Antonio Quinteiro fala da súa aposta polo Compos no Foro "SD Empresarial"
O apelido materno é Canedo. Como se acechase alonga sombra do antigo presidente. Colleu o equipo nas catacumbas da lei concursal e refundouno. “O Campus Stellae non tiña estructura de clube. Recuperamos o nome e o patrimonio do Compos, os seus trofeos”. Aínda que atopou sopresas desagradables “Non esperaba as débedas ocultas que había ahí. Os xogadores levaban sete meses sen cobrar; só o fixeran os tres primeiros”.

“Queríamos
recuperar a ilusión da cidade”. Pero tras dous ascensos para afastarse de Preferente
aínda son poucos os fieis en San Lázaro. Láiase pola pouca concorrencia. “Ó Depor
a afección non lle deu a espalda cando baixou. Ó Celta lle custou recuperar a
súa masa social. Aquí será porque hai frío aí arriba”. En troques “sempre
recibimos un cariño cando imos por aí fora; e o que nos falta na casa”.
“Compromiso,
traballo e dedicación. Hai que durmir menos horas pero da satisfacción”. Tivo que deixar de xogar ó fútbol. “Ata os 47
anos o facía duas veces por semana” afirma o que fora xogador das categorías
inferiores do Compos. Os que fan deporte
adquiren uns valores especiais; estes “loitan por un obxectivo e esa intensidade
se transmite a nivel empresarial”. El é proactivo por narureza. “Se teño unha
avaría na casa e non poden vir, collo a ferramenta e o fago eu”. “Son decidido, competitivo e me gustan os
retos".
Este ano a
situación deportiva necesita dun pulo. “Os 90 minutos deportivos se convirten
en sufrimento”. É quen de confesar o seu debe. “Non renovar a Fredi o ano
pasado aínda que non gañábamos fora da casa”. O adestrador escoita hierático nas
últimas ringleiras xunto aos seus pupilos.
“No partido de
homenaxe a Angrois non conseguimos resposta do Dépor pero desde a chegada de
Tino estamos máis cercanos. Temos que ser o fillo consentido do Celta e Dépor”.
A lo menos esa amizade xa logrou os primeiros froitos. Conseguiuse a cesión do
prometedor Bicho.
No hay comentarios:
Publicar un comentario