miércoles, 27 de diciembre de 2017

Feirantes


*Homenaxe a Álvaro Cunqueiro no Ciclo "Galicia, ceo das letras" do Gaiás (2-4-2011)
Centenario do nacemento do escritor mindoniense



  Un carallán.Dos que mantén ó auditorio á espreita.Quico Cadaval veu falar de Cunqueiro, un dos“primeiros intermediarios entre os deuses e os homes”.O de Ribeira xa ten no seu currículo versións de O ano da cometa,da que “se dixeron cousas horribles”,e Se o vello Simbad volvese ás illas.

  Cunqueiro  reencárnase nos tristísimos anos 50.Crónicas do Sochantre é “como toda a historia do teatro: vangarda, performance…” Os finados na Bretaña beben cervexa para divertirse e contan historias de medo e violencia. Incluso representan a Romeo e Xulieta.    De noite volven converterse en esqueletos e a súa carruaxe de cabalos é apedreada pola xente do pobo.

   En tódolos seus libros fala de Mondoñedo, que pode agocharse baixo o nome segredo de Lucerna. O unicornio é unha figura esencial na súa obra que podería relacionarse co falo. Lembrouse de personaxes que non se escriben con letras grandes .Estaba namorado de Micol, filla de Saúl, un dos persoeiros da historia de Israel.


   “Realismo máxico é unha etiqueta un pouco naif para Cunqueiro”. Sempre recorre ó surrealismo dos anos 20. Trata o real, ás veces tras falar da morte ou da fame. A violencia pode causar risadas, sorpresa…   A realidade para el é máis importante que o máxico.  Gústalle dar detalles moi concretos. Unha das súas obsesións é a forza creativa e evocadora dos nomes. 

viernes, 22 de diciembre de 2017

Paisajes

XIII Edición del Café con...   Paco Rocha en el Palacio del Carmen (18-XII- 2017)
*Organizan Galantiqua y Mareiras Espacio de Arte

   El paisaje, los retratos y el bodegón constituyen los tres grandes temas de la historia del arte. La atracción por el horizonte ya era constante en el Renacimiento.  A finales del XVIII nace el gusto por lo sublime y pintoresco. Según Marx cuando se tiene dinero ya se puede gozar de aspectos como el paisaje. El romanticista Caspar David Friedrich pintó un tipo empequeñecido por el entorno. Edward Hopper y Antonio López prefirieron el paisaje humano, el de la soledad.



   José Taboada relativiza. “Para un ingeniero lo máximo sería un puente y para un ecologista unas fragas”. El agua nos hace sentir bien. Nos relaja. Por eso los pisos en primera línea de playa cuestan más. La gente que reside en zonas verdes tiene menos enfermedades respiratorias.  Pero los gallegos no creemos en espacios comunitarios. Cada uno tira por lo suyo.

   El color en las fachadas de las casas es como un cuchillo; puede estar en manos de un buen cocinero o en las de un asesino. Se usó en los pueblos pesqueros porque es la pintura que sobraba de colorear los navíos. O para que el marinero reconociera su casa cuando retornaba.

   En la zona monumental compostelana fuimos muy estrictos y conservadores por mandato del Consorcio. Incomoda el día a día de los vecinos y sus gestiones pero es por el bien común. 

   El feísmo es un síntoma de educación, de recursos, de corrupción… Aunque a veces fuera lo vemos como algo exótico y aquí somos más autocríticos. “Vivimos en el país que inventó el Lazarillo, el periódico y la revista más leídos son el Marca y Hola. Cada día es insoportable a nivel cultural,político y social”.El racial Paco Rocha encontraba la paz en un bosque de castaños que había cerca de Cuntis. Le robaban continuamente al dueño. Ahora lo ha vallado.

   Los humanos tratan de eliminar su lado animal. “Pero aún no hemos dejado de matarnos” y nuestros máximos placeres son así. Rodeado de naturaleza es su mejor hábitat. “Me siento cazador”. Begoña Álvarez Seijo reconoce que a veces no distingue nada en la obra de Rocha pero le transmite mucha intimidad. Le evoca lo que Ranciére llamó la emancipación del espectador. 

  Natural contra humano es una serie para recordar el Prestige.Usa terminología de guerra porque “me gusta ser evidente”. “Las líneas telefónicas y la energía eólica rompen los paisajes. En Galicia la ordenación del territorio significa eucalipto más eucalipto”. Hasta en enclaves turísticos como el Cabo Touriñán hicieron chapuzas. Se planta en el campo con el máximo respeto y admiración. Carga una cámara que pesa un quintal pero con calidad para percibir cada textura.

























   Tiene otras fotografías más abstractas que recuerdan más al posestructuralismo francés. “Son pequeños cortes y representaciones del paisaje que me aportan paz”. Muchas veces son espacios cerrados en los que no se divisa el cielo. “Nos están obligando a llevar una vida anodina y la única opción de libertad que gozamos es poder disfrutar del paisaje”.

   Y la tercera parte de la exposición gira alrededor de la naturaleza modificada por los hombres. “Mi casa me sirve para vivir en comunidad pero mi yo animal se desarrolla en el campo”.

lunes, 18 de diciembre de 2017

As mulleres de Anna

*Coloquio sobre as fotos de Anna Turbau "Galicia 1975-79"  no Consello da Cultura Galega
Interviñeron, ademais da fotógrafa, Margarita Ledo,Cristina Zelich,César Portela e Natalia Poncela

*Para unha primeira ollada das fotos da Transición preme en horchataenlasvenas.blogspot.com/2017/10/la-transicion-en-galicia.html


   A obra de Turbau foxe do snobismo,oportunismo e as modas.Doou o seu álbum por puro altruísmo. Só un rogo. “As novas xeracións mirade ao pasado que hai moito que aprender”.

   A fotografía era perigosa nunha época con moito dramatismo. “Galicia estaba pechada e perdida no tempo,sumida nun oscurantismo brutal”.Cando marchou no79 xa non traballaba a pracer polas presións policiais.“Galicia é o país do meu corazón.Se o digo noutro sitio mátanme”.

   “Non son artista, son fotógrafa”. Algo semellante dicía Oliviero Toscani, responsable de moitas campañas de Benetton. Afirmaba que non era fótografo.El facía fotos.Enfatizaba a construción. Introducía na publicidade o peor da realidade. Ata que se armou polémica coas imaxes do corredor da morte en Estados Unidos.

   O traballo de Turbau transformouna. “A miña aprendizaxe como persoa foi en Galicia. Veño dunha familia con moito silencio político. Aquí puiden definirme” sentencia a catalana. Segundo Margarita Ledo esta actitude responde a ética da alteridade que postulaba Emmanuel Levinas. Unha teoría que contradice a doutrina cartesiana.

 

   Cristina Zelich comenta que Turbau pertenceu a unha xeración de autores que era menos humanista que os que os precederon.   Achéganse a realidades rurais, tradicións e mitos. Son os casos de Cristina García Rodero, Koldo Chamorro, Ramón Zabalza, Fernando Herráez e Cristóbal Hara. A propia Zelich foi comisaria dunha exposición deles,  “Tan lejos, tan cerca”.
   Encarna Otero agradece a xenerosidade de Anna, “algo que caracteriza ás mulleres”. A historiadora cre que as súas imaxes contradicen un discurso erróneo que moitos interiorizaron.

    O seu obxectivo buscaba ás mulleres. Estaban en contextos duros, en estado de abandono. A ela, que viña de Barcelona, chocáballe que estivesen sempre soas no rural. Veulle á cabeza a imaxe dunha vella totalmente dobrada levando un carro de bois. “Facía as fotos e quedaba calada. Era unha cuestión de respecto” .

   Cunha clara vontade de achegarse ás mariscadoras.Coas costas encorvadas e con enfermidades derivadas desas tarefas no mar que non foron recoñecidas. Recibían paus da Garda Civil e máis dos seus maridos.  Pouco valoradas cando aportaron moitos cartos ós intermediarios.

   Cando construiron a Autopista do Atlántico, a AP9, empregaron a escala 1: 5000. Por tanto as máquinas comenzaron a traballar sen saber que encontrarían.  A loita veciñal conseguiu deter dous anos a obra. Lograron alomenos que respectaran as canles de auga. Unha navallada á nosa terra foi un documental de Lorenzo Soler que falaba de como Galicia quedou cortada. Debías andar varios kilómetros para chegar ás leiras que tiñas ó lado.

   César Portela coñeceuna en Cataluña.“Anna e Lorenzo entraron na miña vida como un agasallo hai 40 anos”. Dorita Riestra encargáralle a Portela a construción das vivendas para os xitanos de O Vao. Estaban en fase de integración. “Non eran uns clientes comúns”. O arquitecto non recibía honorarios “para pagalo aluguer” e aínda tivo que pedir diñeiro ós contratistas. Funcionaban como tribu pero cada unha das familias, que contaban con ata doce fillos, quería ter o seu propio fogar.  Axudaron a construir eles, incluso os nenos. A condición do cura era que os cativos tiñan que ir ó colexio.  A comunidade disfrutaba tocando a guitarra e tomando café, “que era como chocolate; non durmías nunha semana”.


   Quen mellor co lerezano para debater sobre o lar. Habitamos tres casas. O noso corpo é a primeira. A casa familiar, onde nacen os nosos fillos e morren os nosos pais e quizá nós tamén. A terceira é a casa social, é dicir, a aldea, vila ou barrio. Poderiamos incluir aínda dúas máis. O mundo e, cando o destruamos, o universo. 

jueves, 7 de diciembre de 2017

O Zapato

*Arturo Casas, segundo convidado do curso no Filocafé do CGAC (3-XII-2017)


   Nos filocafés valórase a imaxinación, a participación e os enfoques inverosímiles. Hoxe modera Arturo Casas, sempre mergullado na obra de Dieste, “o gran teorizador da plástica galega”.
   Escolleu unha obra de Eva Lootz. Nace en Viena, “cidade onde se cometeron os crimes máis atroces”.E case española pois reside no noso país desde 1967. Marchou de alá porque non soportaba os excesos de cultura do Accionismo Vienés. Recurrían moito ó sangue, feces, ouriños, pelos, unllas cortadas, seme…

   Eva segue máis a tradición de mulleres escultoras. Como Louise Bourgeois que facía arañas xigantes nas que o espectador podía introducirse como nunha gaiola.  Niki de Saint Phalle, cercana ao pop art, traballa moito con escopetas “quizais porque foi violada de nena”; o público pode disparar a globos cheos de pintura. Ou Nancy Graves que era famosa polos camelos.

   Lootz, tamén poeta e debuxante, traballa moito con materiais fluídos.Fixo unha escultura efímera filtrando area finísima. Documentou o secado dun río no deserto do Atacama. Fíxase nos ocos que deixou a mineiría e os bautiza como catedrais invertidas. Case nunca representa o corpo humano. Próteses si.  Ás veces animaliza obxectos: orellas moi peludas, luvas… Coa característica de que soen ir individualizadas. “A arte debe facer audible o que non se escoita e visible o que non se ve”. Por exemplo, o realismo soviético fracasou por estar obsesionado en ser accesible, intelixible e simple.  “Quedou entre kitsch e pop”.

   A peza escultórica a analizar é do 2001. Parece do medievo. Lembra as abarcas, sandalias ibicencas.Está feita de ferro e chumbo. Considérase de pequeno formato porque é algo menos dun metro cúbico. Non está sobre unha peaña. Ten rodas, ben agochadas. Parece unha carrilana pero non é para trasladalo. Por fóra os pregos semellan cartografía. No interior vese a tramoia, a estrutura. Está diáfano, sen sola. Se o miramos desde posición cenital ten forma de oito. Lootz está obsesionada coa relación deste número coa palabra noite; nas línguas indoeuropeas sempre teñen sonido moi semellante.
   Nótase a oquedade; ten que ver co silencio e coa dialectiva negativa da que falaba Adorno. Cando a xente os calza permanecen en penumbra.  A forma lembra á dun ataúde.

   É un motivo recurrente na historia da arte. Andy Warholl pintou moitos zapatos, o símbolo do pobo.  Miró e Dalí, surrealistas cataláns, tamén. Magritte unhas botas coas dedas por fóra. 
  Van Gogh pintou un célebre cadro sobre dúas botas sobre un fondo amarelo.Están porcas pero non hai terra nin palla.Xeraron un profundo debate.Son de muller ou non?Para Meyer Schapiro poderían ser as de Vincent tras dar un paseo. Jacque Derrida aprecia que son distintas. E para Martin Heidegger falan do esforzo,da fame,das esperanzas e do día a día dos campesiños.
   Os contos de fadas falan moito de zapatos.Cenicienta é atroz,pensa Angela Carter. As irmáns ampútanse unha deda e parte do talón para casar co príncipe. A protagonista tiña amizades ornitolóxicas. Dolores Vilavedra cre que a escala desproporcionada evoca un mundo de xigantes.

   Hai fetichismo polos pés.En Chile chaman zapato á vulva.As gueixas vendaban os pés para que non crecesen de máis. Para ser musas debían sufrir. Incluso os tacóns, onde só se apoia a parte dianteira do pé, teñen unha interpretación peiorativa. Parece que así deixarían menos pegada.


   As lecturas posibles son case infinitas. O calzado, máis alá do escaparate, sempre vai vencellado por posesión a un individuo concreto. Pode ser un tributo a un futbolista xenial. Nun accidente de automóbil intuimos que hai un morto cando vemos as zapatillas espalladas polo chan. Ou as vítimas do Holocausto.Lémbrame a crecente preocupación pola seguridade nos aeroportos. A Beiras protestando contra Fraga, a Bush fillo esquivando con habilidade o lanzamento dun par por parte dun reporteiro…

lunes, 4 de diciembre de 2017

No me dejes sola

*Mis impresiones de la película Julieta de Pedro Almodóvar
*Con un reparto con Enma Suárez, Adriana Ugarte, Rossy de Palma, Inma Cuesta...

   In media res.A Pedro le gusta empezar en mitad de la tormenta.Para dejarnos desorientados como una gamela en medio del temporal. Rasca en el perdón, el paso del tiempo, la soledad.

   Julieta se entrega a la mitología. Conoce a su Poseidón en un tren. Una cerilla de pasión. Traqueteo. Mientras, un hombre con la maleta vacía de ilusión se suicida en las vías.

   Muere la mujer de Xoán  que estaba en estado vegetativo. Se anima a pedirle a Julieta que venga a Galicia a vivir con él. Ya no había obstáculos para este amor. Salvo Marian, una criada cotilla y chapada a la antigua.  Y tal vez Aba, una amiga especial que crea esculturas fálicas.

























   Nace Antía, también apasionada del salitre. Papá, con alma íntima de farero, permanecerá para siempre en el océano. Y Julieta cae en una profunda depresión. Zombi. Ida.  Su hija y Bea, mejor amiga de la niña, cuidarán de ella en sus peores días. Sin un reproche.

   Pero la paloma agita las alas. Necesita volar en libertad.Ya es mayor de edad. Marcha a un retiro espiritual de tres meses a los Pirineos.  La necesidad y dependencia de Julieta se agiganta. Y la joven decide que lo mejor es desaparecer. Casi sin dejar rastro. Firme como una fanática.

   Mientras la mamá de Julieta se va de este mundo. También estaba muy deteriorada. También su hombre necesitaba explorar el cariño de su asistenta.  Pero Julieta no digiere bien a su hermanastro.  Y es fría como un témpano con papá. Dilema moral para el espectador.




   Abatida otra vez. Cada cumpleaños de Antía es un puñal al corazón. Ni una carta de su puño, ni un mail, ni un whatsapp. Conoce a Lorenzo casi por casualidad. Porque él la buscó. Un  amor de madurez. Le persigue como un “personaje obsesivo de Patricia Highstmith”. Ya Grandinetti tuviera un rol semejante en Inevitable.  Pero  Julieta tiene más pena por el ayer que ilusión por lo que vendrá. 

viernes, 1 de diciembre de 2017

As orixes do cinema galego

*Sesión de Os Luns do Ateneo de Santiago (27-11-2017)  

  Euloxio Ruibal pertenceu ó Grupo Lupa. Hoxe presenta con pausa a Miguel Anxo Fernández. O do chapeu, creador do detective Frank Soutelo, foi presidente do Cineclube do Carballiño.
   Comezou polo final. Somos un país con apenas 200 pantallas grandes distribuidas polas capitais e vilas galegas. “Sería pouco máis dun millón que teñen acceso ó cinema sen desprazarse; quedaría millón e medio que dependen de iniciativas institucionais como as de Agadic”.

   “Non sexamos tan papanatas para pensar que os americanos non fan tamén cinema de calidade. O que pasa é que naceron con ese espíritu do espectáculo”.

   En Galicia hai caviar. Dhogs é unha película impactante, violenta e cun modelo de produción non industrial. Vaca Films está entre as produtoras máis fortes de España.“Vin un minuto de La sombra de la ley é quedei abraiado. Un milagre” cun orzamento axustado. Bambú e outra produtora potente;roda Fariña, “que vai un pouco ó tópico pois o público demanda thrillers”.
 “Galicia tivo relación co cine desde o minuto cero”.Carolina Otero tiña mala sona pero chegou a ser multimillonaria.A de Valga xa estaba en 1895 no Kinetoscopio de Edison con Danza Andaluza.Felix Mesguich,do equipo dos Lumiére,gravouna en San Petersburgo en1898.O xa desaparecido Xosé Luis Cabo aportoulle inxente documentación para que fixera un libro sobre A Bela.
   En 1897 entra o Cinematógrafo na Coruña. Sellier Loup filma o enterro do Xeneral Sánchez Bregua o 20 de xuño. Tardou en recoñecerse que eran imaxes anteriores ás da misa do Pilar.
   José Gil y Gil  é o artífice da primeira ficción galega, Miss Ledyia, en 1916. A cinta, de 16 minutos, permanecía gardada na Caixa forte de Museo de Pontevedra e a Filgueira Valverde costoulle entregala para a súa restauración. As rodaxes foron na Toxa e Pontevedra.  Gil era fotógrafo, “como cineasta era frouxo”. Facía travelling colocando a cámara nun coche. É icónica a imaxe de Castelao, caracterizado como pastor proestante, erguendo unha pistola.

   Nos anos 20 hai rodaxes do cine español en Galicia.Bos exemplos son Carmiña,flor de Galicia, cun cartaz sen nomes dos actores, La Virgen de Cristal ou Odio,”que tivo moito predicamento”.




   Do 1930 é La tragedia de de Xirobio que nunca chegaría a estrearse. Naceu a partir dun conto de Cousas de Castelao.  Os irmáns Barreiro fundan a Produtora Folk, “un noticiario galego, case un antecedente do Nodo”; Por una Galicia mejor, por unha Galiza nova é un alegato “propagandístico e vangardista” a prol da campaña do Estatuto.





   Os da Escola Documentalista Ourensá acabaron distanciados ideolóxicamente. Antonio Román é o artífice de Canto de emigraciónRomance en imágenes sobre motivos gallegos. José Suárez comezou Mariñeiros en Bueu pero tivo que rematala no exilio de Uruguai. Carlos Velo fixo o documental Finis Terrae no 35; Gillo Pontecorvo recoñeceu que La Batalla de Argel ten moito influxo de Torero.  Como o director galego era republicano logo dirían que era mexicano.

  O Franquismo tiña vocación claramente centralista.O cine non era unha excepción.Todo xiraba ó redor de Madrid e a Meseta.“Antonio del Amo viña da República e tivo que agochar a orella e facer cine con Joselito”.Xa tiñamos actores de éxito como Antonio Casal e Fernando Rey.