Xosé Ramón Pousa
titulouno como“agónico funeral do prensa tradicional”.Agora depende do sector
financiero. “As bancas se comeron ós xornais”. “A sociedade ten que ter
espellos onde mirarse”segundo o moderador do Ateneo. Cre que un dos maoires
problemas dos xornalistas é que perderon credibilidade. “Moito personal veterano
substituiuse por outro máis sumiso”.
Xosé Manuel Pereiro é“ un colgado das novas tecnoloxías.Internet foi o mellor que nos
pasou ós xornalistas. Agora todos sabemos cómo se escribe Schwarzenegger “.Tamén
hai experimentos dixitais que fracasaron, coma Soitu ou La Corriente Alterna,
onde traballaba Wyoming.
“O papel quedará
reservado para historias locais; posiblemente serán semanais”. Sorprende cunha
mensaxe optimista. “É moi boa época para o xornalismo”. A xente segue tendo
pulsions, quere saber o que pasa. “A actualidade está sobrevalorada. O que
importan son as historias.”
Iago Martínez,
coordinador de Luzes, ten o seu “primeiro
contacto coa rede na facultade”. O papel
é otra tecnoloxía máis, aínda que sexa obsoleta e residual. É escasamente interactivo e caduca axiña pero
permite cobrar por el. É unha reliquia que produce unha relación afectiva. Ten
aura. Incluso permite unha posición
corporal de lectura máis cómoda. Cita a
Javier Bilbao. “Renunciar ó papel é renunciar ó privilexio de que cho queimen”.
Onte foi o kiosko para ler El Heraldo de
Madrid, que morrera hai setenta e cinco anos, e a Pilar Urbano zoupándolle
ó Rei.
Olalla Rodil,
redactora de Sermos Galiza, sinte
doble discriminación, por ser nova e ser muller. Nunha sesión do Consello de
Cultura Galega impedíronlle preguntar ó presidente Feijóo.
O xornalismo dixital democratiza o acceso á información, que
chega a velocidade abraiante. Permite un feed
back en tempo real. Ten unha eiva.“Pouca xente quere pagar por informarse”.
Os medios públicos transmiten unha imaxe moi esteriotipada
de Galicia. Lembra un caso real que semella un conto. Un home que no 2009 morreu
dun infarto nunha igrexa de San Andrés de Teixido; a filla agradeceu ó cura que
celebrase a cerimonia de seguido co corpo presente.
A Caetano Díaz,“xornalista
de raza”,moléstanlle os composteláns que sinten case inquina por El Correo Gallego. “Os xornais en papel
son dinosaurios en perigo de extinción. ¡Toca resistir!”.
O problema é que case ninguén quere pagar por ler!!!
ResponderEliminar