domingo, 29 de diciembre de 2019

Voga, mariñeiro



Alfredo Conde presenta HOMES DE FERRO
na libraría Cronopios de Compostela (27-XII-2019)


  Atracou a súa dorna en Cronopios para visitar á grumete Mercedes.“É a novela máis difícil que escribín a pesar da sinxeleza formal”.Abandonou outra que tiña comezada e agora volverá a retomala.“A primeira vez que lin O Vello e o mar aburriume.Logo valoreino de xeito máis xusto”.

   Catro tipos sexaxenarios veñen vogando desde Dublín, da porta de Santiago que está preto da fábrica Guiness, ata Galicia. Case sen falar. Un deles compuxo una canción mentres remaba. “Metinme no pelexo destes tolos”. Adican mes e medio de tres veráns con singraduras de ata vinte e tres horas.Dormían nas praias. “Eu naveguei.Un barco é como un cárcere en movemento. Recurrín a miña experiencia de mariño e adapteino a súa realidade. Non falei con eles para non condicionarme. Non é unha reportaxe, nin una biografía,é unha novela”.  Zanxa o asunto o editor Alexandre Diéguez. “Non lle vai molestar a ningún deles, están engrandecidos. A realidade é máis precaria”.

   Lembra una anécdota que agora é máis simpática que daquela. “Da medo meterse na pel de alguén que se poda sentir molesto. Contáronme a historia dun emigrante que montara un gran negocio e os políticos fixeron del un pandeiro.O enganara un notario. Percatouse polo papel timbrado.Na novela fai os cartos cun negocio de putas. Eu non sabía cal era o de verdade.A súa muller veu por min e, se non a deteñen, teríame arañado, mordido ou metido unha bomba”.  

   “Quixeron entrar na Catedral de Santiago. Non lle deixaron entrar co barco e o fixeron cos remos. As pas que empregaban eran cadradas, así tiñan que facer menos xogo de brazo. Está, non sei se segue, o pendón da Batalla de Lepanto na nave central pero non deixaron meter a dorna. Se eu fora o deán o metía alí como o botamufeiro”.

   O bote, alcumado Naomh Gobnait, está xa restaurado no Museo do Mar de Vigo.  “Antes facíanse con bimbios recubertos con pel de foca, agora a impermeabilidade é peor”.
   “O comportamento humano é menos complexo do que pensamos, repítese moito. Queren probarse para ver se teñen o vigor da mocidade. Tamén xoga o afán de aventura, de medirse… Somos primates. Non me atrevín a entrar na cuestión relixiosa e na erótica. Son un pouco atravesado. Síntome familiarizado cos que comen, rezan, aman, beben e follan coma nós. Eses son os irlandeses e os bretóns”.  

lunes, 23 de diciembre de 2019

Apocalipse


Presentación de Rueiro da cidade escura 
de Patricia A. Janeiro en el Pub Medusa (19-XII-2019)


   Ameixeiras acude en calidade de amigo.Non foi unha obra de inspiración rápida. “Lémbrame a Mecanuscrito da segunda orixe de Manuel de Pedrolo, catalán que fixo moi boas novelas negras”. Ten tintes neorrealistas; arrecende ós retratos de Passolini á xente dos arrabaldes.

   “Non fala da imaxe turística e terrorífica que todos sufrimos. Fuxe da postal típica. Eu vin atraído por una zona vella chea de vida, algo que agora só ocorre nos barrios”.

   Os personaxes tentan fuxir da catástrofe. “Viven nunha realidade dura, áspera. Todos teñen algún estropicio, unha ferida aberta. Non fala desde un punto de vista paternalista nin pretende pontificar. Coñece a realidade, non hai impostura, e iso o agradece o lector”.

   O admirador de Hammett cedeulle a quenda á finalista do Xerais. A súa escrita non é semellante a de Diego. “Parecíase menos antes. Era máis intensita. Co tempo depuro máis e tendo a recortar. Carrusel de Berta Dávila está moi ben escrita porque non lle sobre nada. Moitos se pasan de freada! A Diego iso non lle ocorre.  Cada vez escribo oracións máis curtas”.
   A primeira idea que tivo foi unha Compostela deserta. Traballaba ese verán en Conxo nunha tenda de jacuzzis.“Non vendía nada e por iso me botaron”.Só había turistas e estradas baleiras. Todos os seus amigos estaban en Portosín. “Sentín moita impotencia”.

   Fusionou esta idea con estoutra. Nunha ocasión lle cortaron a luz porque tiña recibos sen pagar. “Cría que o sistema era inxusto”. Foi ó fogar da familia e contou unha mentira.

   Para documentarse para a súa distopía preguntoulle ós amigos como actuarían nunha situación semellante . “Moitas veces á volta do Maycar”. Ambientouna no 2014.

   Está bastante reescrita, sobre todo os primeiros capítulos. Cando hai dez anos comezou coa novela tiña unha vida moi precaria. “Pagar as facturas, non saber si vas traballar ou non… Pasei tempadas longas sen escribir. Daquela paseino ben. Teño moitos camaradas, perdimos moitas batallas e seguimos aquí”.Agora aprobou unhas oposicións e está máis desafogada;“non son conselleira tampouco”. Pati ía madurando e algúns dos personaxes xa non lle convencían. “Algúns do borrador quedaron fóra. Moitos os quería ó principio e logo caéronme peor e os maltratei”. 

   Hai un apagón en Compostela un domingo de madrugada. Non funcionan os transformadores, os xeradores… Nin sequera o mando da tele. Moitos marchan e ninguén ven axudar.  Outros tardan en decatarse.“Como non hai ninguén non fan falla os cartos. Non ten sentido roubar xoias ou reloxos”. É máis prioritario ir por comida á Praza de Abastos.  Sobreviven os que se xuntan. Forman unha comuna para compartir coñecementos. É unha novela bastante coral. “Quero falar de min e que me leades. Son ególatra. Todos os personaxes son eu”. Teñen que adaptarse e superarse. Hai un máis sensato, con conciencia. É unha camareira. “Podería ser a do Medusa”. Respeta a estes traballadores polo seu sentido práctico e de supervivencia.

   Bebe de autores americanos e ingleses de ciencia ficción, como Ray Bradbury.“Cando todos son listos e hábiles e non se fan preguntas non me parece verosímil. Os zombies danme noxo”. 

   “Peneirei moito certas cancións cando escribía”.   Cada capítulo leva por título eses temas e remata cun mapa. “Non estaban na miña cabeza. Foi unha brillante idea do meu editor”.

   Patricia defende o seu traballo. “É entretida. Ten moita acción. Hai drama persoal…” E confesa as verbas alentadoras que lle proferiu Paco Macías. “Aprendiches a escribir!” 

lunes, 16 de diciembre de 2019

Hablar de mi libro

*Presentación-Espectáculo de Loba Negra de Juan Gómez-Jurado
en El Corte Inglés de Santiago de Compostela (12-XII- 2019)

*Fotografías de la web de La Voz de Galicia y El Correo Gallego




   Tolkien, Stephen King y Pérez Reverte como referentes. Juan Gómez Jurado es uno de los cerebros de Todopoderosos, un programa de radio que pretende divulgar sobre películas y libros de un modo desenfadado. “Lo hacemos gratis y lo regalamos. Acabo roto, dejamos el alma. No nos metemos el codo para quedar por encima”.

   “Los escritores hacemos mucho a posteriori a través de lo que nos dicen los periodistas y lectores. Quiero desmitificar esa leyenda del escritor como demiurgo. ¡Me siento como un mono con platillos, tirando las cosas al aire y lo hago que te cagas! El truco es que solo hacemos la mitad del trabajo; los que llenáis los huecos sois vosotros. Aprecio escribir para gente inteligente, por eso resto información y dejo solo lo esencial”.

   Para escribir es necesario planificación, documentación, exploración… Consigue la concentración en El Valle de los Caídos. Desayuno, comida y cena en una hospedería por 75 euros al día. Un emplazamiento tranquilo, sin cobertura y aislado del mundo. Con jornadas de hasta 16 horas de trabajo.  “Estás en mitad de un parque natural; vienen autobuses con cerdos”.

   A veces necesita ayuda para algunos pasajes.  Una vez uno de sus personajes mató con una paletilla de jamón ibérico. Quería conseguir,en pocos párrafos, un registro cómico y dramático a la vez. Necesitó hablar con un colega físico para que le explicara las posibles consecuencias. Tener una amiga con anosmia le facilitó el trabajo para poder describir esta patología; “me confesó que todo le sabía a cartón y que cuando abrazaba a sus hijos no podía olerlos”.

   “Tengo querencia y cariño por La leyenda del dragón. Visualmente sería un blockbuster espectacular. Me consiguió llevar a sitios que no había alcanzado con la literatura”.

   Marca una línea roja. No permitió preguntar por ciertos personajes para no desvelar sus misterios. Se siente  a gusto,en su salsa,lejos del estrado.Paseando sin escudo.Recordando el nombre de cada persona con la que habla. Bromeando, haciendo carantoñas a los niños. Con una chulería medida que posiblemente disimule su timidez. Dedicando más tiempo a las rúbricas que a la magia de la letras. Con una paciencia infinita para organizar una cola respetuosísima  que competiría con la de Doña Manolita.  “¿Y por qué tengo que leer tus libros?”. Su hija, paciente y educada, cogió el micrófono para silbar el final del partido. “¡Queremos comer!”

domingo, 8 de diciembre de 2019

Luces

*Presentación de ESTRELECER de Carlos Labraña en Cronopios (5-XII-2019)
Interveñen Anna R Figueiredo, Montse Pena, Arantza Portabales e mailo autor.

Lecturas dramatizadas de Iria Sobrado, Roberto Leal e Paula Sanmartín 

Fotos cortesía de Facebook.



  “Sempre quixen coñecer a un dramaturgo”.Anna R Figueiredo conduce a sesión.Da monda á laranxa.“Medrei con Iria Sobrado,ela máis ca min,no mesmo colexio. Queriamos chegar a oitavo para ter clases de teatro”.Coa curiosidade de saber que habería no Chalet Col do Carballiño. O teatro trae unha mirada crítica.“É un whatstapp, está preto da rapazada”.“Coñecín a Carlos nun obradoiro de escrita” que se celebrou na marabillosa cuña da Trisca no outono do 2015.
   “Eu son a señora seria e pesada desta reunión”advirte Montse Pena. O teatro ademais de representalo tamén serve para ser lido. Este libro pode ir dirixido a unha audiencia infantil ou adulta. “A obra que máis leron os mozos quizais é Crepúsculo. Que mellor que levalo mellorado a nosa literatura!” Consegue que o termo vampira perda carga pexorativa. Un cóctel ben barallado : amizade,ansia de poder, lirismo, descubrimento do pasado…

  Tres rapazas achéganse con afouteza diante dunha casa abandonada na procura doutra amiga. Nese lar indiano alzado con cartos cubanos conseguirán un poder sobrenatural.

   “As personas somos luz, depende do momento da vida no que nos pilledes”. Aquí anoitecer, estrelecer e amencer correspóndese respectivamente con pasado, presente e futuro.

  Xoga noutras obras coa tradición popular galega, Samaín e San Xoán,e agora aparece a Santa Compaña.  A Pequeña Compaña, que publicou no 2014, podería complementar a Estrelecer.

   Arantza Portabales traballa no mesmo sitio que Carlos. “Todos sabedes que imos á Xunta a tomar café”.Pero coñecéronse hai pouco. Antes cando se cruzaban ollaban para outro lado. Timidez tal vez.“É unha obra moi gótica. Que sería da literatura sen o lado escuro!” De nena emporcou o vestido da primeira comuñón por ir descubrir unha destas casas abandonadas. Á donostiarra encántalle a sonoridade do título dunha obra máis profunda do que parece.

   Labraña prefire falar de pé. Igual cos actores. Case treme pola vergoña. Dá respostas breves e concisas e soe rematar cada intervención cunha característica gargallada. Agradece o pulo que nestes tres anos lle deu Francisco Castro ó teatro desde que tomou os mandos de Galaxia.

   Comezou a escribir Estrelecer hai 32 ou 33 anos. Tivo un soño que lle inspirou a facer unha poesía. Logo comezou o relato pero non atopaba o camiño. “Estaba canso dos contos e películas de vampiros porque sempre se falaba do mesmo. Quixen acercarme ó xénero para enganchar á xuventude e que todos os personaxes fosen mulleres porque nas novelas de aventuras os rapaces sempre van un paso por diante e elas xogan un rol secundario”.

   “As cousas non veñen a nós, temos que ir buscalas. O digo eu que fun un covarde toda a vida.O día a día ten problemas e monotonía. A imaxinación é a que nos fai vivir e avanzar”.

   “Nestes tempos convulsos se quere desmontar o diferente, érguense muros”. Abordou esta temática en O valo.

   “Cando somos novos pensamos que imos vivir sempre”. Abofé que si.“Morrer en paz é escoitar bater o mar por derradeira vez. Hai moitos anos que vivo en Compostela e boto moito de menos os cantís da Cedeira en que medrei”.

lunes, 2 de diciembre de 2019

La herencia

*Reflexiones sobre la película Puñales por la espalda

Con un reparto de lujo: Daniel Craig, Ana de Armas, Jamie Lee Curtis,
                                      Don Johnson, Christopher Plummer ...


   Se ha escrito un crimen.  Tras la niebla y el vaho hay una mansión gótica. Máscaras, estatuas, candelabros,alfombras,chimenea a fuego lento y un trono decorado con armas blancas. Harlan “vivía en un tablero del Cluedo”. Escribía novela negra. No quería adaptaciones televisivas pese a la oferta de Netflix. Con la pared llena de post its para preparar alguna trama.
   Aparece degollado en la fiesta de su 85 cumpleaños.No se callaba cuando tenía que soltar las verdades.¿Quién querría mandarlo al otro barrio?¿Cuál es el móvil? Una fortuna que asciende a 60 millones. Una familia de pirañas. Poco les importa la persona. Todos buscan la mayor porción del pastel. Unos buitres. Solo falta Carmen Maura escapando por la cornisa con el maletín. 

   Parece un suicidio pero hay que investigar. Alguien ha contratado los servicios del detective Benoit Blanc. Será el cerdo trufero. Se merienda al Agente Archer a la hora de chupar cámara. No hay mayordomo de guante blanco. Fran, ama de llaves, es un personaje poco perfilado.

   Marta es la beneficiaria de todo el testamento. La quieren chantajear porque su madre entró irregularmente en el país. Es la enfermera personal que se encarga de ponerle la medicación. La relación es de estrecha confianza y confidencia. Jugaba cada noche al go con el viejo. Su nariz no entra en erección pero vomita tras cada mentira. Por ello es muy útil para esclarecer el caso.  Tiene una gota de sangre en su calzado, la pantalla del móvil rota y la noche de autos salió y entró del caserón de forma sospechosa. Tiene buen corazón pero es algo ingenua.

   La temperamental Linda no sabe que Morris tiene una aventura.Su vástago,Ransom,es un vividor descarriado.“No ha trabajado en su vida”. La oveja negra de la familia,“un capullo mantenido”. Ni los sabuesos lo sienten como de la casa. Un auténtico borde con los agentes de la ley.



   Joni es nuera del fallecido y ya viuda. Trabaja en una empresa de cosméticos.  Su hija Meg recibía una asignación para pagarse la universidad.



   El hijo menor del muerto es Walt.Era editor hasta que el patriarca le quita el bastón de mando. Su hijo es Jacob lleva en la frente una etiqueta de extrema derecha,que está muy de moda. Parece que cuenta con coartada ya que estaba en el baño a la hora que se certificó el óbito.





















   La anciana apenas habla. Pero, mientras se acaba el pastel de salmón, lo ve todo. Un Pantocrátor sedente que puede desnivelar la balanza. Un búho perspicaz.