*Coloquio sobre Novela Negra na Feria do Libro de A Coruña (1-8-2019)
Arantza
Portabales é interventora. “Escribo para escapar da rutina”.Empezou como microrelatista.
“Describo pouco. Teño que facer das miñas eivas as miñas afoutezas”.
“Eu son pragmática es estou moi apegada á
realidade. Fixen o esforzo de facer un conto de mouras para contarlle ós nenos.
E convencín que no ano 2018 había catro mulleres que falaban cun contestador
automático como xa ninguén o fai”.
“As escritoras do norte temos a nube
pendurada e somos máis escuras”. En Beleza vermella hai seis personaxes
que uns sospeitan dos outros; están todos no xardín dunha urbanización nun
ambiente claustrofóbico. A ausencia de espazo pode axudar á historia. O horror atrae. Cita o exemplo do caso
Julen. “Se un no colexio ten meninxite sempre pensamos se o noso tamén o
ten”. Se o tren do Alvia fose en Rusia
non sentiriamos o terror tan preto.
Tamén reconforta que o escritor pense por nós”.
María
Oruña exerceu dez anos como avogada
laboralista.“Non baixaba a calabozos”.
“A etiqueta de novela negra diluise. O mundo
cambiou nos últimos 50 anos. Os psicó-logos din que a novela negra é unha forma
de ter controlado o mal. Case sempre pillan ao malo. É un xeito de conseguir o
equilibrio,algo que na vida non é posible”. Entreter ó
lector é dificilísimo.“A
veces non se nos considera alta literatura;¡ é algo moi inxusto!”.
“As novelas son un xogo. Escribo
híbrido:histórico,intimista,negro,misterio”. Son fantasiosa, peliculeira” pero
“non creo na maxia nin nos espíritus. Penso que son un fraude para o lector”.
Ambientou as súas novelas en Cantabria, de onde é a súa familia paterna.
Debería ser nomeada filla predilecta de Suances. “Non me preguntedes se a
paisaxe é un personaxe máis”.
En Infamia
Ledicia Costas céntrase no abuso
dos nenos, do poder… Temas moi sensibles. “Quería afondar na psicoloxía dos
personaxes. Quería facer un thiller psicolóxico. Púxenlle Merlo pero realmente
é Beade. Onde me criei en liberdade
dende os 6 aos 14 anos. As miñas
amizades máis potentes son de esa época”.
Interesada polo lado máis perverso do ser
humano como xa fixera en Un animal
chamado Néboa. Marcada por casos
como o de Marta del Castillo. “Son hipersensible e valoro moito as emocións”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario