*Sesión de Os Luns do Ateneo de Santiago (27-11-2017)
Euloxio Ruibal
pertenceu ó Grupo Lupa. Hoxe presenta con pausa a Miguel Anxo Fernández. O do chapeu, creador do detective
Frank Soutelo, foi presidente do Cineclube do Carballiño.
Comezou polo final. Somos un país con
apenas 200 pantallas grandes distribuidas polas capitais e vilas galegas.
“Sería pouco máis dun millón que teñen acceso ó cinema sen desprazarse;
quedaría millón e medio que dependen de iniciativas institucionais como as de Agadic”.
“Non sexamos tan
papanatas para pensar que os americanos non fan tamén cinema de calidade. O que
pasa é que naceron con ese espíritu do espectáculo”.
En Galicia hai
caviar. Dhogs é unha película
impactante, violenta e cun modelo de produción non industrial. Vaca Films está
entre as produtoras máis fortes de España.“Vin un minuto de La sombra de la ley é quedei abraiado. Un
milagre” cun orzamento axustado. Bambú e outra produtora potente;roda Fariña, “que vai un pouco ó tópico pois
o público demanda thrillers”.
“Galicia tivo
relación co cine desde o minuto cero”.Carolina Otero tiña mala sona pero chegou
a ser multimillonaria.A de Valga xa estaba en 1895 no Kinetoscopio de Edison
con Danza Andaluza.Felix Mesguich,do
equipo dos Lumiére,gravouna en San Petersburgo en1898.O xa desaparecido Xosé
Luis Cabo aportoulle inxente documentación para que fixera un libro sobre A
Bela.
En 1897 entra o
Cinematógrafo na Coruña. Sellier Loup filma o enterro do Xeneral Sánchez Bregua
o 20 de xuño. Tardou en recoñecerse que eran imaxes anteriores ás da misa do
Pilar.
José Gil y Gil é o artífice da primeira ficción galega, Miss Ledyia, en 1916. A cinta, de 16
minutos, permanecía gardada na Caixa forte de Museo de Pontevedra e a Filgueira
Valverde costoulle entregala para a súa restauración. As rodaxes foron na Toxa
e Pontevedra. Gil era fotógrafo, “como
cineasta era frouxo”. Facía travelling colocando a cámara nun coche. É icónica
a imaxe de Castelao, caracterizado como pastor proestante, erguendo unha pistola.
Nos anos 20 hai
rodaxes do cine español en Galicia.Bos exemplos son Carmiña,flor de Galicia, cun cartaz sen nomes dos actores, La Virgen de Cristal ou Odio,”que tivo moito predicamento”.
Os da Escola
Documentalista Ourensá acabaron distanciados ideolóxicamente. Antonio Román é
o artífice de Canto de emigración. Romance en imágenes sobre motivos gallegos. José Suárez comezou Mariñeiros en Bueu pero tivo que rematala no exilio de Uruguai. Carlos
Velo fixo o documental Finis Terrae
no 35; Gillo Pontecorvo recoñeceu que La
Batalla de Argel ten moito influxo de Torero. Como o director galego era republicano
logo dirían que era mexicano.
O Franquismo tiña
vocación claramente centralista.O cine non era unha excepción.Todo xiraba ó
redor de Madrid e a Meseta.“Antonio del Amo viña da República e tivo que
agochar a orella e facer cine con Joselito”.Xa tiñamos actores de éxito como
Antonio Casal e Fernando Rey.
No hay comentarios:
Publicar un comentario