lunes, 4 de enero de 2016

Postais de Compostela

Exposición Unha ollada ao pasado.
Colección de Uxío de la Riva na Casa do Cabido

*Artículo publicado en El Faro de Vigo (9-1-2016)


   A estreita Casa do Cabido agocha un tesouro.Cos mapas xa case indescifrables. Uxío de la Riva Pol naceu na rúa Nova o ano da Guerra. Tiña antepasados cameros.Pero era tan picheleiro que participa como extra na película La Casa de la Troya.Aficionouse á colección de cartóns postais. Algúns deles os mercou en Madrid, A Coruña ou Bilbao. Eran máis dun milleiro as que donou ao Museo do Pobo Galego no 88. Na colección incluso hai uns curiosos selos. Finou hai dez anos.

   Lembramos unha Compostela máis pausada. Nun tempo xeórxico. De carballos,roseiras e eucaliptos. Un pasado de ramplas onde hoxe hai escareiras.   Na Catedral estaba a lanterna da capela da Comunión. No Obradoiro, que un día foi Praza Alfonso XII, o Colexio de San Xerome funcionaba como“Escuela Normal de Magisterio”ata que nos anos oitenta acolleu o Rectorado. Os alabardeiros facían garda no Hospital Real. O Consistorio neoclásico exerce a actual función desde 1784 donde antes estivera a Casa dos Churruchaos. O arzobispo Bartolomé Rajoy y Losada fundou a obra.

   En Praterías sempre houbo establecementos que facían reproduccións arxénteas, como ocorría noutras cidades como Milán ou Colonia.  A praza donde destaca a fonte dos catro tritóns e a estatua da relixión durante un tempo chamouse Martín de Herrera na honra dun cardenal. No 1936 derrúbanse as Casas de Espinosa para erguer nese solar o Antigo Banco de España.

   A fermosa Quintana estaba arborizada.A Casa da Parra non tiña o piso superior da balaustrada. Xunto ao Seminario Maior existía a pequena fonte de San Xoan. O rostro da Fonte de Marte do Toural semellaba o do xeneral Quiroga. Foi retirada en 1948 e substituida polo xarrón actual. O monumento de Asorey en San Francisco remóntase a 1930. Na Porta do Camiño estaba a antiga Alfóndiga.


   Onde hoxe está o céntrico Hotel Compostela estivo a casa da Inquisición desde 1729 ata que se derrubou en 1913.  Logo tamén foi Garaxe “La Unión” e Teatro Royalty. Fronte a esquina do Derby, estaba o Petit Christian Hotel. A xoia da Praza de Galicia, daquela alcumada como Praza Pablo Iglesias,  era o Edificio Castromil. Remátase en 1926 por iniciativa do arquitecto Rafael González Villar. O seu polémico derribo foi en 1974. Unha calamidade.

  A Avenida de Juan Carlos I partía dunha fonte e chamábase Martínez Anido,que fora ministro nas dúas dictaduras. No curruncho de Carreira do Conde demoliuse o mítico Santatorio Baltar.

   O Hospital de Nosa Señora da Piedade, coñecido coma o Asilo de Carretas, levantouno Xesús  López de Rego na segunda década do XX. Agora cobrou vida a nova sede de Acollida ó Peregrino. O mesmo arquitecto construiu o edificio modernista da Finca de Espiño entre 1910 e 1915. Acondicionaron os xardíns pero o pazo neogótico segue ruinoso. Unha mágoa. Onde hoxe está o complexo deportivo construen o Cuartel de Santa Isabel na segunda metade do XVIII. É demolido en 1973.

   A estatua de Ventura Figueroa, impulsor da Universidade, despediuse da Alameda e paseou ata o Campus Vida. O Grupo Escultórico “Minerva e os Xenios”de José Ferreiro estaba no edificio da Universidade; logo foi o claustro de San Clemente e finalmente á Facultade de Química.

   Fóra do centro tamén houbo modificacións.A Escola de veterinaria é o Parlamento. Os edificios administrativos da Xunta foran Escola de Sordomudos e Hospital Militar. O psiquiátrico de Conxo érguese onde houbera un Convento. Os pavillóns se construen na última década do XIX.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario