*Conferencia de Margarita Santos Zas
en Los Lunes del Ateneo de Santiago
A filóloga visitou os lugares de
destrución na primavera de 2014
*Versión reducida do artigo
publicada onte en El Faro de Vigo
O día 5 cumpríronse
oitenta anos do pasamento de Valle Inclán. En outubro fará un século e medio do
seu nacemento.Por se fora pouco A
Lámpara Maravillosa fai unha centuria. É unha novela que cultiva a cábala e
a linguaxe exotérica e ocultista. Parece que tiña lido a Helena Blavatsky.
Tamén hai cen anos
da misiva do goberno francés que lle pide que fose correspondente na Gran
Guerra.No seu pasaporte leíase “barba moi longa, ollos garzos,fáltalle o brazo
esquerdo”.
Valle tomara
partido polos aliados desde 1915 tanto en privado como en público. Asinou o
Manifesto en favor dos aliados que redactara Ramón Pérez de Ayala. Tamén
figuraban outros pensadores como Pérez Galdós, Maeztu, Antonio Machado, Azorín,
Manuel Azaña.
Viaxa a París o 27 de abril de 1916. Non
regresa ata dous meses máis tarde. Chegou a estación de Orsay e hospedouse na
casa de Jacques Chaumié. A prensa gala prestaoulle moita atención pois xa era
coñecido por ser traducido ó francés. Na capital visitou a Rodin e ó pintor
Ignacio Zuloaga que tiña un estudo en París e era moi ben considerado polo
escultor.Participou tamén na homenaxe que A Sorbona lle fixo a Rubén Darío que
acababa de morrer. O 2 de maio visita as
fábricas de munición onde xa se incorporaban as mulleres ó traballo. O 4 escoitou
a historia duns cadáveres alemáns que aboiaban no mar e chegaban á ribeira coa
marea.
Apareceu un caderno
privado de notas de puño e letra do
escritor.Dun formato dos que eran comúns nas vangardas. Escrito a pluma salvo
seis páxinas a lapis. Con múltiples correccións e anotacións. Emprega frases curtas, sobrias e lacónicas.
Moitas veces ideas desposeídas de emoción. Nunha nota di “Soy de Pétain”. Ao ser
maneto precisaba un apoio estable polo que seguro que escribía de noite ó
chegar ós aloxamentos. Empeza de xeito vertical e cara atrás, logo segue na
orde normal. Deixou dúas follas en branco no medio para que non converxan.
A Casa da Prensa
era a que organizaba as visitas dos xornalistas. O 5 de maio foi a fronte de
guerra por primeira vez. Desde entón só facía viaxes intermitentes a
París.Diríxese ás cercanías de Belfort. Acompáñano Chaumié, Pierre Lalo e outro
oficial francés.Van bordeando os Vosgos.
Estaban na longa fase de trincheiras ou posición na que apenas había
cambios. Os avións deixan de actuar para recoñecelo terreo para convertirse
nunha arma letal. Voan globos e cepelíns. Tamén serán determinantes os
lanzachamas e os primeiros tanques e bombas químicas.
O 6 de maio saen ás
cinco da mañá para Alsacia. Visitan lugares como Lure ou Thann. Tamén o pobo en
ruínas de Metzeral. “Diviso la plana
verde de Alsacia. Ahora está calva como si hubiese pasado el hacha de un
leñador”. Queda impresionado polas angostas trincheiras.“Fosas embarradas cubiertas
de ramaje. Veinte pasos más lejos comienzan las alambradas. Están llenas del
olor de los muertos. Frío y pavoroso”.
As dos alemáns eran máis inexpugnables pois eran de formigón armado. Destrúen
Reims, cídade símbolo para os franceses. A catedral desfeita. “Las gárgolas
rotas. Vidrieras no queda ninguna”.
Valle asociaba os
franceses coa civilización e ós alemáns coa barbarie. Así, tenta mostrar a
vida. “Los niños vuelven a las escolas. Todos se aplican en sus tareas con
normalidad.”
Do 18 ó 21 de maio
visita Salon.”Me despierta una detonación. Es la una de la mañana”. Pérez de
Ayala constatou algo semellante na fronte de Italia. A maioría dos pilotos eran
mozos de non máis de vintetrés anos cun status especial que non duraban máis
dun ano. Quedou aflixido ó contemplar os seus cadáveres “Cuerpos desechos de
dos aviadores. Las ropas chamuscadas. Se les cava allí mismo la sepultura.” O 19 déixanlle voar sobre as trincheiras
alemanas nun avión militar. Unha visión astral. Sinte o vento na cara. Medo non
transmite.
Todas esas
vivencias publicáronse por entregas en El
Imparcial. Ó regreso a España saiu La
Media Noche.Non fai una reproducción ideal do que viviu senón unha
abstracción.Algunha das recreacións refírese a Arrás ou ó Mar do Norte onde
sabemos que non estivo;aí basaríase no que lle contaron.O libro é como un mosaico de pequenas teselas que abarca só doce
horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario