo emitiu dende moi cedo un discurso victimista, de martirio.A obra canónica é Historia de la Cruzada Española dirixida por Arrarás, carlista que sería un dos fundadores do Diario Ya. Raza foi a película propagandística de Franco. Pero cando fai o pacto cos americanos ten que versionala. Cambia a dobraxe e censura elementos como o saúdo fascista.
O ingleses,
fanáticos da Guerra Civil, leían o Daily Mail, pro-franquista, e The Guardian, pro-republicano.George
Orwell,conmovido polo Maio do 37,só vía loita entre anarquistas e
comunistas.
A segunda
interpretación é unha camada que afonda no anticomunismo. Caso de Comín
Colomer, obsesionado coa masonería, e Mauricio Karl, pastor, policía e escolta
de Largo Caballero que se convertiría no escritor favorito de Carrero Blanco.
Se esaxera o papel de Stalin e do PC na II República, cando en realidade non
foi revolucionaria senón burguesa. Hoxe sabemos que a República de Weimar tivo
máis violencia e inflación ca española. Mentres Albornoz, católico, e Américo
Castro, conservador, discutían sobre o absurdo: a esencia de España no Medievo.
Nos sesenta aparece
unha bibliografía de verdade en Inglaterra. Hugh Thomas tivo un gran impacto.
Franco quixo impedir a súa lectura pero entrou por Canarias e Andorra. Fala sobre todo das mortes indsicriminadas
dos dous bandos nos primeiros meses, xullo e agosto do 36.
Logo xurde o mito da guerra como traxedia
nacional. Unha loita fratricida. A clásica revisión dunha guerra transcurridos
vinte anos.Así, Gironella, franquista catalán, escribe Un millón de muertos, cifra que é un disparate. Las últimas banderas é o contrapunto do
bando republicano.
Nos noventa hai
revisionismo histórico. Estamos máis lonxe da concordia. Os franquistas acusan
á República da queima de igrexas do 31.Os republicanos escollen a vía da
holocaustización, verba que acuñou
Preston. Vense víctimas. Lembran os cincuenta mil fusilados ó fin da guerra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario