*Coloquio con Álvaro Pino e Suso Blanco Villar moderado por Terio Carrera
Organizado por Ribadoulla na Casa de Cultura de Santa Cruz de Ribadulla (13-9-2019)
Para meigo
non vale. “Na súa vida gañará unha Volta por etapas”. Foi o que pensou Álvaro
Pino cando veu os comezos de Induráin.
Recoñece que sinte admiración por Miguel. “É unha persoa sencilla e bondadosa”.
O primeiro director do de Ponteareas foi o pai de Purito.
Suso Blanco Villar
e Álvaro Pino son os únicos españois que foron líderes na Volta a España
1986. “Eu non saía de líder. Era o
colombiano Pacho Rodríguez. Mantíñame á expectativa”.
“Non
levabamos casco e ó principio nin gafas”.
Aínda conserva a BH coa que gañou. Para Terio é “un tractor pequeno” polo peso
que tiña. “Adestrabamos por sensacións. Faltaban tres semanas e non sabías se
tiñas que darlle máis ou levantar o pé e descansar. Non sabiamos na-da de
watios. Nairo se queixaba dos potenciómetros para criticar a Froome”. Non abandonaron a bici no faiado. “Sigo montando tres ou máximo catro días á
semana. Nunca máis de 70 km” di o de cabelo branco.“Agora vexo repechos onde antes non había”engade
Suso.
O de
Ponteareas é humilde. “Eu non era de clase, era máis limitado. Tiña capacidade
de sufrimento. Suso era unha besta bruta de forza.
Comezaba na Ruta do Sol, logo Valencia, Cantabria… Rendía ben nas dúas primeiras semanas da
Volta pero logo lle pasaba factura”.O de Rois triunfou en Santander, no
fogar do seu equipo Teka, e cara ó final en Puerto Real.
Pino colocouse de
líder nunha contrareloxo en Valladolid na que quedou cuarto. E o derradeiro
día gañou a crono plana de Xerez. “Defendíame pero chegaba ben de forza e de
convencemento. Aguantei frente a Millar. Funme crecendo coas referencias.
Había adoquín e case me vou fóra a 400 metros do final porque cheguei pasado”.
Na etapa de Sierra
Nevada, que terminaba no Parador, “levaba bastante seguridade. O último compañeiro que aguantou foi
Anselmo Fuerte”.
Preguntaron se na montaña
había máis medo ou agradecemento ó público enfervorecido.
“Pasabas por un pasillo. Algún agora quere facerse notar para
saír na tele pero son moi respetuosos”.
“Os escaladores de 1´60 ou 1´65 e con 58 kg tremiamos cando ía vento. Tiña a Guido Van Calster para que me
axudara nos abanicos”; un día
salvouno dun abanico forzado polo
Panasonic de Robert Millar. “Poñíame á roda do belga que daba moito gas”.
Pero non foi doado.
Tivo unha crise nun día de moitísima calor e humidade. “Sudábamos motísimo. Se
me dobraban as pernas pero salvei o día”.
Álvaro non puido repetir triunfo. “A volta de Giovannetti non a daba gañado eu” ó rematar aquela edición rompín o
tendón de Aquiles levando ó neno o colexio. Refírese a do 90.
Pino insiste
en que prefire a Volta como antes. Finais de abril e comezos de maio. “Teka e
Zor, de Mínguez e Linares, metían os líderes na Volta a España e logo
chegabamos co gancho as outras competicións.
Marino Lejarreta algún ano
fixo as tres. Agora corres o risco de que veñan menos figuras”.Terio Carrera
teno claro. “Reynolds e os grandes patrocinadores tiñan sempre a cabeza
no Tour”. Pero sinte certa nostalxia. “Agora na Volta toda está deshumanizado.
Os buses dos equipos serven para agochar ós corredores”.
Jesús empezou
moi xove en profesionais, como foi o caso de Chozas e de Marcos Serrano, con
vinte e vinteun respectivamente. “Tiña rivalidade xa desde infantís con Manuel Carrera. Logo fomos compañeiros
de equipo no Festina”.
Blanco Villar
sentiu devoción por Bernard Hinault.
E Pino dalle a razón. O francés “gañaba Tours, sprints… era un
todoterreo”.
Tamén teñen
verbas de honra para o gran escalador hispano de metade de século.Bahamontes sempre acaba por compararse
con ciclistas actuais. “Federico sempre fala en primeira persoa. Xa no lo
dicía a nós. Foi grandísimo”.“Organizaba todo.Era un espectáculo”engade Blanco.
“Rodríguez
Magro, que xa non está aquí, é un gregario dos que todos falan marabillas”. Coincide
Suso Blanco e engade a José Ángel Vidal,
un escudeiro de luxo pese a “non ter grandes condicións”. E lembrou un día que
botou una bronca como excepción nun
tipo tranquilo. Un currante que
estivo a piques de gañar unha etapa no Tour.
Entre os reis da picaresca Pino fai memoria.“Ás
veces faciamos os cinco ou seis primeiros postos na Volta a Asturias. Pedro Muñoz gañou cando tiñamos pensado
que o fixera Faustino Rupérez”. Para o
Mundial e o futuro ven candidatos como o mozo belga Remco
Evenepoel.
Botan de
menos a camararería. “Cheguei a prohibir o teléfono porque non falaban nin na
cea. Daquela saiamos dos hoteis de noite e falabamos nas campiñas en varios
idiomas”.
“Cando estaba o Xacobeo subiu o número de licencias de ciclistas na
base. Agora nos campeonatos de Galicia en Monforte só xuntaron 40 corredores
na categoría xuvenil”. E nesta Setenta e Catro edición só participaron trinta e
seis españois. Pino sinala unha das
causas da crise na canteira. “É un deporte moi sacrificado. Teñen que privarse
ós 15 anos de non saír de noite”. Para Suso Blanco é o deporte máis duro xunto
co atletismo. Pero sufriron moito co cancro do dopping. “A tentación sempre
está ahí. Seguirán pasando casos”.
“O pinganillo facilita moito. O digo eu que
fun director deportivo. Non ten que ver coa falta de competitividade. O que da
ordes é o director coa sua estratexia. Astana leva pinganillos e da
espectáculo. É máis rápido que ir dando info corredor por corredor”.
Non
abandonaron a bici no faiado. “Sigo
montando en bici tres ou máximo catro días á semana. Nunca máis de 70 km” di o
de cabelo branco.“Agora vexo repechos onde antes non había”engade Suso.
“Non me
pareceu ético, legal sí, o que fixo o Movistar. Porque foi una caída masiva na
cabeza do pelotón do equipo do líder. Perico e Purito pensaban igual. Quizais foi una rencilla porque anos atrás parece que o Rabobank lle fixera algo
similar a Valverde”.
Pino
admira a “increíble lonxevidade” do
campión murciano. Blanco Villar salienta que “estivo no caixón das tres
grandes”. E Terio lembra que “volveu a gañar despois de estar dous anos parado
por algo que non se demostrou”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario