viernes, 22 de enero de 2016

Con Tino


O Presidente do Dépor fala do seu éxito empresarial
 e da súa paixón no Coloquio SD Empresarial (20-1-2016)

   “Teño título de entrenador de baloncesto nacional. Pode chamarme o Obradoiro aínda que Moncho é un míster fantástico”. Foi seleccionador galego en infantiles e cadetes e do Ribeira en Segunda División Nacional. “Unha experiencia e unha escola para saber manexar grupos”.

   “Vou ó fúbol desde neno”pero “son máis do Dépor que do fútbol”. Lembra ver xogar ao equipo do seus amores contra o Burgos de Juanito.  Só baixou a Balaídos para ir a ver o Dépor. Cando pretendía velo amistoso entre España e Alemaña nunha noite de chuvieira pinchou unha roda.  No 94 tivo mellor sorte; coñeceu alí a súa esposa nun aburrido derbi sen tantos. 

 

 

   Con Lendoiro se acadaron os maiores éxitos deportivos pero se multiplicou a débeda. Hai xusto dous anos colleu o Dépor en segunda. Ía segundo clasificado tralo Sporting que non acadou o ascenso. Fixo a auditoría en Garrigues. Ó borde do abismo. “Non quería levar os documentos no coche por si tiña un accidente e os veían”. Gracias ó contacto con Jaume Roures, a primera vez por burofax, conseguiu o capital semente.  Agradece o apoio do presidente Feijoo, Carlos Negreira ou Juan Juncal. Considera a Carlos Mouriño un amigo de verdade que lle deu bos consellos;  “non hai que deixarse levar pola euforia ou a desgraza senón pensar no proxecto”.

   Cando foron a xogar á Condomina en setembro tiñan as contas embargadas e, aínda por riba, perderon un a cero co Murcia. Debutaron ó ano seguinte na Liga BBVA en Granada e caeron dous a un. “O día antes non tiñamos cinco fichas”.

   “Nun clube como o noso é imposible facer longos contratos”sen que haia máis cláusulas por obxectivos. Xa desapereceu o fútbol no que lle das ó de seguridade “cincuenta pesos ó acabar o partido”sen que teña a formación axeitada. “Na Liga de Fútbol Profesional ninguén te bota unha man. Non hai que pagar os soldos por medio dos axentes; se te pillan estás morto”.

   “Como empresario sempre estiven no lado claro”. As contas van cadrando.“O ano pasado foi o de maior beneficio de toda a historia e este ano o superaremos”. Uns once millóns de euros. “Desde que cheguei todo o mundo cobra o día 28”. Non lle importa perder amigos por non regalar invitacións.“Temos dous para cada conselleiro,incluido eu,e o último día llas din a Lucas”.

   O Dépor é unha “empresa de sentimentos” como lle gusta dicir a Luis Fernández Somoza. Por iso hai xente que é soterrada ou se casa en Segovia coa bufanda do clube herculino.

 “O sufrimento do Camp Nou valeu a pena”. Os resultados deportivos van moi relacionados co orzamento. Son moi raras as excepcións.“Quedamos o dezaseis e eramos o dezasete en cartos”.

   Sempre viaxa co equipo.“No descanso se imos gañando estou desexando que acabe”.O único encontro tranquilo foi a victoria ante o Espanyol. Pero trala manciña do Madrid e a decepción do Mirandés o día seguinte “fun ás dez para cama”. Contra a Real preferiu tomar repouso. “Así puden berrar na casa”.   Nos partidos non é o mellor intre para facer negocios. “Nas comidas de equipo os presidentes somos supercompetitivos”.

   A Altia “lle dedica menos tempo que antes”polo Dépor. Montou a empresa no 94 e ata hoxe ningún se quixo marchar da súa beira.  Os primeiros cincuenta enxeñeiros acudiron a súa voda. “Creo pouco no hiperliderado. Gústame delegar. Hai que saber captalo talento e ilusionalo”.

      O empresario tamén patrocina ó Ural, Liceo e ó Basquet Coruña. Quedan tres longos anos de mandato no Dépor.O único erro que asume foi a súa xestión do acontecido no Manzanares.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario