*Homenaxe a Álvaro Cunqueiro no Ciclo "Galicia, ceo das letras" do Gaiás (2-4-2011)
Centenario do nacemento do escritor mindoniense
Un carallán.Dos que
mantén ó auditorio á espreita.Quico Cadaval veu falar de Cunqueiro, un dos“primeiros
intermediarios entre os deuses e os homes”.O de Ribeira xa ten no seu currículo
versións de O ano da cometa,da que
“se dixeron cousas horribles”,e Se o
vello Simbad volvese ás illas.
Cunqueiro reencárnase nos tristísimos anos 50.Crónicas do Sochantre é “como toda a
historia do teatro: vangarda, performance…” Os finados na Bretaña beben cervexa
para divertirse e contan historias de medo e violencia. Incluso representan a Romeo e Xulieta. De
noite volven converterse en esqueletos e a súa carruaxe de cabalos é apedreada
pola xente do pobo.
En tódolos seus
libros fala de Mondoñedo, que pode agocharse baixo o nome segredo de Lucerna. O
unicornio é unha figura esencial na súa obra que podería relacionarse co falo. Lembrouse
de personaxes que non se escriben con letras grandes .Estaba namorado de Micol,
filla de Saúl, un dos persoeiros da historia de Israel.
“Realismo máxico é
unha etiqueta un pouco naif para
Cunqueiro”. Sempre recorre ó surrealismo dos anos 20. Trata o real, ás veces
tras falar da morte ou da fame. A violencia pode causar risadas, sorpresa… A realidade para el é máis importante que o
máxico. Gústalle dar detalles moi
concretos. Unha das súas obsesións é a forza creativa e evocadora dos nomes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario