viernes, 22 de febrero de 2019

O pulo épico de Galicia

*Freixanes le de novo O triángulo inscrito na circunferencia
Conversa na Libraría Cronopios de Compostela (18-2-2019)


   Para Dani Asorey é un libro que lembra ós tempos de Sebastián de Portugal. É cunqueirano, oteriano e simbólico.Contundente. O final non é amable pero hai esperanza nun futuro mellor.
   Cando Dolores Vilavedra leu o libro atravesaba un momento complicado. Chorou. Para ela non é unha novela histórica nin épica pero ten “un aliento milenario”. É unha historia que non avanza, como a nosa.Como os hámsters na roda. Vilanova de Alba é unha parábola do país. “Voltas e reviravoltas dentro do labirinto. Mar de sombras e de espellos”. Para a mestra as claves para escribir unha novela redonda son resolver ben a voz narrativa e o punto de vista, aínda que o tema non sexa tan orixinal. O presidente da Real Academia Galega saiu exitoso.

   Gañou o Premio Blanco Amor. A crítica deulle tódolos epítetos laudatorios pero quedou desconcertada. Hai lendas e historia, da que Víctor estudou ata cuarto na carreira e namorouse do Medievo. Non toca de oído a ciencia. “Lera a Hawking e tiña curiosidade na física cuántica”.

   Para Freixanes o tridente é O triángulo-A Cidade dos Césares e Cabalo de ouros. El non metería O enxoval da noiva, que é máis curta e contida. Aquelas compleméntanse e dialogan entre sí.

   Cando escribía o libro estaba inseguro. “Este disparate que me levou tantas horas vaille interesar a alguén?  O libros son un proceso de fermentación. Unha novela é un maratón, con momentos de depre,mentres un conto son os 100 metros lisos”.  Ía a dar clase e falaba ós alumnos de Homero e de Mendes Pinto e a literatura portuguesa de navegación; pero sen decatarse derrapaba e acababa contándolles a novela que preparaba. Despois de 36 anos “tiven a vertixe de lela. Deime un aprobado sobrado. Quedei satisfeito”.

   Íase titular O primeiro día da fin do mundo pero Vargas Llosa publicou por esas datas La guerra del fin del mundo. Pensou en nomes como As mareas. O seu admirado Alejo Carpentier tiña obras con nomes coma El recurso del método ou El siglo de las luces. Tamén escarvou en Rafael Dieste porque publicara ensaios sobre matemáticas pero nada.
   Está adicado ó fillo Denís, que nace daquela. O pan baixo do brazo.  E ó avó Valeriano que criou a Víctor e o seu irmán Jose. Ensinoulles o nome das cousas. Era como unha choiva fina.

   É un mundo moi masculino. Con Xohán de Boimorto Freixanes amosa a súa devoción polos gaiteiros. O personaxe de Quinteiro Malvido, a vontade da razón, ten contradicións, grandezas, disparate, desesperación. Bartolomeu é un optimista. A única muller é unha serea.


  “Compostela ten exceso de boa prensa.Un marketing tremendo.Pontevedra é unha cidade de funcionarios ociosos; é unha diarrea imaxinativa onde nace o Ravachol. Alí escribiu Torrente A saga.Os pobos de beiramar do sur de Galicia teñen outro xeito de ver o mundo.Os do interior  son os que mandan. Eles administran os recursos e a enerxía. Nós somos falabaratos, como a gasosa”.

martes, 12 de febrero de 2019

Moreiras

Antonio Durán "Morris" fala da súa traxectoria

   Cando tes un alcume e imposible afastarte del.De familia ourensá como case tódolos vigueses. Pero chegou ó mundo no barrio de Teis. Criouse xogando fronte ao mercado. “Non tiña vocación de actor nin gracia para contar as cousas. Son introvertido,atormentado e fatalista”.

  No colexio castigábano moito.Tivo etapa de militancia política nos setenta.Atopouse co teatro por casualidade.No instituto a profesora Maite ofreceulle facer de Ramonciño en Os vellos non deben de namorarse. Gustou.E montaron un grupiño de teatro.Facían accións colectivas de varios meses.En Batea,unha representación do país, eran 5 monos aletargados, que se masturbaban e non sabían falar. “A policía botounos dunha sala por enganchar a luz da rúa. Ernesto Chao, que traballaba ben a madeira porque traballara con ataúdes en Ribadavia, fixera as gradas”. Ían en furgoneta polas Asociacións de Veciños.Celtas sen filtro tivo moito percorrido.Era un peregrino que chegaba á Catedral e, de súpeto,brotaba petróleo do chan. Xeraba moito debate.

   Fundouse o Centro Dramático Galego para que fora o buque insignia.Firmaron Morris ou Roberto Vidal Bolaño, que deixou a banca para profesionalizarse aquí.   “Hoxe é un lugar de burocracia e só traballan actores de vez en cando”.

   A TVG comezou a emitir no 85. Ó principio non facía ficción. “Sentíaa miña pero agora teño máis desafección pois está toda externalizada”. Entrou en dobraxe. “Esto si que é vivir”, pensou. Facía sobre todo debuxos animados. “Pero aburríame o ambiente; estás metido nun zulo e non ves a luz”. Chegou Pratos Combinados, que “ofrecía cercanía e a xente se identificaba moitísimo; agoras pensan o contrario”.As audiencias foron extraordinarias. “Antón era un pequeno corrupto vividor”. Ás veces ía a facer unha sesión de Periodistas ou El Comisario. A xente lembra o morreo que lle deu ao Señor Cuesta en La que se avecina. “En Galicia as cousas funcionan por familias” en referencia as loitas entre produtoras.



   Coas primeiras películas “faciamos prácticamente de extras. Estiven vinte días en Madrid para facer un plano de camareiro en Continental. A barra era alta de carallo! E gritaron polo megáfono: Al gallego que le pongan una pedalina!”

   Logo chegaron os papeis que lle deron máis sona. Doentes alimentoulle o corazón. “Todo Dios lera A Esmorga. Blanco Amor morreu aquí de pena despois de ser un gran artista”. Fariña levou tódolos premios onde se presentou; permitiulle acceder a un Feroz, que otorga a prensa.


   “Con Galicia teño unha relación de amor-odio. Trátase mal a si mesma. Ás veces teño que descansar de aquí. Somos un país que trae os restos de Castelao e logo nos damos de hostias”.

lunes, 4 de febrero de 2019

O que non se dixo

María Xesús Lama revisa a figura de Rosalía de Castro
en Los Lunes del Ateneo (28- I-2019)


   A nai veu a Santiago á casa duns amigos para ocultar o embarazo e ter a Rosalía. Martínez Viojo, capelán destinado en Iria e tamén no Pazo de Arretén, puido ter unha relación longa con Teresa aínda que ela parise con máis de trinta anos.  Rosalía non sentiu trauma pola orixe. Mantivo contacto co pai con afabilidade e entrevistouse con el antes de marchar a Madrid.

  Non foi unha muller vella,vestida con roupas escuras.Nunca o foi porque morreu con 48 anos. Era moi urbana,unha señorita,de orixe acomodada.Vivía das rendas que lle tocaban pola familia de Castro. En Ortoño viviu ben pouco.  Medrou entre Padrón,concello que entón era máis grande que Vigo, e Compostela.  De moza non lle gustaba Castela pero sí Madrid ou A Coruña.

   Parece probable que fora á escola primaria, só de nenas,en Padrón.Chegou a Santiago xa con nove anos,máis cedo do que se dixo,coincidindo coa venda da casa da rúa do Sol de Padrón como investigou Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda.  Aquí estaban os curmáns da futura escritora. Foi Liceísta, onde se practicaba a música e as artes escénicas dentro do liberalismo.

   Hai que cuestionar que escribe e publica grazas a Murguía. La flor,que ten algúns poemas bos e outros non tanto, vendeuse bastante ben. Publicará algunhas obras en editoriais dos amigos de Manuel pero tamén lle perxudicaban as polémicas e leas nas que se metía o historiador.  

   Empeza a publicar en castelán. La Flor, La hija del mar e Flavio por fascículos.Racha con Cantares Gallegos. A decisión non depende do marido. Quere mostrar a fala da xente do campo e a beleza da lingua.Nas festas minervais as demais mulleres non escriben en galego. Consérvanse cartas de poetisas que lle piden consello o que amosa que xa recoñecían a súa autoridade.

   Trasladouse a Madrid para vivir das artes.Casan aló. Barreiro di que regresan a Galicia porque ela estaba moi enferma e el quería publicar a Historia de Galicia.O feito era que estudaba farmacia e non aprobaba; o pai retíralle a asignación. Colabora na prensa,o que otorga fama pero non tantos cartos. Criticara os capo da arte, Os Madrazo, o que lle dificulta as cousas. Volveron e viviron na Casa das Conchas. O pai de Murguía tiña unha farmacia na Praza de Cervantes.


   Posicionase no debate sobre a abolición da escravitude. En La hija del mar non deixa ben o protagonista, un traficante de escravos. No porto da Coruña movíanse moitos cartos con iso.